Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

13 ene 2015

PARTE DE ÚLTIMA E DE PRIMEIRA HORA DE 2015

Os Siareiros da Palabra desexamos, como non, un BO ANINOVO!, que despois dos últimos acontecementos ocorridos en París, queremos reforzar e, cun aceno de repudia de todo tipo de violencia estéril, defender a máis limpa liberdade de expresión e a convivencia pacífica entre os diferentes pobos e culturas.

                   ---------------------------- * ----------------------------




Rematamos o trimestre anterior cunha sesión onde estivemos a traballar na preparación dunha posta en escena fotográfica e audiovisual, referente á violencia de xénero, dende a defensa do Bo Trato. Por desgracia a nosa volta ás aulas viuse acompañada pola mala nova do atentado terrorista contra a sede da revista "Charlie Hebdo" en París, que nos fixo alarmarnos e, sobre todo, ten que facernos reflexionar sobre a sociedade mundializada tan trastocada na que estamos a vivir.  Será este un tema -con múltiples aspectos- que temos que analizar dende as aulas, e comentar para comprender a realidade que nos asalta as máis das veces. 

Pero agora queremos volver a onde estabamos para completar o noso traballo. Pois ao longo de decembro pasado, reunímonos na biblioteca nos recreos para elaborar unha idea que partise do grupo do Club de Lectura, para implicármonos tamén na promoción do Bo Trato, e facer para a ocasión un eslogan co que compoñer unha imaxe fotográfica comprometida. Pensando, pensando acabaron por saír das cabezas de Águeda e de  Alba   uns versos que tentamos entre varias compañeiras e compañeiros, que se complementaran e ensartaran, e que resultou axeitado para recitar entre todas/os cunha efectiva posta en escena ante a cámara de vídeo. A sesión do último luns do trimestre pasado a mediodía, ocupámola co ensaio e a participación de todxs recitando algún dos versos que agora, desta volta, seremos xa quen de gravar; para o que quedaremos o luns 19 deste mes, a ver se nos sae como pretendemos: 

enate co BO TRATO!!