5ª Sesión co Club de Lectura de 1º e 2º da ESO
O día 6 de maio de 2019 realizouse a quinta sesión do Club de Lectura para o alumnado de 1º e 2º ESO. O libro que se traballou nesta ocasión foi o titulado De todo corazón, 111 poemas de amor, Selección de José María Plaza.
O alumado, durante a sesión, tivo que ler e
declamar en voz alta unha pequeña selección de textos que
logo foron comentados e interpretados
por todos. Procurouse que todos os asistentes lesen e aportasen a súa
interpretación.
Resultou unha sesión
moi agradable e amena na que os nenos e nenas aportaron moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario