Sesión do 27
de novembro de 2017
Coma o lema da Biblioteca é: “Territorio das artes” , nesta
segunda sesión co grupo de 1º e 2ª da ESO, centrámonos nas distintas
actividades artísticas que se mencionan na primeira metade do libro O enigma de Mona Lisa.
En primeiro lugar falamos do teatro e algúns contaron as súas
experiencias neste campo xa que ou ben forman parte este ano do grupo de teatro do IES ou ben actuaran o curso pasado.
A continuación pasamos a falar do cadro de Mona Lisa, actualizando os
datos que sabíamos sobre el: que está no Louvre, que é un cadro pequeno, que
sempre hai moita xente parada diante para velo, que a luz que despide é
distinta aos outros cadros...
Despois comentamos o capítulo 7 do libro,
onde se propoñen as actividades especiais para a primavera: "Olimpiadas de xadrez, atletismo e fútbol
mixto". Fixemos un debate, levando estas 3 propostas ao noso IES.
O tema das olimpiadas de xadrez parecíalles ben xa que este ano existe a
materia de xadrez en Libre Configuración
e con moitos alumnos e alumnas aos que lles gusta xogar nos recreos.
En canto ao atletismo tamén tivo
bastantes defensores e ao chegar ao tema do fútbol mixto tod@s decidimos que no
noso IES non existen problemas para xogar xuntos rapazas e rapaces, o que
resulta un bo punto de partida para conseguir a igualdade.
Para rematar esta sesión empezamos a ler en
alto o capítulo 8 do libro e quedaron en ler a segunda metade do libro para a
vindeira sesión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario