CLUB DE LECTURA
3º/4º ESO
SESIÓN DO 19 DE FEBREIRO DE
2018
Tocaba traer lido o libro CINCO
CONTOS SOBRE VELÁZQUEZ, ou case. Balance desigual. Lembramos –reconstruímos- o argumento de cada conto e
pasamos os cadros e algunhas historias mitolóxicas inspiradoras (caso de
Aracné, por exemplo).
Falamos das sibilas:
“Como
consecuencia do encontro con Ignacio Sobradiel, Mercedes tivo todo o día o tema
das sibilas vivo no pensamento.
Ao
iniciarse nos estudos da cultura clásica xa lle chamara especialmente a
atención. Foi lembrando aspectos daquelas personaxes, sempre mulleres, que no
mundo antigo eran oráculos que tiñan o don de predicir o futuro, en especial
feitos de tipo espiritual, relixioso ou político que, de se cumpriren, haberían
de orixinar importantes consecuencias na vida das xentes e das nacións.
Segundo
constaba en numerosos textos da Antigüidade clásica, e en moitos outros
posteriores, elas desenvolvían a súa portentosa actividade á marxe de
sacerdotes, templos e palacios, e buscaban a densidade dos bosques, a penumbra
silenciosa das cavernas e a influencia inspiradora dos torrentes que baixaban
das montañas ou dos ríos que fluían polos bosques e polas chairas fértiles.
Manifestaban
as súas profecías en estado de transo ou éxtase, e as primeiras que existiron
facíano en hexámetros gregos, que se pasaban á escritura para que permanecesen.”
(Os soños da sibila, Joan Manuel Gisbert, páxinas 45-46).
Tratamos de entender mellor o conto de INOCENCIO X (Daniel Nesquens). Por algunha razón –tal vez os nomes dos pintores que aparecen mencionados, a viaxe a Italia, a foto no xardín e os preparativos para o cadro ou unha lectura apresurada- a algunhas alumnas lle resultou difícil.
Para rematar proxectamos algúns
fragmentos do vídeo de Televisión Española sobre o pintor (DIEGO VELÁZQUEZ O EL
REALISMO SALVAJE) e,
en especial, as interpretacións doutros pintores ( de Goya a Bacon), fotógrafos
e cineastas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario