Sesión do 13
de novembro de 2017
Nesta data xuntámonos por primeira vez os alumnos e alumnas anotados no club de lectura de 1º e 2º da ESO, o número de asistentes foi 25.
Como para moitos deles este é o seu primeiro
ano no IES, empezamos explicando en que ía consistir o club de lectura e seguidamente falamos
das datas das reunións (que serán cada 2 ou 3 semanas dependendo das
actividades e dos períodos de vacacións). Para rematar a introducción, deilles unha folla coas normas do club,
que fomos lendo en alto por turnos. Tras esta lectura todos e todas
comprometéronse a seguir e aceptar ditas normas.
A continuación falamos das lecturas que
fixeron no verán e fixéronse algunhas recomendacións e seguidamente presentamos
o primeiro libro para ler este trimestre. Trátase de O enigma de Mona Lisa de
María Noel Toledo, que recibiu o Premio Onetti Infantil no 2014.
Aínda que este libro estaba programado para
o 2º trimestre, pareceume axeitado incluilo neste comenzo de curso xa que o
tema dos equipos mixtos de fútbol estaba a ser moi debatido nas tutorías e nas
horas de Educación Física.
Xa para rematar lemos en alto e por turnos
o primeiro capítulo do libro e quedaron en ler a metade da obra (ata o capítulo
7) para a próxima sesión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario