Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.
Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas

4 may 2016

SESIÓN CON DON QUIJOTE

Esta semana foi a que adicamos no IES Pedras Rubias a realizar unha serie de actividades ao redor de "Don Quijote".


Comezamos o luns ben forte: 

-Conversamos sobre este personaxe e o mundo que o rodea, entre os Siareiros da Palabra na sesión do Club de Lectura a mediodía, lendo o principio da obra de Cervantes, para despois comparala coa Banda Deseñada titulada "Don Quijotedebuxada por Flix, autor alemán de cómics que decidiu adaptar libremente o gran clásico e transportalo á chaira alemana na época actual, encarnados, Quijote e Sancho, nun "abuelete" con demencia senil ou alzheimer que protesta e se manifesta polo que considera inxusto a través de cartas que manda á prensa local, "desfacendo entuertos" xunto ao seu neto que, vestido de Batman, fantasea influído polos superheroes do cómic, nunha relación de tenrura e de denuncia da soidade e de problemáticas actuais. Tamén aproveitamos para escoitar de fondo á Banda de música Cultural de Salceda de Caselas interpretando "O Quixote", fantasía sinfónica para narrador e banda de Ferrer Ferrán.



-Preparamos o bosquexo das figuras de "Quijote e Sancho" sobre un cartón a tamaño natural, para despois baleirar un óvalo nas súas faces e poder así meternos na súa pel recitando variadas pasaxes do texto de Cervantes, ademais, claro está, de querer todxs facernos a típica foto coa nosa cara metida nas súas figuras. Grazas unha vez máis ao profe Nacho, que é un artista e aos seus colaboradores.



Deunos tempo nesta reunión a falar tamén doutros temas que foron saíndo nunha conversa moi interesante, onde houbo alumnas que propuxeron crear outros Clubs relacionados con actividades como danza, deportes, temas de actualidade... Teremos en conta a idea, por suposto. Aí queda!!

8 jun 2014

UNHA TARDE FALANDO DE PELIS DE VAQUEIROS...


O luns 2 de xuño tamén tivemos invitado á sesión do noso Club a Xabier Romero, que foi o noso compañeiro de Historia durante 3 cursos, e que se brindou encantado a "facer dobrete"; porque despois de empezar a falar de "O Western: Documento dunha época ou lenda?" na concorrida sesión do Tamén Len no recreo, seguíu a súa interesante exposición sobre o tema, a mediodía connosco e con todas as persoas invitadas que quixer.



Poidemos disfrutar coas imaxes e cos fragmentos tan significativos que montou para a ocasión, facendo evidente que as pelis do Oeste americano foron un magnífico entretemento nunha época, pero tamén un documento cinematográfico excepcional, que creou unha mitoloxía contemporánea que nos influíu a todos. Non hai maís que ver as nosas vestimentas usuais, debedoras dese mundo tan particular de pioneiros, conquistadores, indios sometidos e vencidos, foraxidos...