Cuarta sesión co Club de lectura de 1º da ESO
O mércores 14 de abril reuniuse o Club de lectura de 1º da ESO.
Esta sería a cuarta sesión deste club. A diferenza das outras xuntanzas, nas
que se dividía o club en dous grupos, nesta ocasión non foi necesario porque
houbo varias baixas, facendo que o grupo quedase reducido a once membros.
Nesta sesión a proposta de
lectura era Amar unha serea de
X. H. Rivadulla Corcón. Igual que outras veces comezouse por facer unha
valoración xeral do libro lido. Despois continuamos con análises dos seus
personaxes, principais e secundarios; analizando, especialmente, os valores que
os caracterizaban. Tamén se comentaron os aspectos que gustaron máis e menos,
as partes máis memorables e os temas que destacan desta lectura. Para
complementar estas análises e reflexións, léronse diferentes fragmentos do
libro.
A continuación propúxose a lectura para a próxima sesión, neste caso é o libro August y yo de Raquel Palacio. Para contextualizar o libro proxectouse o trailer da película Wonder, adaptación do libro Wonder, La lección de August da mesma autora. Con esta proxección quíxose facer unha presentación dos personaxes que toman a palabra na lectura proposta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario