Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

23 mar 2020

Curso 2019-2020

Tempos de cuarentena 


Ola a todos e todas,

Hoxe iamos ter a 4ª sesión do Club de lectura para os cursos de 3º e 4º da ESO antes de que os de 4º marchasedes de excursión a Valencia.

Como na última xuntanza algúns non lerades o libro proposto, hoxe tiña pensado poñervos este vídeo.


E despois de velo e comentalo, o seguinte libro para ler sería A Esmorga do autor galego Eduardo Blanco Amor.

Si, si, xa sei que non tedes acceso aos exemplares da biblioteca do IES, por iso vos animo a que, se non tedes un exemplar desta obra, busquedes en internet ou polas vosas casas libros que chamen a vosa atención e que leades un ou varios deles.

Unha vez que os teñades lidos, podedes mandarme unha mensaxe ou un video á conta de correo do club de lectura: siareirosdapalabra@gmail.com  comentando o libro que escollestes, que vos pareceu, se o recomendades ou non...

Así será unha manera de manter o contacto para cando poidamos reanudar o club, que será dentro de pouco, xa veredes!

Espero as vosas mensaxes. Boa cuarentena!



3 mar 2020

Curso 2019-2020


    3ª Sesión do Club de lectura co grupo de3º e 4º da ESO 

A terceira reunión co club de lectura de 3º e 4º da ESO celebrouse o 2 de marzo. Empezamos comentando o libro proposto na segunda sesión: Rimas y leyendas de Gustavo Adolfo Bécquer, libro que soamente a metade tiñan lido, razón pola que houbo que lembrarlles que o propósito dun Club de Lectura e a lectura e que se non cumpren as normas e as propostas do Club serán expulsados deste.  
Despois pasamos a presentar o seguinte libro Descoñecidos de David Lozano,  libro dunha temática moi actual: os perigos das relacións con descoñecidos por Internet, que nos permite falar dos perigos que existen na mala utilización das redes sociais. 




Terán que traelo lido para a próxima sesión. En principio o libro escollido ía ser Valkiria do mesmo autor, pero houbo que cambialo porque foi o libro de lectura obrigatoria de lingua castelá no trimestre anterior.

Para rematar vimos algúns vídeos da Las pantallas Amigas sobre a temática dos perigos nas redes sociais, para que se decaten de que o problema non son as redes en si senón o mal uso que se fai delas.     

https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=video&cd=9&cad=rja&uact=8&ved=0ahUKEwiWisGIhf7nAhUwyYUKHTNYCaAQtwIIVTAI&url=https%3A%2F%2Fwww.pantallasamigas.net%2Fpantallasamigas-presenta-una-guia-sobre%2F&usg=AOvVaw17RVHOxOdqWIYj4tAmzGhV

Despois vimos o vídeo titulado "Miles de adultos se hacen pasar por niños para acosar a otros".

https://www.facebook.com/150278245637419/videos/749255605509921/







2 mar 2020

Tamen Len 100




O xoves 13 de febreiro de 2020, no salón de actos do instituto, e ante máis de 200 alumnos/as tivo lugar a sesión número 100 da actividade denominada “Tamén Len”.

Esta actividade iniciábase un 7 de febreiro de 2007, e ao longo destes trece anos levan pasados unha chea de invitados e invitadas a lernos algún fragmento literario durante un recreo ao mes. O listado completo de invitados/as e lecturas ao longo destas cen edicións podedes consultalo no seguinte documento.



Nesta sesión especial contamos cos seguintes invitados/as:
-Yolanda Rodríguez, enxeñeira.
- Paco González, mestre-.
-Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda.
-Fran Ojosnegros, sacerdote.
 -Vanesa Viñas, fisioterapeuta.
-Lino Estévez, adestrador.


Por vez primeira o Tamén Len puido ser seguido en directo por internet grazas a colaboración do noso alumnado de Onda Raia que celebraban o “Día da Radio”.

Podedes ver o acto no seguinte enlace: TAMÉN LEN 100 

Podedes ler o especial do Faro de Vigo no seguinte enlace: Faro da Escola.

Ademais dos invitados fomos recibindo ao longo de todo o mes unha serie de vídeos de escritores, músicos, actores e ex-profesores que nos enviaron os seus parabéns polo centenario. A continuación deixámosvos algúns deles:

11 feb 2020

Curso 2019-2020

3ª sesión co grupo de 1º e 2º da ESO 


O Club de Lectura volveuse a reunir. A primeira xuntanza desta segunda avaliación celebrouse o 3 de febrero para  o alumnado de 1º de ESO e para segundo o día 10. Para o dous cursos a xornada estivo dividida en dúas partes:

A primeira, á que lle dedicamos máis tempo, centrouse en comentar aspectos do libro Mande a su hijo a Marte de Fernando Lalana, que propuxeramos na última sesión. Recordamos o subxénero da novela, ciencia-ficción, aspectos da personaxe principal, do espazo onde se desenvolve a acción e cuestións sobre os temas que aparecen; logo estivemos lendo diferentes pasaxes do libro.

A segunda parte da sesión, dedicámola a falar da próxima lectura. Nesta ocasión será un libro en galego Tonecho de Rebordechao de Breogán Riveiro. Continuamos co xénero narrativo, pero nesta ocasión é unha novela realista que se desenvolve nun espazo rural e protagonizada por un neno. O alumnado atopará nesta obra non só diversión senón descricións de espazos naturais, actividades agrarias, relacións persoais e crenzas que nos farán viaxar a unha Galicia que segue viva.





16 ene 2020

Curso 2019-2020

2ª sesión do Club de lectura co grupo de 3º e 4º ESO 


O 13 de xaneiro de 2020 tivo lugar a segunda sesión do grupo de 3º e 4º da ESO tocaba traer lido Os nenos da varíola e para poder falar sobre el.
Comezamos comentando as impresións sobre a historia da novela, falamos dos personaxes, do momento histórico, etc. Despois nos centramos na realidade, falando da importancia dos descubrimentos da Medicina e da necesidade de vacinar a poboación para evitar males maiores, tamén nomeouse a moda actual dos movementos anti-vacinas e o perigo que conlevan na sociedade.

A segunda parte da sesión dedicouse a presentar o segundo libro, trátase de Rimas y Leyendas de Gustavo Adolfo Bécquer. Comezamos lendo en alto e por turnos algunhas das rimas máis coñecidas (IV, X, XI, XVII, XXI, XXIV, XXX, XLI, LII, LIII, LXIX). Despois propúxoselles lelas todas e escoller dúas para lelas en alto durante a próxima sesión e explicar porqué as escolleran. En canto as lendas, recomendóuselles ler El Monte de las Ánimas, Los ojos verdes, La ajorca de oro y El rayo de luna, coa fin de poder comentalas na próxima sesión.


Finalmente vimos dous vídeos de Youtube, un deles coa lectura da rima LIII: "Volverán las oscuras golondrinas". 

https://youtu.be/UnziA82oLOY

E outro vídeo coa lenda "El Monte de las Ánimas". 

https://youtu.be/fgZhe1FiS6Y


12 dic 2019

Curso 2019-2020

2ª sesión coa 1ª metade e a 2ª metade do grupo de 1º e 2º da ESO 


A segunda sesión do Club de Lectura celebrouse o día 9 de decembro de tres a catro e dez, pero esta segunda xuntanza fíxose só con doce  alumnos e alumnas de 1º de ESO e o día 16 de decembro, tamén de tres a catro e dez, para alumnado de 2º de ESO ( sete alumnas e 1 alumno). Para os dous grupos  sesión estivo dividida en dúas partes:

Como estableceramos na primeira sesión, cada membro do club, despois da lectura do libro, tiña que facer unha preselección de dez poemas e deses escoller dous  que traerían  marcados  no libro ou escritos nun folio. 
A primeira parte da actividade estivo centrada na lectura deses poemas seleccionados.  O alumnado despois de dicir o nome do autor ou autora e título do libro no que se atopaba, ía lendo de forma  voluntaria os seus poemas,  despois da lectura faciamos unha reflexión sobre o contido dos  textos ou algún comentario oportuno sobre o ou a poeta. 

A segunda parte da sesión comezou cunha presentación en power point de aspectos relevantes do  segundo libro proposto, Mande su hijo a Marte de Fernando Lalana,  neste caso en castelán. Nesa presentación, formada por cinco diapositivas, o alumnado recibiu información  do título, autor, xénero, subxénero,  argumento, personaxes principais e valores que transmite o libro. Ademais tiveron a oportunidade de tocar o libro e ler as oito primeiras páxinas nas que o alumnado  viaxou ata o século XXIII e coñeceu a protagonista da nova aventura lectora,  creando nos e nas participantes grandes expectativas.





Foron unhas sesións enriquecedoras nas que todos gozamos coa lectura de poesía e narrativa.

21 nov 2019

Curso 2019-2020

1ª sesión do Club de lectura co grupo de 1º e 2º da ESO 

O luns 18 de novembro iniciou a súa andaina o Club de lectura de 1º e 2º de ESO. Comezamos a sesión ás tres da tarde. O lugar de encontro foi na biblioteca do centro. O grupo confórmano 28 rapazas e rapaces. 
    Ao comezo fíxose fincapé nos criterios que tiñamos que ter en conta para formar parte do club, especialmente en catro aspectos: “o gusto pola lectura, a mente aberta a novas lecturas, a capacidade de diálogo e unha actitude respectuosa para coa actividade e cos compañeiros e compañeiras”.
Despois disto deixouse no aire dúas preguntas, “Por que quero participar no club de lectura?” e “Que penso que me vai ofrecer?”, que serviron de puntos de reflexión.

A continuación se lles comunicou que o libro Poetízate de Fran Alonso sería o primeiro libro que leriamos. Libro que os sorprendeu por ser unha antoloxía poética en lingua galega e que fai un percorrido polo poesía galega dende Rosalía de Castro á actualidadeExplicóuselles que a elección do xénero lírico non obedecía ao azar, senón que viña determinado polo lema  Poéticas diversas na biblioteca escolar que  escollera a Consellería de Educación. 




















Neste punto fíxose unha pequena exposición didáctica das principais características do xénero lírico, para seguir,  dunha maneira máis lúdica,  reflexionando sobre a definición de poesía que fai Juan Marqués,  que di que a poesía é a “Memoria do mundo”. Tamén afirma “ A poesía , aínda que ninguén a lea, penetra nas conciencias e nas nacións e dá enérxicos empurróns á Historia, inventa e derruba deuses, funda e destrúe reximes políticos, declara guerras , move montañas…” E estas afirmacións unidas ao cartel que deseñou Nuria Díaz para ilustrar o lema, mostran moi ben que a poesía está en calquera lugar, ámbito, obxecto…

A seguir  transmitíuselle ao alumnado que nós tamén trataríamos de gozar da poesía a través de textos de diferentes autores e autoras, buscando a esencia no cómo e  no qué transmiten.
Finalmente, repartidos os libros de Poetízate, o alumnado elixiu e leu os textos que máis lle chamaron atención. Deste xeito puidemos gozar de textos clásicos como Deitado fronte ao mar… de Celso Emilio Ferreiro, ou poemas máis innovadores na forma e no contido como Marihuana de Manuel Rivas ou Cerámica de Lupe Gómez.