Días
antes do Nadal xuntámonos para falar de CONTOS POR PALABRAS. Un pequeno grupo de alumnas fixo
unha lectura completa do libro. Un grupo máis amplo leu algúns contos. Algúns
alumnos non leron nada. Para eles, para metelos nos textos, fixemos lectura
colectiva de fragmentos. Para os demais ese exercicio serviu para poñernos en
situación e facer un pequeno debate. Gustounos a variedade de
narracións, de historias; o artellamento destas a partir da realidade, para cambiala ou facela máis
divertida; e que ás veces atopamos historias dentro doutras historias. Menos
unanimidade houbo no que chamamos “historias sen final”ou “historias con final
aberto”. Algúns preferían un final claro, tal vez encontrar a dona daquela
outra chave da felicidade. Pero as cousas suceden doutro xeito. Alguén
desexaría unhas historias máis longas e a outros pareceulle arbitraria a
escolla de personaxes para apareceren na portada de Enjamio. Así que aquí va dúas portadas
alternativas:
Ariadna e Elena escribiron ademais uns breves comentarios:
“Este libro gustoume moito porque cada relato é sacado dun
anuncio de periódico e trata temas moi diferentes: hai de humor, de medo... E o autor explica de onde sacou as
ideas”. (Ariadna)
“O libro CONTOS POR PALABRAS gustoume
porque me pareceu un libro moi interesante, xa que non coñecía ningún libro no
que as historias saísen de algo tan real como os anuncios por palabras do
periódico. Tamén me gustaron moito os debuxos que traía cada historia do libro.
Eu recomendaríao para os nenos de primaria, xa que lles gustaría moito”. (Elena)
Aí quedan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario