Sesión do 22 de xaneiro de 2018
Comezamos a 4ª sesión co grupo de 1º e
2º da ESO. Hoxe tocaba comentar o libro A orquestra terrestre. En primeiro lugar destacar que por ter as vacacións de Nadal entre
unha e outra sesión, a todos e todas deulles tempo a ler o libro completo.
Comentamos os capítulos máis divertidos, reflexionamos sobre as ensinanzas
sobre a música que nos transmitiu o libro e representamos lendo en voz alta
algúns dos diálogos máis graciosos.
Cando rematamos esta
actividade presentamos as seguintes lecturas que serán os libros que constitúen
a “continuación” ou “complemento” ao libro de Wonder, la lección de August.
Empezaremos lendo a historia El
juego de Christopher, que nos servirá para traballar valores como a verdadera
amizade, e tamén para seguir profundizando na arte da música, xa que o
protagonista da historia toca o trombón na orquestra da súa escola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario