Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

29 jul 2016

COUSAS DA VIDA, de CASTELAO.

Foi o luns 13 de xuño que fixemos a sesión de fin de curso do noso Club de Lectura. Pensabamos subir ao Espicho do Faro, o monte perto do insti, e facer alí unha sesión no punto de lectura habilitado nesa paraxe especial, pero un tempo inestable fixo que decidiramos quedar na biblio onde dimos a coñecer, a grandes rasgos, a época do Grupo Nós. 


A intención foi poñer en contexto a obra de Castelao, e decidimos falar dos debuxos tan atractivos e significativos de COUSAS DA VIDA: animais, nenos, mulleres, homes, vellos e caciques, que explican con ironía a realidade do pobo galego daquela, e incluso de agora en algúns aspectos.







Expresar que, ao final da sesión, fixemos os honores ao magnífico debuxo sobre cartón de "DON QUIJOTE E SANCHO" que o profe de Plástica, Nacho, plasmou a petición nosa e a quen lle agradecemos sempre a súa colaboración e boa arte.