Club de lectura do IES Pedras Rubias-
Salceda de Caselas
Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao
A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" deJimmy Liao.
28 nov 2016
Agustín Fernández Paz (I)
Toma
de contacto, formación dun grupo de lectoras (e algúns lectores), bases
previas, breves normas ambientais (elementais) para, nalgún intre, eclosionar
como conversadoras; compromisos: biblioteca, actos de lectura pública,
colaboracións. E logo Fernández Paz. Se había tantos motivos, se era tan
inevitable e tan doado antes iniciarse como bos lectores através de libros tan ben matinados,
imaxinados e escritos, inescusable resulta agora a homenaxe mergullándonos na
súa corrente definitiva. Comezamos por Contos
por palabras. Alguén do grupo xa o leo no curso pasado, a outras sóalle dos
libros de texto ou de velo nos andeis da biblioteca. As avanzadas introdúcennos
e destacan tres contos: “A chave da felicidade!” (Unha chave non é suficiente), “Spiderman! (Ser superheroe non é nada doado) e “o do león! (Un león en apuros). Avanzan argumentos.
Ven mesturado un unicornio. Buscamos a canción de Silvio Rodríguez, a letra (o
poema). O tempo aprémanos. Repartimos libros para que todos o traian lido o
próximo día. RAPAZAS irá en xaneiro. Fotos. Fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario