Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

26 feb 2013

Presentación de MARCOS CALVEIRO na súa visita ao Club de Lectura “Siareiros da palabra”. Mércores 27 Febreiro 2013


O clan dos Wakati, da tribo dos Kimba, do país Lomba, aos pés das montañas de Katanou, lonxe do mar, na terra enxoita, ventada,  reseca como mosaico de ermas teselas,  na quente e poeirenta sabana, a do horizonte infindo e ermo, no corazón de África. 
Nós, dende aquí -o país da auga-, recreamos hoxe este encontro onde teñen cabida homes, mulleres e nenos, ao redor do noso invitado e autor de “Palabras de auga”, Marcos Calveiro; a quen xa coñecimos como narrador das andainas daquel protagonista adolescente co pintor Van Gogh, en “O pintor do sombreiro de malvas”, que seguimos compracidos o curso pasado neste Club de Lectura.

Achegámonos, compartimos e botamos unha ollada a esa tan lonxana como próxima África para coñecela e pois entendela. Trazamos un círculo e fincamos unha lanza…


FICHA DE LECTURAPALABRAS DE AUGA
                                            MARCOS CALVEIRO

TÍTULO: Palabras de auga                                                         AUTOR: Marcos Calveiro
ILUSTRACIÓNS: Ramón Trigo
LUGAR DE PUBLICACIÓN: Vigo
EDITORIAL: Edicións Xerais de Galicia
COLECCIÓN: Merlín
ANO DE PUBLICACIÓN: 2012
PREMIOS: XXVII Premio Merlín 2012 de literatura infantil



SOBRE O AUTOR:

Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968) é avogado e escritor. Deuse a coñecer como narrador coas novelas  xuvenís Sari, soñador de mares (2006) e Rinocerontes e quimeras (2007). Recibiu numerosos premios de literatura infantil e xuvenil como o Premio Ala Delta 2007 e o Premio White Ravens 2008 por O carteiro de Bagdad; o Premio Lazarillo e o Premio Fervenzas Literarias por O pintor do sombreiro de malvas (Xerais,10); o Raíña Lupa por Centauros do norte (2011) e o Premio Merlín por Palabras de auga (Xerais,12).

                                                                SOBRE O ILUSTRADOR:
Ramón Trigo (Vigo, 1965) tivo unha formación artística autodidacta. Aos 18 anos publica os seus primeiros traballos como ilustrador e autor de banda deseñada en periódicos e publicacións galegas. En 1986 realiza as súas primeiras ilustracións para libros. Dende entón alterna a súa actividade como ilustrador e autor de banda deseñada coa pintura e a escultura. Entre outros premios acadou o Premio Internacional de Álbum Ilustrado Ciudad de Alicante 2005 polo libro Casa vacía. Ilustrou libros como Santos e defuntos (2002), de Gonzalo Navaza, O pintor do sombreiro de malvas (2011) e Palabras de auga (2012), de Marcos Calveiro.




ARGUMENTO:

 O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor. (Reseña do editor).

COMENTARIO:

 Un libro que nos transporta á África máis profunda, a esoutra realidade á que tan doadamente lle damos as costas, a un lugar calquera de esa inmensidade continental onde o sufrimento é continuo e a busca de alimentos a única opción de supervivencia. E, de fondo, a dor máis profunda, o sufrimento de perder un ser querido sen ser a morte quen cause este sentimento; porque hai moitos xeitos de morrer, ou moitas maneiras de marchar. E nese fondo, dicimos, está a guerra, a explotación, ese lado do ser humano que nos achega aos animais para esquecérmonos de sentimentos e corazón. E xunto a este maremagnum de argumentos, temos un protagonista, Amadou, que debe medrar aprendendo que o sufrimento da nai é imprescindíbel para protexelo, que o proteccionismo afastado do pai é un xeito de educación, e que a valentía forma parte intrínseca do ser humano e revélase cando menos un a agarda. Noutro plano, asemade, as mulleres como pedra angular da tribo, como mestras caladas e sufridas, como sustento de futuro.
E aínda que estamos ante un libro "infantil", ollo!, será necesaria unha lectura profunda e atenta antes os continuos flashbacks que van artellando a historia. Unha historia necesaria, sen idade. (Trafegandoronseis. blogspot.com)


ENTREVISTAS:
 
25-10-12
Mar Mato – FARO DEVIGO
El último libro de Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968), Palabras de auga -Premio Merlín 2012- habla de la lucha por la vida en África, de la importancia del tótem y de los niños soldados. Un niño más su padre recorren la sabana con el resto de la familia y el clan en busca de agua. Van a la procura de la vida, sin saber que se dirigen a una mentira, a un gran secreto que, aunque doloroso, curará. Podría tratarse de una mentira piadosa, pero el autor solicita borrar cualquier conexión con esa expresión. "Eu fago defensa da mentira. Non ten porqué ser mala porque mostra unha capacidade de imaxinación e de risco. Hai delitos peores. Hai un gran segredo entre os protagonistas que se agocha e non se conta".
Calveiro resalta que el niño Amadou, el protagonista, vive en un mundo muy dramático, "que lles pode servir de referenza ós nenos de aquí que se atopan nun mundo privilexiado, en xeral. Eu falo dunha realidade diferente, onde a escala de valores tamén é diferente".
Aunque dirigido a un público infantil y juvenil, la obra no supone un cuento fácil ni de hadas. A lo largo de sus 147 páginas -en las que se incluyen ilustraciones realizadas y pensadas para la historia a cargo de Ramón Trigo- retrata las penurias que caen en la tribu de Amadou como la falta de agua, alimento y de una tierra donde asentarse de forma permanente, así como la desaparición de un hermano.
"Non me gusta a literatura que recrea un mundo feliz que non ten nada que ver co real", señalaba ayer el autor, quien reconocía la existencia de algunas escenas dramáticas y tensas. El deseo del escritor ahora es llevar la presentación de su libro a los centros escolares. No olvidó destacar la labor del ilustrador Ramón Trigo: "Fixo unhas ilustracións espectaculares, con moita forza e moi simbólicas".
ANA Baena. aTLÁNTICO DIARIO. VIGO - 27-10-2012
Como a meirande parte da súa producción, “Palabras de auga” aborda un tema duro, pese a estar dirixida aos máis pequenos. “Non se pode enganar os nenos e menos coa que está a caer en España; teñen que coñecer situacións dramáticas; os meus fillos ven tódolos días o telexornal; aínda que si recoñezo que eu tamén os teño superprotexidos”.

A inspiración da súa historia foi precisamente unha nova aparecida nun xornal: No Arxel as mulleres procuraban nos formigueiros os grans que recollen as formigas co que facer pan para os fillos: “Pareceume unha imaxe brutal da condición humana e pensei que esa realidade ben merecía unha novela”. Pese o seu compromiso social, Calveiro rexeita calquera finalidade de concienciación: “Eu fago literatura, non libros de formación para a cidadanía; aí acaba o meu traballo, outra cousa é que un orientador prepare unha unidade didáctica co libro”.

Unha historia sangrante sobre a loita pola supervivencia no continente africano, pero que remata cun final aberto: “É un raio de esperanza, aínda que en calquera momento poden volver onde estaban”, apunta o autor.


MÚSICA:

-CHICO CÉSAR: “Mama África. Cantante brasileiro de orixe africana. *
-MIRIAM MAKEBA: “África”. Cantante sudafricana.
-CESÁRIA ÉVORA: “Petit pays”. Cantante de Cabo Verde.
-YOUSSOU N’DOUR: “7 seconds” (con Neneh Cherry). Cantante senegalés.
-ISMAËL LÔ: “Jammu África”. Cantante senegalés. *
-SALIF KEITA: “África.” Cantante de Malí.
-SOUAD MASSI: “Raoui” (O contacontos). Cantante alxeriana.
Cantante  de reggae de Costa de Marfil. Denuncia moitas das inxustizas sociais como a discriminación e a pobreza. Tamén fala das falsas promesas que fan os políticos.

CUESTIÓNS:
                                                                             
1-Tema (2 liñas)
2-Argumento (10-15 liñas)
3-Caracterización dos personaxes principais: Amadou, Suki, Numba, Jala, Ngugi. Mkebe o xefe da tribo como é? En que se basea para chegar ás súas conclusións? TeN razón e di a verdade sempre?
4-Cres que o entorno é protagonista? Como é a paisaxe? Que relación teñen os  personaxes co seu medio?
5-Que é a gran formiga negra sungusungu?
Como explicas a actitude de Numba?
6-En cantos días transcorre a acción? Todo o que narra o autor acontece en  presente?
7-Que tarefas fan os homes, as mulleres, os nenos? Que papel ten cada un deles neste grupo humano? Ten similitude coa nosa sociedade?
8-Explica e reflexiona sobre as pasaxes onde  se relate a dificultade para alimentarse.
9-Que é o que máis te sorprendeu desta historia? Que aprendiches?
10-Como valoras as súas crenzas? Son moi diferentes ás nosas?
11-Que significado ten o título?
12-Conclusión e valoración persoal.

CITAS:

Mkebe resolveu que as palabras tiña que combatelas coas mesmas armas, con palabras”.

As mulleres non teñen voz nas decisións, están mudas. E pese a iso e ao que todos pensan, son as mulleres os verdadeiros alicerces do clan”.

Un home xamais debe vagar lonxe de onde agroma o seu millo”.