Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

15 jun 2018

Curso 2017-2018

                Opiniones dos participantes no Club de Lectura de 1º e 2º

O libro que máis me gustou foi Charlotte tiene la palabra  porque era o máis interesante e levadeiro da triloxía. E o que máis me gustou da excursión foi o Museo porque tiña moita cantidade de obras artísticas.        Noelia 1ºC 

Os libros que máis me gustou ler foron August y yo porque son modernos. Da excursión gustoume ao principio ata que chegamos ao museo que aburriume máis que nada.     Raquel 1º B

Os libro que máis me gustaron foi A historia de Julian de August y yo porque me vin diferentes puntos de vista e me pareceu interesante. O que máis me gustou da excursión foi ir todos xuntos, pasear pola cidade e ir ao museo.     Laura 1º C 

O libro que máis me gustou foi o de August y yo porque a historia conmove moito porque son casos que ocurren ás veces en calquera lugar. O que máis me gustou da excursión foi a visita pola rúa e tamén gustoume o mirador que había na igrexa.       Rita 1º B

O libro que máis me gustou foi o de August y yo porque mira as distintas opinións que ten a xente. A excursión non foi a que máis me gustou pero estivo ben, sobre todo o Museo.    Uxía 1º C 

O meu libro favorito foi A orquestra terrestre porque foi moi divertido e gracioso, fíxome rir moito, ao principio aburría pero despois fíxose interesante. O mellor da excursión foi ir á igrexa porque tiña boas vistas e ver ao Youtuber Gollez. Foi divertida.     Eva 2ºA 

O libro que me gustou máis foi O enigma de Mona Lisa porque ten moitos enigmas e incógnitas e porque atoparon a forma de poñerse de acordo e resolver o problema. A excursión a ^Pontevedra foi moi divertida, encantoume ir á igrexa e subir ao mirador. No paseo por alí aprendimos moitas cousas gracias aos profes. Estar cos teus amigos e pasalo ben no descanso e no Museo porque aprendimos de Artes. Sabela 1º D 

O meu libro favorito foi o de August y yo porque é moi interesante e divertido, das historias a que menos me gustou foi El juego de Christopher porque foi aburrida. A excursión gustoume moito porque aprendimos bastantes cosas. Visitamos un Museo e unha igrexa.       Denís 2ºB

O meu libro favorito foi A orquestra terrestre. O club está xenial. O que máis me gustou da excursión foi o Museo de Pontevedra. Para o ano volvereime a anotar.           Raúl 2ºA 

O meu libro favorito foi A orquestra terrestre porque é divertido e entretido.      Carlos 1ºD 

O meu libro favorito foi August y yo  porque foi o máis divertido e o máis interesante. Aínda que dos tres libros El juego de Christopher foi o máis aburrido. A excursión gustoume moito porque foi moi divertida, o que máis me gustou foi a subida arriba da igrexa.  Lucía 2ºA 

O libro que máis me gustou foi o de August y yo porque representa unha historia entretida de diferentes puntos de vista. A excursión gustoume moito pero o que máis for a visita pola cidade e cando paramos a merendar na praza das pombas.   Gabriela 1ºB 

O libro que máis me gustou foi o de August y yo porque mira as distintas opinións que ten a xente. O que máis me gustou da excursión foi o Museo e o paseo pola cidade.  Yolanda 1ºA 

O libro que máis me gustou foi O enigma de Mona Lisa  porque tiña moitas incógnitas e foron capaces de poñerse de acordo. O que máis me gustou da excursión foi estar todos xuntos e o paseo pola cidade, e que ao saír do Museo puidesemos atoparnos con Gollez. Aínda que me puxen moi contenta porque puidemos subir á torre da igrexa.   Yara 1ºC 

O meu libro favorito foi August y yo porque conta a historia de August e os seus compañeiros. O mellor da excursión que estivemos xuntos os de 1º e 2º cos de 3º e 4º.  Daniel 2ºA 

O que máis me gustou foi August y yo. O que máis me cncantou da excursión foi pasalo ben cos amigos, andar polo casco vello de Pontevedra, o miradoiro da igrexa e o Museo. Hugo 1ºA 

O meu libro favorito ten sido August y yo porque tiña moita variedade xa que contaba a histoira de 3 rapaces, todos eles relacionados co noso protagonista August. Foi divertido e interesante. A excursión foi moi divertida, visitamos e coñecimos moitos lugares diferentes. Tamén coñecimos e nos sacamos fotos con Gollez.  Sara 2ºB 

Sendo sinceira... Non me lin todos os libros, creo que o único que lin enteiro foi A orquestra terrestre. Cando deron a ler August y yo tiña moitas ganas pero ao final non mo lin por alguna razón que non era explicable. Oxalá tivese lido toda a colección de August porque cando les sentes a vida dos personaxes, fixo que o meu libro favorito sería o de Julian, ao fin e ao cabo todos temos sentimentos. O que máis me gustou da excursión foi perder clase (seguro que non son a única) pero tamén estiveron ben outras cousas.
Quero dar un consello: LE, porque lendo, ademáis de aprender cosas de estudos, podes saber como se sinten os demáis e, se decides deixar o teu orgullo, maduras máis rápido.  Noa 2ºB 

5 jun 2018

Curso 2017-2018


                                   Sesión do 28 de maio de 2018 

O día 28 de maio tivemos a última sesión do Club de lectura de 1º e 2º da ESO. Tocaba traer lido o libro A historia de Julian. Falamos dos matóns e a posibilidade que este libro ofrece de ver o outro lado da historia, xa que case sempre se nos presenta a historia do/a acosado/a, e non do/a maltratador/a.Despois comparamos e comentamos as tres historias e dicimos cal nos gustou máis. Empate entre Julian e Charlotte, e a que menos gustou foi a de Christopher.



A continuación pasamos a facer presentación da vida e obra de Mª Victoria Moreno, explicándolles e comentando as obras desta autora que temos na nosa BE, recomendando a lectura dalgunha das súas obras e destacando a súa importancia como pioneira na escritura en galego de historias para rapaces e adolescentes. 








Para rematar fixemos distintas recomendacións de lecturas para o verán e nos dedicamos a investigar polos estantes da BE na procura de libros que interesen de cara ás vacacións de verán.  

¡Vémonos no próximo curso!  ¡Ata pronto!

Curso 2017-2018


SESIÓN DO LUNS 14 DE MAIO DE 2018

Finalizamos con VAN GOGH, nunha estraña sesión de escasa asistencia e pouca lectura. A sobrecarga e a competencia entre actividades minguou a afluencia. O libro proposto era O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS, do escritor Marcos Calveiro.



Tras uns breves comentarios de (re)presentación do libro, dalgúns detalles da vida do pintor e das circunstancias da súa morte (o que se intúe no libro e a teoría recente dos escritores Steven Naifeh e Gregory White Smith en VAN GOGH: LA VIDA. Ver: https://elpais.com/diario/2011/10/18/cultura/1318888804_850215.html ), puxémonos coa película de Robert Altman VAN GOGH, LA PELÍCULA:





Curso 2017-2018


                             Excursión do día 3 de maio de 2018 

O día 3 de maio os membros dos dous Clubs de lectura fixemos unha excursión á cidade de Pontevedra, xa que Mª Victoria Moreno, figura a que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, pasou a maior parte da súa vida nesta cidade. 



 Comezamos a excursión cun paseo polo casco vello da cidade, cunha parada na Igrexa de Santa María onde puidemos subir ao campanario e ter unha vista de paxaro da cidade. 







Continuamos o paseo pola zona vella vendo as estatuas de Valle Inclán e a o grupo escultórico do artista César Lombera da Plaza San José, que recrea una tertulia de intelectuais galegos do século XX. Esta obra de arte rememora as tradicionais tertulias políticas, literarias e culturais que ao longo do século XX se realizaban no Café Moderno. As esculturas, realizadas en bronce a tamaño natural, mostran ao músico Manuel Quiroga que interpreta una pieza co seu violín, de pé e ante un grupo composto por Carlos Casares, tamén de pé, e sentados están Castelao, Ramón Cabanillas, Valentín Paz Andrade e Alexandre Bóveda. O grupo escultórico inclúe dúas cadeiras valeiras, que poden utilizarse como un elemento integrador co público a modo de invitación a sentarse. 








A seguinte parada foi no Museo de Pontevedra, onde puidemos admirar pinturas, esculturas, debuxos, gravados, obxectos arqueolóxicos, moedas, instrumentos musicais, útiles da vida cotiá, mobles, xoias, etc. Obxectos que permiten coñecer, a través do seu estudo, a evolución da sociedade galega desde os seus inicios máis remotos ata a actualidade. 







Finalmente, cando salíamos do Museo para volver ao autobús, atopamos ao Youtuber Gollegz, que se fixo unhas fotos cos seus fans. 

 Foi unha excursión moi ben aproveitada.¡Mágoa que rematase! . Esperamos a do próximo curso.