Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

8 ene 2021

Curso 2020-2021

 Club de lectura 4º da ESO 

O xoves 17 de decembro de 2020 xuntáronse por primeira vez neste curso os alumnos e alumnas anotados no Club de Lectura de 4º da ESO, o número de asistentes foi 12 (4 rapaces e 8 rapazas).

Para o alumnado de nova incorporación, empezamos explicando en que ía consistir o club de lectura e as normas a seguir, tamén falamos das datas das reunións (que serán unha vez ao mes dependendo das actividades e dos períodos de vacacións). Todos e todas comprometéronse a seguir e aceptar as normas do club, aínda que a algúns e algunhas houbo que lembrárllelas un par de veces adicionais. 

A continuación presentamos o primeiro libro para ler este trimestre. Trátase de Nada de Jane Teller, libro que conta a historia dun grupo de rapaces e rapazas de Secundaria que deciden reunir obxectos esenciais coa fin de demostrarlle ao seu compañeiro Pierre Anthon que hai cousas que dan sentido á vida. Durante este proxecto terán que tomar decisións sobre as súas propias vidas e descubrirán que soamente ao perder algo e cando se aprecia o seu valor. 



Ao rematar quedaron en ler a novela para a próxima sesión despois das vacacións da Nadal.
   






Curso 2020-2021

 Club de lectura 1º da ESO 

O luns 14 de decembro iniciou a súa andaina o Club de lectura co primeiro grupo de 1º de ESO; a sesión do segundo grupo, tamén de primeiro de ESO, foi o mércores 16. A do luns desenvolveuse no salón de actos e a do mércores na biblioteca. As dúas celebráronse na hora de lecer e tiveron unha duración de media hora. O grupo do luns confórmano 10 rapaces e rapazas e o do mércores 7. A sesión, en ambos grupos, iniciouse lembrando os criterios a ter en conta para formar parte do club. Fíxose fincapé en catro aspectos: o gusto pola lectura, a mente aberta a novas lecturas, a capacidade de diálogo e unha actitude respectuosa para coa actividade e cos compañeiros e compañeiras.

Despois disto, deixouse no aire tres preguntas: “Que é un club de lectura?”, “Por que quero participar no club de lectura?” e “Que penso que me vai ofrecer?; que serviron de puntos de reflexión.

A continuación, comunicouselles que o libro Makinaria de Carlos Negro sería o primeiro libro que leriamos. Tamén se lles explicou que a elección do xénero lírico non obedecía ao azar, senón que viña determinado pola necesidade de afondar no xénero lírico, moitas veces pouco recorrido, fronte ao narrativo. Este poemario, mostra como elementos do máis prosaicos e nada inspiradores tamén poden ser poetizables.




Neste punto fíxoselle unha pequena exposición didáctica das principais características do xénero lírico, para seguir, dunha maneira máis lúdica, reflexionando sobre a definición de poesía que fai Juan Marqués, que di que a poesía é a “Memoria do mundo”. Tamén afirma “ A poesía , aínda que ninguén a lea, penetra nas conciencias e nas nacións e dá enérxicos empurróns á Historia, inventa e derruba deuses, funda e destrúe réximes políticos, declara guerras , move montañas...” Afirmacións que mostran moi ben que a poesía está en calquera lugar, ámbito, obxecto e este libro é un bo exemplo.

A seguir transmitiuselles ao alumnado que nós tamén trataríamos de gozar da poesía a través dos poemas de Carlos Negro, buscando a esencia no como e no que transmiten.

Para introducir os poemas de Carlos Negro leuse o epílogo de Rosa Aneiros que recolle moi ben o cerne da poesía deste poemario. Finalmente, repartíronse unhas fotocopias dos primeiros poemas do libro e iniciouse a lectura dos cinco primeiros poemas, entre eles Roedores de caucho, Need for speed... e remataron, reflexionando sobre o contido e a forma dos mesmos



 


3 nov 2020

 Clubs de lectura 2020-2021

 Ola a tod@s, 

Benvid@s a este novo curso tan distinto do anterior. 

Imos empezar cos Clubs de Lectura e para iso necesitamos a vosa colaboración. Se vos gusta ler e queredes participar nos Clubs, pasade pola Biblioteca ou o Dpto. de Galego. 

Agardamos por vos! 
 
 
 
 

 





13 may 2020

Curso 2019-2020


4ª sesion co Club de lectura de 1º e 2º da ESO 



Nesta ocasión era o libro Tonecho de Rebordechao o elixido. Comezamos a sesión cunha presentación. A través de diferentes diapositivas o alumnado ía analizando distintos aspectos da obra. O narrador, os personaxes principais, os espazos nos que se desenvolve a acción e os principais temas. Despois das intervencións do alumnado, lemos diferentes pasaxes do libro. 


Na segunda parte da sesión mostreilles o libro que terían que ler para a seguinte xuntanza. Trátase  do libro August y  yo de R. J. Palacio. Un libro que nos sitúa en USA,  nun contexto urbano , con personaxes preadolescentes  e voces de varios narradores.





 Para que coñeceran os personaxes principais desa obra proxecteilles vinte minutos da película Wonder. Película que é a adaptación do libro homónimo e inicia a serie  á que pertence a obra proposta.

23 mar 2020

Curso 2019-2020

Tempos de cuarentena 


Ola a todos e todas,

Hoxe iamos ter a 4ª sesión do Club de lectura para os cursos de 3º e 4º da ESO antes de que os de 4º marchasedes de excursión a Valencia.

Como na última xuntanza algúns non lerades o libro proposto, hoxe tiña pensado poñervos este vídeo.


E despois de velo e comentalo, o seguinte libro para ler sería A Esmorga do autor galego Eduardo Blanco Amor.

Si, si, xa sei que non tedes acceso aos exemplares da biblioteca do IES, por iso vos animo a que, se non tedes un exemplar desta obra, busquedes en internet ou polas vosas casas libros que chamen a vosa atención e que leades un ou varios deles.

Unha vez que os teñades lidos, podedes mandarme unha mensaxe ou un video á conta de correo do club de lectura: siareirosdapalabra@gmail.com  comentando o libro que escollestes, que vos pareceu, se o recomendades ou non...

Así será unha manera de manter o contacto para cando poidamos reanudar o club, que será dentro de pouco, xa veredes!

Espero as vosas mensaxes. Boa cuarentena!



3 mar 2020

Curso 2019-2020


    3ª Sesión do Club de lectura co grupo de3º e 4º da ESO 

A terceira reunión co club de lectura de 3º e 4º da ESO celebrouse o 2 de marzo. Empezamos comentando o libro proposto na segunda sesión: Rimas y leyendas de Gustavo Adolfo Bécquer, libro que soamente a metade tiñan lido, razón pola que houbo que lembrarlles que o propósito dun Club de Lectura e a lectura e que se non cumpren as normas e as propostas do Club serán expulsados deste.  
Despois pasamos a presentar o seguinte libro Descoñecidos de David Lozano,  libro dunha temática moi actual: os perigos das relacións con descoñecidos por Internet, que nos permite falar dos perigos que existen na mala utilización das redes sociais. 




Terán que traelo lido para a próxima sesión. En principio o libro escollido ía ser Valkiria do mesmo autor, pero houbo que cambialo porque foi o libro de lectura obrigatoria de lingua castelá no trimestre anterior.

Para rematar vimos algúns vídeos da Las pantallas Amigas sobre a temática dos perigos nas redes sociais, para que se decaten de que o problema non son as redes en si senón o mal uso que se fai delas.     

https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=video&cd=9&cad=rja&uact=8&ved=0ahUKEwiWisGIhf7nAhUwyYUKHTNYCaAQtwIIVTAI&url=https%3A%2F%2Fwww.pantallasamigas.net%2Fpantallasamigas-presenta-una-guia-sobre%2F&usg=AOvVaw17RVHOxOdqWIYj4tAmzGhV

Despois vimos o vídeo titulado "Miles de adultos se hacen pasar por niños para acosar a otros".

https://www.facebook.com/150278245637419/videos/749255605509921/







2 mar 2020

Tamen Len 100




O xoves 13 de febreiro de 2020, no salón de actos do instituto, e ante máis de 200 alumnos/as tivo lugar a sesión número 100 da actividade denominada “Tamén Len”.

Esta actividade iniciábase un 7 de febreiro de 2007, e ao longo destes trece anos levan pasados unha chea de invitados e invitadas a lernos algún fragmento literario durante un recreo ao mes. O listado completo de invitados/as e lecturas ao longo destas cen edicións podedes consultalo no seguinte documento.



Nesta sesión especial contamos cos seguintes invitados/as:
-Yolanda Rodríguez, enxeñeira.
- Paco González, mestre-.
-Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda.
-Fran Ojosnegros, sacerdote.
 -Vanesa Viñas, fisioterapeuta.
-Lino Estévez, adestrador.


Por vez primeira o Tamén Len puido ser seguido en directo por internet grazas a colaboración do noso alumnado de Onda Raia que celebraban o “Día da Radio”.

Podedes ver o acto no seguinte enlace: TAMÉN LEN 100 

Podedes ler o especial do Faro de Vigo no seguinte enlace: Faro da Escola.

Ademais dos invitados fomos recibindo ao longo de todo o mes unha serie de vídeos de escritores, músicos, actores e ex-profesores que nos enviaron os seus parabéns polo centenario. A continuación deixámosvos algúns deles: