Durante o mes de maio no club de lectura acumúlasenos o traballo, tendo que aumentar as sesións de reunión. Ademais de quedar dous luns ao mediodía temos frecuente contacto nos recreos. Por unha banda seguimos a preparar as obras de teatro que esperemos poder estrear a principios de xullo. E a maiores comezamos a preparar o Roteiro Carlos Casares pola cidade de Ourense que faremos o luns 15 de maio. Repartimos textos das distintas obras de Casares que leremos en distintos puntos da cidade ese día.
Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao
A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.
1 may 2017
5 abr 2017
De lectores... a actores, actrices, decoradores/as (IV-V)
As sesións de febreiro e marzo foron modificadas no seu formato mensual de luns pola tarde para pasar a desenvolverse durante dous recreos semanais para comezar a ensaiar as obras de teatro e poder darlle máis continuidade aos ensaios. O grupo do club de lectura que viña traballando con Carlos Casares asumiu a representación da obra "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas", mentras que o grupo que viña traballando con Agustín Fernández Paz asumiu a representación da adaptación dos distintos contos de "A galiña azul".
A implicación dos distintos membros do club de lectura é importante aínda que moito é o traballo que levamos realizando durante estes dous meses: reparto de papeis, primeiros ensaios, pensar no vestiario, elaboración dos decorados -como podemos comprobar na foto-.
A idea é recuperar durante os meses de abril e maio das sesións do luns pola tarde para ir afianzando xa as representacións, que se irán complementando con ensaios en distintos recreos.
Xa está planificado tanto co colexio Altamira como co CRA Aragonta as representacións que faremos durante os últimos días de maio ou primeiros de xuño. Xa vos iremos contando.
24 ene 2017
"As laranxas de Carlos Casares" (III)
O luns 23 fixemos unha posta en común dos distintos contos da Galiña azul que leron os rapaces do club, recollendo as distintas propostas que consideraban axeitadas para a súa posible adaptación dramática. A partir dos textos orixinais fumos entrelazando entre todos/as as distintas historias, identificando distintos personaxes e establecendo os diálogos oportunos. Nos vindeiros días iremonos xuntando para darlle remate á adaptación e comezar a traballar con ela a partir do mes de febreiro. Aí vos deixamos o inicio da nosa adaptación:
A GALIÑA AZUL
(Entra pola praza do pobo o Leoncio,
un tolo con manías de electricista. Preto da fonte atópase unha señora vendendo
froita, e uns nenos xogando)
LEONCIO: (subido a unha pedra e dirixíndose ao ceo a berros) os avións non
son paxaros e polo tanto non poden voar.
(Achégase unha nena a el mirándoo sorprendida)
LEONCIO: se eu quixese podería facerte voar coma se foses unha bolboreta
FROITEIRA (dirixíndose a nena) non lle fagas caso ao Leoncio, é un tolo con
manías de electricista. Encántanlle os inventos. Xa leva inventado unha
alfombra voadora e non sei que máis... Anda todo o día a falar cos paxaros e as
formigas, seica inventou un idioma chamado o “papapío” que lle permite
comunicarse con eses animais
LEONCIO (mirando un paxaro) paspallís pío pío pían... raspapín pau...
(Entra o garda pola praza do pobo, movendo a súa porra. Desaparece)
FROITEIRA: ¡laranxas, pavías, ameixas e mazás! ¡coman
froita, tres pezas ao día! ¡San e natural!
(os nenos deixan de xogar e póñense a falar)
NENO 1 esta mañá apareceron formigas no cuarto rosa da miña casa. Viñan do
formigueiro que está no patio. Entraban pola ventá e ían cara a cociña na busca
de azucre
NENO 2 (pondo cara desexosa de azucre e movendo as mans como se fose unha
formiga camiñando) azucre azucre
NENO 1 meu pai, que sente gran cariño polos bichos, andou mirando a
caravana de formigas cunha lupa e descubriu unha formiga que camiña fóra da
fila
NENA 3 as formigas van sempre en caravana e en fila india
NENO 1 pois esta camiñaba pola súa conta, fóra da fila, moi paseniñamente.
O meu pai mirouna coa lupa, e sabedes que descubriu? Que a formiga tiña unha
pata rota, por iso andaba tan a modiño
NENO 2 (imitando a un esquiador) como nevou o outro día, ao mellor andou
esquiando e partiu unha pata
NENA 3 e entón que lle pasou a formiga esquiadora?
NENO 1 meu pai estívoa observando todo o tempo, a formiga tardou moito en
chegar ao sitio do azucre, pero chegou. Sabes o que fixo entón? Colleu unha
pedra grandísima, a pedra de azucre máis grande que había, e marchou con ela (o
neno 2 trata de imitar os movementos que vai narrando o neno 1 ) Levoulle preto
dunha hora atravesar unha baldosa, cando a tiña atravesada, meteuse, sen
querer, nunha pucharquiña de auga, e como andaba tan amodiño, derretéuselle o
azucre.
NENA 3 ouhhh que pena!
NENO 1 deu a volta e volveu coller outra pedra de azucre grande. Aínda non andara
dúas baldosas, cando chegou unha mosca e lle roubou o azucre (neno 2 facendo
burla)
NENA 3 ouhhh que pena!
23 ene 2017
Agustín Fernández (III)
O 23 de xaneiro falamos de RAPAZAS, cun balance lector
semellante ao anterior (demasiadas tarefas escolares? Demasiadas ocupacións extraescolares?). De novo fixemos lectura colectiva,
orientada polas boas lectoras. Os contos elixidos foron QUERIDA AVOA e A
PRIMEIRA META. O primeiro deu lugar a un pequeno debate sobre inmigración con
bastantes referencias espontáneas á realidade cercana, a persoas con pensamentos
semellantes aos de mamá Sara, que consumiu o noso tempo. Quedaron suxerencias
no aire, como preparar marcadores con fragmentos para convidar á lectura ou
para motivar o vindeiro 8 de marzo (ai,
aquel CURSO CON ANA!). Andaremos. Agora pararemos nas dramatizacións.
19 dic 2016
"As laranxas de Carlos Casares" II
Sesión: luns 19 de decembro
Despois de pór en común a experiencia dos diversos membros do club que puxeron en práctica a lectura dun conto a algún amigo ou familiar pequecho, todas moi positivas, e todos encantados da experiencia. Retomamos a figura de Carlos Casares, falamos un chisco do "Principiño", e lanzámonos a unha primeira aproximación da obra "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas", vendo as primeiras dificultades técnicas para a súa representación, manifestando preferencia dos alumnos/as polos distintos papeis, intentando darlle un primeiro sentido ao texto. Os membros do club quedaron encantantados co proxecto de preparar a súa representación, polo que na próxima sesión comezaremos os primeiros ensaios.
Antes de dar por rematada a sesión de hoxe lemos algúns contos de "A galiña azul", e explicamos de forma básica como se pode transformar un pequeno relato nunha obra dramática. Repartimos os distintos contos e por grupos quedaron encargados de facer unha primeira adapatación deste textos, que tentaremos perfeccionar en próximas reunións para que os membros do outro grupo do Club poida tamén participación na representación que temos idea de facer no mes de maio polas distintas escolas do concello.
13 dic 2016
Agustín Fernández Paz (II)
Días
antes do Nadal xuntámonos para falar de CONTOS POR PALABRAS. Un pequeno grupo de alumnas fixo
unha lectura completa do libro. Un grupo máis amplo leu algúns contos. Algúns
alumnos non leron nada. Para eles, para metelos nos textos, fixemos lectura
colectiva de fragmentos. Para os demais ese exercicio serviu para poñernos en
situación e facer un pequeno debate. Gustounos a variedade de
narracións, de historias; o artellamento destas a partir da realidade, para cambiala ou facela máis
divertida; e que ás veces atopamos historias dentro doutras historias. Menos
unanimidade houbo no que chamamos “historias sen final”ou “historias con final
aberto”. Algúns preferían un final claro, tal vez encontrar a dona daquela
outra chave da felicidade. Pero as cousas suceden doutro xeito. Alguén
desexaría unhas historias máis longas e a outros pareceulle arbitraria a
escolla de personaxes para apareceren na portada de Enjamio. Así que aquí va dúas portadas
alternativas:
Ariadna e Elena escribiron ademais uns breves comentarios:
“Este libro gustoume moito porque cada relato é sacado dun
anuncio de periódico e trata temas moi diferentes: hai de humor, de medo... E o autor explica de onde sacou as
ideas”. (Ariadna)
“O libro CONTOS POR PALABRAS gustoume
porque me pareceu un libro moi interesante, xa que non coñecía ningún libro no
que as historias saísen de algo tan real como os anuncios por palabras do
periódico. Tamén me gustaron moito os debuxos que traía cada historia do libro.
Eu recomendaríao para os nenos de primaria, xa que lles gustaría moito”. (Elena)
Aí quedan.
28 nov 2016
Agustín Fernández Paz (I)
Toma
de contacto, formación dun grupo de lectoras (e algúns lectores), bases
previas, breves normas ambientais (elementais) para, nalgún intre, eclosionar
como conversadoras; compromisos: biblioteca, actos de lectura pública,
colaboracións. E logo Fernández Paz. Se había tantos motivos, se era tan
inevitable e tan doado antes iniciarse como bos lectores a través de libros tan ben matinados,
imaxinados e escritos, inescusable resulta agora a homenaxe mergullándonos na
súa corrente definitiva. Comezamos por Contos
por palabras. Alguén do grupo xa o leo no curso pasado, a outras sóalle dos
libros de texto ou de velo nos andeis da biblioteca. As avanzadas introdúcennos
e destacan tres contos: “A chave da felicidade!” (Unha chave non é suficiente), “Spiderman! (Ser superheroe non é nada doado) e “o do león! (Un león en apuros). Avanzan argumentos.
Ven mesturado un unicornio. Buscamos a canción de Silvio Rodríguez, a letra (o
poema). O tempo aprémanos. Repartimos libros para que todos o traian lido o
próximo día. RAPAZAS irá en xaneiro. Fotos. Fotos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






