Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

18 nov 2016

Actividades previstas 1617

- Programa de Lecturas mensuais:

-OUTUBRO -Presentación e posta en común das lecturas feitas no verán, para compartilas, falar dos gustos de cadaquen, das normas do Club, das actividades previstas neste curso.

-NOVEMBRO a)-Comentario de Contos por palabras de Agustín Fernández Paz. Achegamento a súa vida e obra.
b) Toma de contacto coa literatura infantil de Carlos Casares mediante a lectura de A galiña azul. A importancia das traducións: O principiño, versión galega de Casares.

-DECEMBRO - a)-Comentario de Rapazas de Agustín Fernández Paz. Características da súa obra.
b) Toma de contacto coa literatura infantil de Carlos Casares mediante a lectura de As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas. Claves para facer unha adaptación dramática dunha obra infantil.

-XANEIRO –Adaptación das obras infantiles de Casares (A galiña azul) e algún relato de Fernández Paz (Contos por palabras) para ser representadas en maio nas distintas escolas do concello.

-FEBREIRO –Adaptación das obras infantiles de Casares (As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas.) e algún relato de Fernández Paz (Rapazas) para ser representadas en maio nas distintas escolas do concello.

-MARZO a)-Comentario de O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz. Claves narrativas desta obra.
b)-Comentario de Vento ferido de Carlos Casares. Claves narrativas desta obra.

-ABRIL a)-Comentario de Lúa de Senegal de Agustín Fernández Paz. Claves narrativas desta obra.
b)-Comentario de Os escuros soños de Clío de Carlos Casares. Claves narrativas desta obra. Posibilidade de realizar algunha curtametraxe a partir dalgún relato.

-MAIO a)-Novela gráfica: Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz. Achegamento a Banda Deseñada gaelga.
b)-Organización de actividades en relación coa figura de Carlos Casares no mes en que se celebra o día das Letras Galegas adicado a súa figura.
a)b) Representación das obras e relatos de Casares e Fernández Paz polos colexios do concello.

 -XUÑO -Saída a Nigrán  ao paseo de Carlos Casares, coa lectura de fragmentos das súas obras.
     
-Tamén Len: Invitación mensual dun lector/a da contorna ou antigo alumno/a para ler un fragmento ou relato e facer debate posterior, no recreo na Biblioteca, aberta a todos. En colaboración co Dpt. de Lingua Castelá

- Presentación de Libros: participación dalgún editor, autor, artista, etc.
-Concurso fotográfico para fomento da lectura: Ler un relato ou  poema de entre  varios aconsellados ou preferidos e realizar unha imaxe fotográfica alusiva acompañada dun título suxestivo. Relacionado co eslogan da BE deste ano:Base de exploracións”

-Elaborar unha fotografía inspirada no mundo da lectura que nos serva de imaxe soporte da nosa andaina lectora e que sexa significativa.

-Concurso de Cali-gramas: relacionado co día dos Namorados ou da Muller.

-Contacontos:, arredor da temática do medo no novembro. O venres 4 en colaboración con Normalización teremos unha sesión especial coa visita de Quico Cadaval.

-O K LIN: nun recreo ao trimestre, na BE, un alumno/a interesado fala sobre  unha lectura do seu gusto e compartimos comentarios cos asistentes.

-Contacto de posible colaboración co Club de Lectura da Biblioteca Municipal.

-  Saídas:
- Excursión literaria de 1 día a Nigrán, ao paseo de Carlos Casares, coa lectura de fragmentos das súas obras. Outras opcións: Rota de sendeirismo no Faro de Entenza “Rincón de Lectura na zona, nunha xornada literaria.

Club de lectura 2016/17

O xoves 17 de novembro iniciamos o Club de Lectura 2016/17 reunindo a todos os membros que este curso se animaron a participar. Explicamos as liñas básicas para este curso, onde nos organizaremos en dous grupos: un arredor da figura de Carlos Casares, a quen se lle adica as Letras Galegas 2017, e por outra banda centrarémonos no recentemente falecido Agustín Fernández Paz. No segundo trimestre tentaremos facer confluír aos dous grupos nunha serie de actividades que iremos comentando.

Nesta primeira sesión aínda tivemos tempo para promocionar a nosa Biblioteca Calixtina grabando un vídeo, seguindo a moda das últimas semanas, facendo "o reto do manequín". Non pode haber millor xeito de quedar paralizando que cun libro nas mans. Aí vos queda:


As vindeiras reunións serán:
-"As laranxas de Carlos Casares": luns 21 de novembro e luns 19 de decembro
-"Agustín Fernández Paz": luns 28 de novembro e luns 12 de decembro

2 sept 2016

FOTO RECOLLENDO O PREMIO E VÍDEOS DOS CONTACONTOS.

Chegou ás nosas mans tarde esta imaxe, por iso a colgamos agora, pero nunca é tarde cando a ocasión o merece, así que quede este documento reflectindo ese momento de subir a recoller o premio que nos deron un curso xa pasado de 2014.

E, como non, queden os vídeos das representacións dos Contacontos  para que os disfrutedes.





29 jul 2016

COUSAS DA VIDA, de CASTELAO.

Foi o luns 13 de xuño que fixemos a sesión de fin de curso do noso Club de Lectura. Pensabamos subir ao Espicho do Faro, o monte perto do insti, e facer alí unha sesión no punto de lectura habilitado nesa paraxe especial, pero un tempo inestable fixo que decidiramos quedar na biblio onde dimos a coñecer, a grandes rasgos, a época do Grupo Nós. 


A intención foi poñer en contexto a obra de Castelao, e decidimos falar dos debuxos tan atractivos e significativos de COUSAS DA VIDA: animais, nenos, mulleres, homes, vellos e caciques, que explican con ironía a realidade do pobo galego daquela, e incluso de agora en algúns aspectos.







Expresar que, ao final da sesión, fixemos os honores ao magnífico debuxo sobre cartón de "DON QUIJOTE E SANCHO" que o profe de Plástica, Nacho, plasmou a petición nosa e a quen lle agradecemos sempre a súa colaboración e boa arte.

7 jun 2016

RECITAMOS POEMAS DE MANUEL MARÍA.

Deixamos enlace ao post de biblosvivos onde consta a crónica deste acto conmemorativo do Día da Letra Galegas adicado ao poeta da Terra Cha (Lugo), Manuel María.

http://biblosvivos.blogspot.com.es/2016/06/recitamos-poemas-de-manuel-maria.html



GRAZAS A TOD@S POLAS VOSAS VOCES 
E POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

4 jun 2016

O CLUB EN MAIO

Os luns 23 e 31 de Maio reunímonos *s Siareir*s da Palabra para preparar o Recital de Poemas de Manuel María, sendo o noso xeito de celebrar o Día das Letras Galegas deste ano.



Quen máis e quen menos desexaba ler, e as persoas máis tímidas acabaron enleándose para collerlle o gusto a ler en público e perderlle o medo aos poucos. A verdade é que nos ensaios demostrouse que o nivel de lectura que teñen está moi, pero que moi ben. 
Sempre é moi ben acollida polo Club a POESÍA e é un gusto escoitalos ler.















Partimos dunha selección previa dos poemas que nos pareceron máis acaídos, montamos unha presentación coas letras e as adornamos con imaxes; repartimos os versos que ía ler cadaquén e vimos o mellor xeito de facelo, a unha ou varias voces, coidando que participara todo o mundo con ánimo, seguindo as pautas básicas para conseguir unha lectura moi lucida. E podemos dicir que o resultado foi moi bo, porque ao público gustoulle e disfrutou co recitado e a variedade de poemas, segundo a opinión xeral. 
Só nos queda dar as grazas ao público asistente, de parte dos Siareiros da Palabra.

4 may 2016

SESIÓN CON DON QUIJOTE

Esta semana foi a que adicamos no IES Pedras Rubias a realizar unha serie de actividades ao redor de "Don Quijote".


Comezamos o luns ben forte: 

-Conversamos sobre este personaxe e o mundo que o rodea, entre os Siareiros da Palabra na sesión do Club de Lectura a mediodía, lendo o principio da obra de Cervantes, para despois comparala coa Banda Deseñada titulada "Don Quijotedebuxada por Flix, autor alemán de cómics que decidiu adaptar libremente o gran clásico e transportalo á chaira alemana na época actual, encarnados, Quijote e Sancho, nun "abuelete" con demencia senil ou alzheimer que protesta e se manifesta polo que considera inxusto a través de cartas que manda á prensa local, "desfacendo entuertos" xunto ao seu neto que, vestido de Batman, fantasea influído polos superheroes do cómic, nunha relación de tenrura e de denuncia da soidade e de problemáticas actuais. Tamén aproveitamos para escoitar de fondo á Banda de música Cultural de Salceda de Caselas interpretando "O Quixote", fantasía sinfónica para narrador e banda de Ferrer Ferrán.



-Preparamos o bosquexo das figuras de "Quijote e Sancho" sobre un cartón a tamaño natural, para despois baleirar un óvalo nas súas faces e poder así meternos na súa pel recitando variadas pasaxes do texto de Cervantes, ademais, claro está, de querer todxs facernos a típica foto coa nosa cara metida nas súas figuras. Grazas unha vez máis ao profe Nacho, que é un artista e aos seus colaboradores.



Deunos tempo nesta reunión a falar tamén doutros temas que foron saíndo nunha conversa moi interesante, onde houbo alumnas que propuxeron crear outros Clubs relacionados con actividades como danza, deportes, temas de actualidade... Teremos en conta a idea, por suposto. Aí queda!!