Este curso temos en marcha tres clubs de lectura. No grupo de alumnado de 2º ESO arrancaron coa obra Un de nós mente, de Karen M. McManus e traducida ao galego por Moisés Barcia Rodríguez, novela de misterio onde cinco estudantes dun instituto quedan castigados nunha aula pero só catro saen con vida. O club de manga continua este curso e abre as lecturas con novos números de Los diarios de la boticaria unha serie escrita por Natsu Hyūga e ilustrada por Touko Shino nas que a protagonista, Maomao, é unha moza boticaria criada polo seu pai adoptivo que tras ser secuestrada e vendida como serventa ao Palacio Imperial, utiliza os seus profundos coñecementos en medicina e velenos para resolver misterios, envelenamentos e enigmas da corte. No club de profes a obra escollida é O silencio non arrola de Adrian Noia, gañadora do Premio Selic de Creación Literaria 2025, a cal ten de fondo a memoria histórica.



No hay comentarios:
Publicar un comentario