Sesión do 26 de febreiro de 2018
5ª sesión co grupo de 1º e 2º da ESO. Hoxe tiñan que traer lido o libro El
Juego de Christopher.
Comezamos falando da historia e comparándoa coa película Wonder ,
comentando que este personaxe non aparece na película pero resulta ser moi
importante xa que foi o primeiro amigo de August (o protagonista da saga).
Limos en alto e comentamos
algúns dos episodios que nos pareceron máis interesantes. Despois reflexionamos
sobre a evolución de Christopher, que pasa de ser un rapaz moi déspota, que
trata mal á súa nai e que non presta a
debida atención á súa amizade con August, a converterse nun rapaz moito máis
responsable e que se decata da boa sorte que ten na súa vida, coa súa
familia, as súas amizades e a súa vida
en xeral.
Rematamos esta sesión lendo o
seguinte libro da saga Wonder, Charlotte tiene la palabra,
que nos axudará a entender os conflitos, os problemas e as “estrañas” amizades
que xorden ao comezo da Secundaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario