Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

3 may 2019

Curso 2018-2019

Excursión a Santiago de Compostela dos Clubs de lectura 

O día 23 de abril 36 dos membros dos dous Clubs de lectura fixemos unha excursión á cidade de Santiago de Compostela para visitar O Museo do Pobo Galego, xa que Antón Fraguas Fraguas, figura a que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, colaborou activamente na súa posta en marcha e no seu desenvolvemento.
Comezamos a excursión cunha visita ao Museo, onde participamos na actividade “Regueifas pola Igualdade”. Dúas monitoras recibíronnos cunha regueifa nas escaleiras do museo e despois guiáronnos á planta superior onde nos ensinaron como “fabricar” regueifas: “o ritmo, o tono, a rima, a duración dos versos, etc.” 
















Seguidamente o alumnado dividiuse en grupos e empezaron a producir regueifas tomando como base os cadros e as esculturas da sala e unha lista de palabras proporcionadas polas monitoras. Esta actividade foi moi divertida e aínda xurdiron regueifas moi “xeitosas” que grabamos en vídeo.


















Pero non pensedes que  todo saiu ben á primeira, algúns grupos necesitaron máis tempo de ensaio, alí van as tomas falsas.




Unha vez rematada a actividade fixemos un percorrido polo museo para admirar e comentar as obras de arte alí expostas.  rematar o percorrido, como xa eran as dúas da tarde e os rapaces e rapazas devecían por xantar, o autobús achegounos a un centro comercial onde puidemos xantar e descansar un rato.
Unha hora despois nos veu recoller e levounos á zona da Catedral. Alí percorrimos a Praza do Obradoiro para ver a fachada da Catedral e a do Hostal do Reis Católicos, seguidamente bordeamos a Catedral e fomos á Praza da Quintana onde está o acceso á Catedral. Entramos e vimos unha parte da Catedral xa que está en obras con andamios e cuberta na súa maior parte, por sorte puidemos abrazar ao Apóstolo e baixar á tumba, mágoa non ter visto o botafumeiro e algunhas das capelas por mor das obras de renovación. Aínda así a visita gustounos moito.







































Finalmente, arredor das 17.00 horas o autobús recolleunos para voltar a Salceda.
Foi unha excursión moi ben aproveitada. ¡Mágoa que rematase! Esperamos a do próximo curso.  

No hay comentarios: