SESIÓN DO CLUB DE LECTURA
15 DE XANEIRO DE 2018
3º/4º ESO
Tocaba CINCO CONTOS SOBRE VELÁZQUEZ
Antes, unha pequena conversa sobre o pintor e os cadros
famosos. Sobradamente coñecido todo.
Houbo,
sen embargo, un momento de desconcerto cando, profundando na biografía e na
etapa de formación, descubrimos como o pintor se formou artesanalmente no
taller doutro pintor, o sevillano Francisco Pacheco, dende os once anos. Choca
a descrición xenérica dunha aprendizaxe dende o básico fronte á imaxe romántica
dos artistas. Como o libro era novo, pasamos á lectura colectiva do primeiro conto (Eliacer Cansino, As mans transparentes) e a certa análise do cadro que o inspira:
O AUGADOR DE SEVILLA
“20
de abril
(No
Prado, despois de tres días de espera mirando os seus cadros, oio por fin a voz
de Velázquez)
Pregúntasme
como debes pintar:
Toma
unha copa de auga e píntaa cen veces, duascentas, como fixen eu algunha vez.
Algún día poderás beber dela e cando bebas desa copa verás con transparencia.
Cando
vexas con transparencia non quererás pintar. Aínda así seguirás, coma min,
intentando ser fiel a unha devoción xa antiga, un ano, dous anos, dez…
Un
día sorprenderaste lembrando que pintabas, que eras pintor e buscabas a
transparencia. Ese día xa estás na transparencia e daquela a pintura
parecerache unha lembranza feliz da infancia.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario