Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao
24 may 2021
Curso 2020-2021
Curso 2020-2021
Quinta sesión co grupo de 1º da ESO
O mércores 19 de maio, o club de lectura de 1º de ESO reuniuse nunha nova sesión para ler fragmentos do libro August y yo, intercambiar opinións e valoracións sobre o mesmo; ademais de presentar as lecturas para a última sesión.
Comezouse comentando e opinando sobre os tres personaxes que toman a palabra na obra de August y yo, analizáronse os temas que afloran do mesmo e léronse fragmentos representativos de cada unha das partes dos diferentes narradores.
Despois propuxéronse as dúas lecturas para a última sesión, Sherezade Las mil y una noches e Tonecho de Rebordechao de Breogán Riveiro. No primeiro atoparán múltiples aventuras vividas por personaxes diversos que se moveran en espazos exóticos e alleos a Galicia. No caso de Tonecho de Rebordechao, atoparán un libro cun personaxe infantil que experimentará innumerables vivencias nun espazo rural.
23 abr 2021
Curso 2020-2021
Cuarta sesión co grupo de 3º da ESO
Esta sesión tivo lugar o
mércores 21 de abril. Ao principio comentamos o libro proposto na sesión
anterior Xa non estou aquí de Iria
Misa, o que nos deu pé para falar dos perigos que existen na moda de seguir
os retos que se propoñen desde redes sociais como Instagram, Tik Tok, etc.
Na segunda parte propuxemos o libro Verdad de Care Santos, segunda parte da triloxía composta por Mentira, Verdad e Miedo.
Este libro estaba proposto porque o primeiro da triloxía, Mentira, xa fora lido no curso pasado como libro de lectura obrigatoria de lingua galega. Non obstante, varios dos participantes non tiñan lido o primeiro libro o curso pasado, polo que comentamos o principio da historia , lendo o “prólogo”narrado na voz de Eric, que presenta a súa situación como parte dunha estadística de delitos cometidos por menores.
Finalmente, algúns dos participantes decidiron que ían ler os dous libros para poder seguir a historia desde o principio. Os dous libros se comentarán na próxima sesión no mes de maio.
Curso 2020-2021
Cuarta sesión co grupo de 4º da ESO
A cuarta sesión co grupo de 4º da ESO
aconteceu o día 14 de abril. Comezamos comentando o libro Pulsaciones,
o que nos deu pé para falar dos accidentes de tráfico e as súas consecuencias
ben polo exceso de velocidade, ben pola inxestión de alcol e/ou outras substancias.
Tamén falamos do perigo das motos e das bicicletas cando non somos prudentes
abondo.
Na segunda
parte da xuntanza presentamos o seguinte libro de lectura Xa non estou aquí de Iria Misa.
Limos o preámbulo en voz alta e logo comentamos o perigo de seguir os retos que
se nos propoñen, ben nalgunhas Redes sociais como Tik Tok, Instagram, etc.,
ou ben dentro do grupo de iguais, sen pensar nas consecuencias e nas situacións
perigosas nas que ás veces nos poñemos sen decatarnos.
Curso 2020-2021
Cuarta sesión co Club de lectura de 1º da ESO
O mércores 14 de abril reuniuse o Club de lectura de 1º da ESO.
Esta sería a cuarta sesión deste club. A diferenza das outras xuntanzas, nas
que se dividía o club en dous grupos, nesta ocasión non foi necesario porque
houbo varias baixas, facendo que o grupo quedase reducido a once membros.
Nesta sesión a proposta de
lectura era Amar unha serea de
X. H. Rivadulla Corcón. Igual que outras veces comezouse por facer unha
valoración xeral do libro lido. Despois continuamos con análises dos seus
personaxes, principais e secundarios; analizando, especialmente, os valores que
os caracterizaban. Tamén se comentaron os aspectos que gustaron máis e menos,
as partes máis memorables e os temas que destacan desta lectura. Para
complementar estas análises e reflexións, léronse diferentes fragmentos do
libro.
A continuación propúxose a lectura para a próxima sesión, neste caso é o libro August y yo de Raquel Palacio. Para contextualizar o libro proxectouse o trailer da película Wonder, adaptación do libro Wonder, La lección de August da mesma autora. Con esta proxección quíxose facer unha presentación dos personaxes que toman a palabra na lectura proposta.
12 mar 2021
Curso 2020-2021
3ª sesión do Club de lectura co grupo de 3º da ESO
A 3ª sesión co grupo de 3º tivo lugar o día 5 de marzo, comezamos comentando a historia do libro Pulsaciones para pasar a falar dos accidentes de tráfico, das normas, de que non se debe coller un vehículo se tes bebido alcol, etc.
Despois deste debate propúxoselles o seguinte libro de
lectura: Xa non estou aquí de Iria
Misa.
Curso 2020-2021
3ª sesión do Club de lectura co grupo de 4º da ESO
A terceira reunión co club
de lectura de 4º da ESO tivo lugar o 3 de marzo. Empezamos
comentando o libro proposto na segunda sesión Descoñecidos de David Lozano, o que nos deu a base para
comentar os perigos nas redes sociais, a xente que pode mentirche, as citas en
sitios solitarios, etc. Tamén comentamos os videos do noso blog “Miles de adultos se hacen pasar por niños
para acosar a otros” y “Cita a ciegas”.
Na segunda parte da reunión
propúxoselles o seguinte libro de lectura Pulsaciones
de Javier Ruescas e Francesc
Miralles, que terán que ler para a próxima sesión.










