Club de lectura 4º da ESO
O xoves 17 de decembro de 2020 xuntáronse por primeira vez
neste curso os alumnos e alumnas anotados no Club de Lectura de 4º da ESO,
o número de asistentes foi 12 (4 rapaces e 8 rapazas).
Para o alumnado de nova incorporación, empezamos explicando en que ía consistir o club de lectura e as normas a seguir, tamén falamos das datas das reunións (que serán unha vez ao mes dependendo das actividades e dos períodos de vacacións). Todos e todas comprometéronse a seguir e aceptar as normas do club, aínda que a algúns e algunhas houbo que lembrárllelas un par de veces adicionais.
A continuación presentamos o primeiro libro para ler este trimestre. Trátase de Nada de Jane Teller, libro que conta a historia dun grupo de rapaces e rapazas de Secundaria que deciden reunir obxectos esenciais coa fin de demostrarlle ao seu compañeiro Pierre Anthon que hai cousas que dan sentido á vida. Durante este proxecto terán que tomar decisións sobre as súas propias vidas e descubrirán que soamente ao perder algo e cando se aprecia o seu valor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario