Os luns 23 e 31 de Maio reunímonos *s Siareir*s da Palabra para preparar o Recital de Poemas de Manuel María, sendo o noso xeito de celebrar o Día das Letras Galegas deste ano.
Quen máis e quen menos desexaba ler, e as persoas máis tímidas acabaron enleándose para collerlle o gusto a ler en público e perderlle o medo aos poucos. A verdade é que nos ensaios demostrouse que o nivel de lectura que teñen está moi, pero que moi ben.
Sempre é moi ben acollida polo Club a POESÍA e é un gusto escoitalos ler.
Partimos dunha selección previa dos poemas que nos pareceron máis acaídos, montamos unha presentación coas letras e as adornamos con imaxes; repartimos os versos que ía ler cadaquén e vimos o mellor xeito de facelo, a unha ou varias voces, coidando que participara todo o mundo con ánimo, seguindo as pautas básicas para conseguir unha lectura moi lucida. E podemos dicir que o resultado foi moi bo, porque ao público gustoulle e disfrutou co recitado e a variedade de poemas, segundo a opinión xeral.
Só nos queda dar as grazas ao público asistente, de parte dos Siareiros da Palabra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario