Sesión do 18 de decembro de 2017
Nesta 3ª sesión co grupo de 1º e 2º da
ESO, comentamos os temas tratados na segunda metade do libro, aínda que algúns
non tiveron tempo de lelo (tempada de exames?).
Para que ninguén quedase atrás lemos algúns
fragmentos desta parte, os que non pareceron máis interesantes, isto é, o capítulo 10 "Unha estatua
mareada" no que se nos conta como lles foi a representación da obra no
colexio e o capítulo 13 "O gran
partido" na que nos enteramos de como os protagonistas xogaron o partido
de fútbol mixto co seu equipo chamado, adiviñades?, “Mona Lisa”.
Despois de comentar o final do libro e
escoitar as opinións sobre el, a máis común é que lles resultou moi entretido,
pasamos ao seguinte libro que iamos ler: A orquestra terrestre de
Harkaitz Cano, que nos servirá para falar do mundo da música.
Limos en alto o
primeiro capítulo do libro e quedamos en que lerían esta obra para a
próxima reunión, xa despois das vacación de Nadal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario