1ª sesión do Club de lectura co grupo de 1º e 2º da ESO
O luns 18 de novembro iniciou a súa andaina o Club de lectura de 1º e 2º de ESO. Comezamos a sesión ás tres da tarde. O lugar de encontro foi na biblioteca do centro. O grupo confórmano 28 rapazas e rapaces.
Ao comezo fíxose fincapé nos
criterios que tiñamos que ter en conta para formar parte do club, especialmente
en catro aspectos: “o gusto pola lectura,
a mente aberta a novas lecturas, a capacidade de diálogo e unha actitude
respectuosa para coa actividade e cos compañeiros e compañeiras”.
Despois disto deixouse no aire
dúas preguntas, “Por que quero participar
no club de lectura?” e “Que penso que
me vai ofrecer?”, que serviron de puntos de reflexión.
A continuación se lles
comunicou que o libro Poetízate
de Fran Alonso sería o primeiro libro que leriamos. Libro que os
sorprendeu por ser unha antoloxía poética en lingua galega e que fai un percorrido polo poesía galega dende Rosalía de Castro
á actualidade. Explicóuselles que a elección do xénero lírico non obedecía ao azar, senón que viña determinado polo lema Poéticas diversas na biblioteca escolar que escollera a Consellería de Educación.
Neste
punto fíxose unha pequena exposición didáctica das principais características
do xénero lírico, para seguir, dunha
maneira máis lúdica, reflexionando sobre
a definición de poesía que fai Juan Marqués, que di que a poesía é a “Memoria do mundo”. Tamén afirma “ A poesía , aínda que ninguén a
lea, penetra nas conciencias e nas nacións e dá enérxicos empurróns á Historia,
inventa e derruba deuses, funda e destrúe reximes políticos, declara guerras ,
move montañas…”
E estas afirmacións unidas ao cartel que deseñou Nuria Díaz para
ilustrar o lema, mostran moi ben que a poesía está en calquera lugar, ámbito,
obxecto…
A seguir transmitíuselle ao alumnado que nós tamén
trataríamos de gozar da poesía a través de textos de diferentes autores e
autoras, buscando a esencia no cómo e no
qué transmiten.
Finalmente, repartidos os
libros de Poetízate, o
alumnado elixiu e leu os textos que máis lle chamaron atención. Deste xeito
puidemos gozar de textos clásicos como Deitado
fronte ao mar… de Celso Emilio Ferreiro, ou poemas máis
innovadores na forma e no contido como Marihuana
de Manuel Rivas ou Cerámica
de Lupe Gómez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario