5ª Sesión co Club de Lectura de 3º e 4º da ESO
O
día 13 de maio tivemos a 5ª sesión
do Club de lectura de 3º e 4º da ESO.
Tocaba traer lido os libros Makinaria e Penúltimas tendencias do
autor Carlos Negro. Comentamos os
poemas e falamos das presións que a sociedade impón a todos e todas os que non
seguen as normas marcadas.
A continuación pasamos a ver os vídeos de Internet
“¿Cómo te suena?” realizado polo alumnado do Bachillerato de música, danza y artes escénicas xunto co alumnado do Ciclo Formativo Superior de Fotografía da Escuela de Arte José María Cruz Novillo. O visionado deste vídeo deunos pé para falar do que a cultura popular, neste caso no campo da música moderna, segue axudando a manter estereotipos de xénero.
A continuación vimos o vídeo "El final del cuento de hadas” de El Chojin Ft Lydia, coa fin de profundizar nas causas e consecuencias do maltrato na parella e na violencia de xénero en xeral.
Despois, a petición de
Lucía Núñez (4ºA) escoitamos a canción La Bella y la Bestia de Porta, que foi un bo final da sesión e deulles ideas para reflexionar sobre este tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario