Chegou ás nosas mans tarde esta imaxe, por iso a colgamos agora, pero nunca é tarde cando a ocasión o merece, así que quede este documento reflectindo ese momento de subir a recoller o premio que nos deron un curso xa pasado de 2014.
Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao
A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.
Mostrando entradas con la etiqueta animación á lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animación á lectura. Mostrar todas las entradas
29 jul 2016
COUSAS DA VIDA, de CASTELAO.
Foi o luns 13 de xuño que fixemos a sesión de fin de curso do noso Club de Lectura. Pensabamos subir ao Espicho do Faro, o monte perto do insti, e facer alí unha sesión no punto de lectura habilitado nesa paraxe especial, pero un tempo inestable fixo que decidiramos quedar na biblio onde dimos a coñecer, a grandes rasgos, a época do Grupo Nós.
A intención foi poñer en contexto a obra de Castelao, e decidimos falar dos debuxos tan atractivos e significativos de COUSAS DA VIDA: animais, nenos, mulleres, homes, vellos e caciques, que explican con ironía a realidade do pobo galego daquela, e incluso de agora en algúns aspectos.
Expresar que, ao final da sesión, fixemos os honores ao magnífico debuxo sobre cartón de "DON QUIJOTE E SANCHO" que o profe de Plástica, Nacho, plasmou a petición nosa e a quen lle agradecemos sempre a súa colaboración e boa arte.
7 jun 2016
RECITAMOS POEMAS DE MANUEL MARÍA.
Deixamos enlace ao post de biblosvivos onde consta a crónica deste acto conmemorativo do Día da Letra Galegas adicado ao poeta da Terra Cha (Lugo), Manuel María.
http://biblosvivos.blogspot.com.es/2016/06/recitamos-poemas-de-manuel-maria.html
http://biblosvivos.blogspot.com.es/2016/06/recitamos-poemas-de-manuel-maria.html
GRAZAS A TOD@S POLAS VOSAS VOCES
E POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
4 jun 2016
O CLUB EN MAIO
Os luns 23 e 31 de Maio reunímonos *s Siareir*s da Palabra para preparar o Recital de Poemas de Manuel María, sendo o noso xeito de celebrar o Día das Letras Galegas deste ano.
Quen máis e quen menos desexaba ler, e as persoas máis tímidas acabaron enleándose para collerlle o gusto a ler en público e perderlle o medo aos poucos. A verdade é que nos ensaios demostrouse que o nivel de lectura que teñen está moi, pero que moi ben.
Sempre é moi ben acollida polo Club a POESÍA e é un gusto escoitalos ler.
Partimos dunha selección previa dos poemas que nos pareceron máis acaídos, montamos unha presentación coas letras e as adornamos con imaxes; repartimos os versos que ía ler cadaquén e vimos o mellor xeito de facelo, a unha ou varias voces, coidando que participara todo o mundo con ánimo, seguindo as pautas básicas para conseguir unha lectura moi lucida. E podemos dicir que o resultado foi moi bo, porque ao público gustoulle e disfrutou co recitado e a variedade de poemas, segundo a opinión xeral.
Só nos queda dar as grazas ao público asistente, de parte dos Siareiros da Palabra.
4 may 2016
SESIÓN CON DON QUIJOTE
Esta semana foi a que adicamos no IES Pedras Rubias a realizar unha serie de actividades ao redor de "Don Quijote".
-Conversamos sobre este personaxe e o mundo que o rodea, entre os Siareiros da Palabra na sesión do Club de Lectura a mediodía, lendo o principio da obra de Cervantes, para despois comparala coa Banda Deseñada titulada "Don Quijote" debuxada por Flix, autor alemán de cómics que decidiu adaptar libremente o gran clásico e transportalo á chaira alemana na época actual, encarnados, Quijote e Sancho, nun "abuelete" con demencia senil ou alzheimer que protesta e se manifesta polo que considera inxusto a través de cartas que manda á prensa local, "desfacendo entuertos" xunto ao seu neto que, vestido de Batman, fantasea influído polos superheroes do cómic, nunha relación de tenrura e de denuncia da soidade e de problemáticas actuais. Tamén aproveitamos para escoitar de fondo á Banda de música Cultural de Salceda de Caselas interpretando "O Quixote", fantasía sinfónica para narrador e banda de Ferrer Ferrán.
Comezamos o luns ben forte:
-Preparamos o bosquexo das figuras de "Quijote e Sancho" sobre un cartón a tamaño natural, para despois baleirar un óvalo nas súas faces e poder así meternos na súa pel recitando variadas pasaxes do texto de Cervantes, ademais, claro está, de querer todxs facernos a típica foto coa nosa cara metida nas súas figuras. Grazas unha vez máis ao profe Nacho, que é un artista e aos seus colaboradores.
Deunos tempo nesta reunión a falar tamén doutros temas que foron saíndo nunha conversa moi interesante, onde houbo alumnas que propuxeron crear outros Clubs relacionados con actividades como danza, deportes, temas de actualidade... Teremos en conta a idea, por suposto. Aí queda!!
21 abr 2016
LENDO A JOHN GREEN
Nesta sesión decidimos comentar a lectura que cada quen tiña feito dos libros de John Green, pois, como están "de moda", crin que lles encantarían, pero, sorpresa!!, non foi así.
Para empezar, non todxs leran a este autor, e entre as persoas que o leron, houbo diversidade de opinións e variedade de gustos e disgustos ao respecto. Estamos ante un público esixente, polo que puidemos comprobar, valorando tamén as versións cinematográficas que algúns coñecían xa.
Deixamos enlaces aos libros Baixo a mesma estrela e Cidades de papel por se alguén quere lelos online.
Por certo, na columna lateral esquerda deste blog, tedes fichas de lecturas de varios libros cos datos básicos e con citas destacadas, se queredes entrades en fichas técnicas de lecturas ou de filmes tamén.
17 mar 2016
SESIÓN ANIMADA E FESTIVA PARA FINAL DE TRIMESTRE
O luns día 7 deste mes fixemos a sesión de final de trimestre no Club de Lectura, e dun xeito distendido limos certos pasaxes do libro que tiñamos entre mans por concluír: "Rebelión na granxa," e comentamos o seu significado, visionando ademais algunhas pasaxes do filme de animación baseado nesta obra de Orwell.
Unha cousa levou a outra e acabamos falando das aparencias, de transformacións, de música e de baile. De aí a presenza do video de Michael Jackson "Thriller", que revisamos e que serviu para pechar a xuntanza en plan moi festivo, imitando os magníficos pases de baile do artista para descargar as tensións acumuladas polos exames.
Para mostra, estes divertidos fragmentos:
23 feb 2016
CALI-GRAMAS // BO AMOR - NO CLUB DE LECTURA
Desta volta, reunímonos para aprender a facer CALI-GRAMAS, que tiñamos que relacionar co tema do BO AMOR, pero entendido e practicado como benquerencia, respecto, dignidade, liberdade, e todos os conceptos que se nos ocorran en positivo, para non caer no abrazo do desamor, do control, da submisión...
Hai quer dicir que contamos con alumnas que xa traballaran este tipo de creación poética nun "Obradoiro de excelencia" o ano anterior no CEP ALTAMIRA.
Pareceunos interesante e divertido e esperamos ver as diversas aportacións na exposición que estará no corredor ao longo deste mes de febreiro. Todxs podemos participar. Ánimo!
31 ene 2016
A REVOLTA DOS ANIMAIS
O pasado luns 25 de xaneiro quedamos a mediodía cun clásico da literatura entre as mans: A revolta dos animais, Rebelión na granxa ou A granxa dos animais (ANIMAL FARM) de escritor británico George Orwell.
Fixemos unha presentación do autor e da súa obra e comezamos a lectura do primeiro capítulo en alto. Como tiñamos dúas traducións diferentes desta obra ao galego, foi interesante atender aos comentarios que a/os lectora/es ían facendo sobre as diferenzas que atopaban. Expresamos os variados títulos anteditos, para referirse á mesma obra traducida a outras linguas.
Para animar esta lectura, relacionamos tamén as versións cinematográficas que se fixeron desta fábula onde os personaxes son animais que representan a humanos no xogo simbólico que o autor quixo establecer cunha historia que fala de rebelión dos sometidos contra os seus amos, pero relata despois como as ansias de poder, os enfrontamentos, a corrupción, as mentiras, volven a levar ao sometemento e á falta de liberdade, fracasando así a revolución, (en alusión á época estalinista na URSS). A finalidade do autor é mostrar os perigos dos totalitarismos e defender as diferenzas. "A liberdade -dicía Orwell- significa o dereito a dicirlle á xente o que non quere oír". No enlace de arriba tedes máis información sobre esta obra e sobre o pensamento e vida deste autor tan significativo e influínte.
Van os enlaces a dúas versións fílmicas da novela, de 1954 en animación, e de 1999 con animais reais, por si queredes velas enteiras:
21 nov 2015
SESIÓN SOBRE VIOLENCIA MACHISTA NO CLUB.
O luns 16 fixemos unha sesión especial coa idea de falar sobre as violencias machistas, para que as persoas presentes poideramos intercambiar pareceres, ademais de coller ideas para elaborar un Cartel en contra que presentar a concurso no centro. Partimos dos diferentes diarios de Carlota escritos pola escritora Gemma Lienas, sobre todo "O diario violeta de Carlota" e "O diario azul de Carlota", para dalos a coñecer e ler varios fragmentos seleccionados que nos permitiran guiar o debate.
Unha cousa levou a outra e o interese que espertaron estes libros foi importante, porque varias siareiras quixeron levar exemplares para ler, ademais de interesarse tamén polo "Diario vermello de Carlota" e o "Diario vermello de Flánagan".


Retomaremos o tema na seguinte xuntanza, para conversar ao redor das relacións dxs xóvenes e analizar os diferentes comportamentos e poñernos as "gafas violetas" todos os días para aprender a detectar e rexeitar condutas discriminatorias ou violentas no xeito de relacionarse. Lembrade que no noso blog biblosvivos hai entradas con diversos documentos relacionados en contra da violencia de xénero ou machista e tamén están colgadas as bases do Concurso de Carteis.
E por certo, compraremos o "Diario laranxa de Carlota", que non temos na BE e que fala dunha temática de total actualidade como é a da inmigración e os dereitos humanos.
27 oct 2015
PROGRAMA DO CLUB DE LECTURA. 2015-2016
Comezamos xa un novo curso e queremos presentarvos o programa que deseñamos para o Club dos Siareiros da Palabra.
Presentámonos o luns 19 de Outubro, e este luns 26 volvimos a reunírmonos para preparar o Recital de Poesía Adolescente que temos entre mans e que significará a presentación do novo Club de Lectura, con novos membros de 1º ESO moi animados a ler e a participar nas actividades. Estamos entusiasmadxs porque a nosa invitación as alumnas/os poetas do IES Ribeira do Louro é posible e van estar connosco no recital do día 4 de novembro, para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, promocionar a lectura en galego...
ACTIVIDADES PREVISTAS:
- Programa de Lecturas mensuais:
-OUTUBRO -Presentación e posta en común das lecturas feitas no verán, para compartilas, falar dos gustos
de cadaquen, das normas do Club, da preparación dun recital de Poesía: Con textura de fume no día da BE.
Lectura en alto de poemas seleccionados do Premio Escolar de Poesía Rosalía de
Castro. Invitar ao recital a varias alumnas
premiadas, do IES Ribeira do Louro de O Porriño.
-NOVEMBRO -Comentario de Fahrenheit 451
de Ray Bradbury. Libro, BD e filme.
Facer fotografía de persoas-libro
no bosque, inspirada nesta lectura. Invitada profe física Ana Sío.
-DECEMBRO -Filme: Traballar a linguaxe cinematográfica elixindo algún filme: p.e. El maquinista de la General de
Buster Keaton. // Up...
-XANEIRO –Novela: A revolta dos animais de George Orwell. // Ademais dunha
lectura proposta polos Siareiros da Palabra,
entre as súas favoritas. Invitar profes Hª.
-FEBREIRO –Novela: Ciudades
de papel. John Green. // La lección de August. Invitada a Orientadora et alt.
Contacontos: Elección, grupos,
ensaios: Adaptación de: Viva el mal! Viva el capital!. Santiago Alba Rico.
// Ou un relato de ciencia-ficción.//Ou de Galeano. “Imaxinar un mundo mellor...”
-MARZO -Contacontos:
representación co CRA Raíña Aragonta. Invitados
CRA.
-ABRIL -BD: Superheroes...
Ciencia-Ficción. Invitado Nacho, profe Plástica.
-MAIO -Tempo de Poesía: Recital:“Poesia e paisaxe
con Manuel María”. Invitar as/os profes de
galego. (Aprender a recitar para conmemorar as Letras Galegas).
-XUÑO
-Saída a Cabo Home e costa do Morrazo: Comida Literaria, rota
pola contorna e textos de poesía
relacionada coa paisaxe… Ou ao Faro de Budiño… Invitar profes Edu. Física.
- Outras actividades:
-Tamén Len: Invitación mensual dun lector/a da contorna ou
antigo alumno/a para ler un fragmento ou relato e facer debate posterior, no
recreo na Biblioteca, aberta a todos. En colaboración co Dpt. de Lingua Castelá
- Recitais de poesía.
- Presentación de Libros:
participación dalgún editor, autor, artista, etc.
-Concurso fotográfico para fomento da lectura: Ler un relato
ou poema de entre varios aconsellados ou preferidos e realizar
unha imaxe fotográfica alusiva acompañada dun título suxestivo. Relacionado co
eslogan da BE deste ano: “Imaxina
que...”.
-Elaborar unha fotografía
inspirada no mundo da lectura que nos serva de imaxe soporte da nosa andaina
lectora e que sexa significativa.
-Concurso de Cali-gramas: relacionado co día dos Namorados ou
da Muller.
-Contacontos:, de creación propia ou adaptada, representalo
en colaboración co CRAC Raíña Aragonta (a nenos/as de 3-5 anos).
-O K LIN: nun recreo ao trimestre, na BE, un alumno/a
interesado fala sobre unha lectura do
seu gusto e compartimos comentarios cos asistentes.
-Contacto de posible colaboración
co Club de Lectura da Biblioteca
Municipal.
- Posibles saídas:
- Excursión
literaria de 1 día a Cabo Home, mar, paisaxe, paisanaxe, para ler poesía e facer algunha rota e unha comida literaria. Outras opcións: Rota de sendeirismo
no
Faro de Budiño “Rincón de Lectura” na
zona, nunha xornada literaria. Quedar unha noite de “Viaxe ás estrelas”
guiados por alguén experto na contemplación da bóveda celeste.
21 jun 2015
SESIÓN DE XUÑO COMENTANDO A DERRADEIRA LECTURA DO CURSO.
O pasado luns 7 de xuño, caloroso día, reunímonos para compartir impresións e expresións sobre a lectura do libro de Édouard Louis, que temos entre mans e na cabeza, ademais de valorar o Contacontos deste ano en colaboración co CRA da Revolta.
Con este acto rematamos este curso no que tivemos experiencias interesantes e divertidas. Á volta teremos o compromiso de buscar entre todxs a fórmula para mellorar un Club de Siareiros da Palabra que leva xa feita unha boa andaina, pero que é esixente e cada ano tenta probar cousas novas, de actualidade, relacionadas coa realidade que vivimos, tirando de diferentes formas de comunicar a palabra; sexan recitais, escenificacións, debates, relacionar palabra e imaxe, audiovisuais,etc.
Compre sempre agradecer a participación de todo o alumnado inquieto que asiste ás reunións, dá ideas e colabora dun xeito aberto e creativo sempre que xurde unha oportunidade.
Vémonos en setembro para falar das experiencias literarias ou cinematográficas de cadaquen no tempo de verán, que xa ansiamos.
Pero antes, queremos deixar un pouco de música para acompañar os día libres, e nada mellor que facelo a través da actuación de varias alumnas de 4º ESO, que nos deleitaron coas súas voces na festa de fin de curso, e que pertenceron ao noso Club de Lectura ao longo desta singradura que compartimos varios anos. Desexamos un magnífico futuro a Alba, Lucía, Fabiola (coros) e Selena (solista)... Por certo, á guitarra está Dani Peroja.
CONTACONTOS: COLABORANDO CO CRA "A REVOLTA" NUN TAMÉN LEN ESPECIAL
O pasado xoves 4 de xuño os Siareiros da Palabra, xunto co alumnado de 1º ESO, os mesmos que no ano 2007 viñeran visitarnos ao Tamén Len que daquela fixeramos para achegármonos aos máis pequenos da contorna, foron os que na actualidade deron a benvida aos nosos invitados, os pequenos do CRA "A Revolta", para compartir un recreo especial nunha sesión moi teatral que presentaron al "alimón" Martín e Uxía:
Os nenos e nenas italianos cantan unha cantiga moi popular nese país, con letra deste maxistral texto de Gianni Rodari e melodía composta polo cantautor Sergio Endrigo. Como unha típica filastrocche, a modo de copla ou retahíla, esta canción é a presentación ideal para “Que fai falta?”, que se acaba de incorporar (2011) á colección de Clásicos Contemporáneos de KALANDRAKA. Silvia Bonanni ilustra a obra do que fora un gran referente para a pedagoxía moderna.
-primeiro vimos no escenario a simpática representación do conto de Gianni Rodari "Que fai falta" e doutro adaptado titulado "Os bos amigos".
-De seguido, o Club de Lectura encarnou "Los números árabes", un dos relatos de Juan José Millás do libro "Números pares, impares e idiotas" e, finalmente, os alumnos e alumnas de 1º ESO escenificaron outro deles "El 8 y el ocho". Esta elección tiña a intención de xogar cos números dentro dunhas historias que puideran entender os máis pequenos pero que resultaran entretidas e tamén gustaran ao público do noso instituto que nos acompañou neste recreo cun cheo de sala completo, que é de agradecer.
Aquí deixamos o enlace ao post de biblosvivos contando esta experiencia:
http://biblosvivos.blogspot.com.es/2015/06/contacontos-colaborando-co-cra-da.html
Porén, vai a man o voso video en especial:
Aquí deixamos o enlace ao post de biblosvivos contando esta experiencia:
http://biblosvivos.blogspot.com.es/2015/06/contacontos-colaborando-co-cra-da.html
Porén, vai a man o voso video en especial:
Sempre é un pracer contar convosco!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








