Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

22 may 2019

Curso 2018-2019

5ª Sesión co Club de Lectura de 1º e 2º da ESO 


O día 6 de maio de 2019 realizouse a quinta sesión do Club de Lectura para o alumnado de 1º e 2º ESO. O libro que se traballou nesta ocasión foi o titulado De todo corazón, 111 poemas de amor, Selección de José María Plaza.  

              


      O alumado, durante a sesión, tivo que ler e declamar en voz alta unha pequeña selección de textos que logo foron comentados  e interpretados por todos. Procurouse que todos os asistentes lesen e aportasen a súa interpretación.

Resultou unha sesión moi agradable e amena na que os nenos e nenas aportaron moito.

3 may 2019

Curso 2018-2019

Excursión a Santiago de Compostela dos Clubs de lectura 

O día 23 de abril 36 dos membros dos dous Clubs de lectura fixemos unha excursión á cidade de Santiago de Compostela para visitar O Museo do Pobo Galego, xa que Antón Fraguas Fraguas, figura a que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, colaborou activamente na súa posta en marcha e no seu desenvolvemento.
Comezamos a excursión cunha visita ao Museo, onde participamos na actividade “Regueifas pola Igualdade”. Dúas monitoras recibíronnos cunha regueifa nas escaleiras do museo e despois guiáronnos á planta superior onde nos ensinaron como “fabricar” regueifas: “o ritmo, o tono, a rima, a duración dos versos, etc.” 
















Seguidamente o alumnado dividiuse en grupos e empezaron a producir regueifas tomando como base os cadros e as esculturas da sala e unha lista de palabras proporcionadas polas monitoras. Esta actividade foi moi divertida e aínda xurdiron regueifas moi “xeitosas” que grabamos en vídeo.


















Pero non pensedes que  todo saiu ben á primeira, algúns grupos necesitaron máis tempo de ensaio, alí van as tomas falsas.




Unha vez rematada a actividade fixemos un percorrido polo museo para admirar e comentar as obras de arte alí expostas.  rematar o percorrido, como xa eran as dúas da tarde e os rapaces e rapazas devecían por xantar, o autobús achegounos a un centro comercial onde puidemos xantar e descansar un rato.
Unha hora despois nos veu recoller e levounos á zona da Catedral. Alí percorrimos a Praza do Obradoiro para ver a fachada da Catedral e a do Hostal do Reis Católicos, seguidamente bordeamos a Catedral e fomos á Praza da Quintana onde está o acceso á Catedral. Entramos e vimos unha parte da Catedral xa que está en obras con andamios e cuberta na súa maior parte, por sorte puidemos abrazar ao Apóstolo e baixar á tumba, mágoa non ter visto o botafumeiro e algunhas das capelas por mor das obras de renovación. Aínda así a visita gustounos moito.







































Finalmente, arredor das 17.00 horas o autobús recolleunos para voltar a Salceda.
Foi unha excursión moi ben aproveitada. ¡Mágoa que rematase! Esperamos a do próximo curso.  

27 mar 2019

Curso 2018-2019

4ª sesión co Club de lectura 3º e 4º ESO 

 Finalmente a 4ª sesión con este grupo tivo lugar o día 25 de marzo, despois das avaliacións, carnavais e distintas actividades. Tocaba traer lido o libro Pulsaciones e pasamos a coméntalo, en xeral gústoulles e sorprendeulles o xeito en que está escrito o libro con longas conversas dentro dun servicio de mensaxería.
O libro deunos a base para falar dos accidentes de tráfico e o alumnado expresou os seus puntos de vista, algún máis precavidos e outros sen ninguna noción do perigo que supón a velocidade e o alcol ao volante. Para ilustrar estes efectos vimos os vídeos da última campaña da DGT co título: “En un accidente de tráfico: ¿Quén prefieres ser, el que vive o el que muere?”.



Tras ver os vídeos e deixarlles tempo para reflexionar, pasamos a presentar os seguintes libros para ler. Son Makinaria e Penúltimas tendencias do poeta  Carlos Negro. Expliqueilles que eran dos chamados “poemas urbanos” e que era aconsellable ler os dous libros xuntos para decatarse das imposicións que a sociedad elles pon tanto ás mozas como aos mozos. Terán que traelos lidos para a próxima sesión.  


                 

20 mar 2019

Curso 2018-2019


4ª Sesión do Club de lectura de 1º e 2º da ESO 


O día 11 de marzo de 2019 realizouse a cuarta sesión do Club de Lectura para 1º e 2º ESO. O libro que se traballou durante a mesma foi Contos por palabras de Agustín Fernández Paz. Durante a sesión comentáronse todos os relatos que forman esta obra e logo, a partires de anuncios por palabras de diferentes xornais, os alumnos e alumnas tiveron que elaborar un relato que posteriormente foi lido en público.Resultou unha sesión moi amena na que o alumnado participou activamente.

Propúxose tamén a seguinte lectura: una selección de poemas pertencentes ao libro De todo corazón 111 poemas de amor, de José María Plaza.



30 ene 2019

Curso 2018-2019

 3ª Sesión do Club de lectura de 3º e 4º da ESO 


A terceira reunión co club de lectura de 3º e 4º da ESO celebrouse o día 28 de xaneiro

Empezamos comentando o libro proposto na segunda sesion Xa non estou aqui de Iria Misa. Tras lembrar alguns detalles da historia, tivemos un pequeno debate sobre as drogas, o alcol, os accidentes de tráfico e moitos comportamentos estúpidos (como os erros da protagonista) que levan á morte prematura de moitos xovenes.

Despois passamos a presentar o seguinte libro Pulsaciones de Javier Ruescas e Francesc Miralles, que cadra moi ben tra-la lectura do anterior xa que así poderemos seguir falando de educación vial coa fin de previr accidentes. Terán que traelo lido para a próxima sesión a finais de febreiro.  








Curso 2018-2019


            3ª sesión co Club de Lectura de 1º e 2º ESO
                
O día 21 de xaneiro celebrouse a terceira sesión do Club de Lectura para o alumnado de 1º e 2º ESO.
            
Durante a sesión os participantes tiveron que demostrar, por medio da realización dun resumo, que tiñan lido o libro proposto Nata y chocolate invencibles de Alicia Borrás Sanjurjo. A maioría dos asistentes si o fixeron pero houbo algúns alumnos / as que non estar a cumprir coas normas do Club de Lectura e que ademais mostran un comportamento moi incorrecto polo que foron expulsados.

Ademais da realización do resumo tamén se animou aos participantes a profundizar nos aspectos máis relevantes do libro e analizar aos personaxes máis importantes.

A seguinte sesión realizarase aproximadamente dentro de un mes e o libro  que teñen que ter lido é Contos por palabras de Agustín Fernández Paz.


9 ene 2019

Curso 2018-2019


2ª sesión co grupo de 1º e 2º da ESO 


O luns 17 de decembro realizouse na Biblioteca do Centro a segunda sesión do Club de Lectura para 1º e 2º ESO.

En primeiro lugar pasouse lista ao alumnado asistente que foi algo inferior ao que participou na primeira sesión.

A continuación comentouse o libro titulado Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure e que os alumnos e alumnas tiñan lido. Todos e todas mostraron o seu agrado polo libro e, coma non lle deu tempo a ler o outro libro proposto, Nata y chocolate invencibles, de Alicia Borrás Sanjurjo, decidimos deixalo para a segunda avaliación.



Nesta segunda avaliación tamén Terán que ler Contos por palabras de Agustín Fernández Paz.