3ª sesión cos grupos de 1º da ESO
O luns 1 e o mércores 3 deste mes de marzo, tivo lugar a terceira reunión do club de lectura de 1ºESO.
Nesta ocasión o libro que se tiña para comentar era Boy (relatos de la infancia) de Roald Dahl. A dinámica que se puxo en práctica na sesión foi a lectura de diferentes partes do libro que resultaron interesantes, curiosos ou divertidos. Lemos textos referidos ao pai de Roald, da nai; pero, claro está, os máis comentados foron de diferentes momentos da vida de Roald.
A raíz desas lecturas
comentamos a dureza nos castigos no ensino, incluso con moi pouca idade, a
intransixencia dos mestres ou o abuso de poder dalgúns compañeiros sobre
outros. Comentamos, tamén, as consecuencias que tiñan enfermidades como a
pulmonía ou sarampelo no pasado, fronte a actualidade; tampouco deixou de
sorprender os lugares onde se podía facer unha intervención cirúrxica.
Episodios como o do rato dentro do bote das lambonadas ou o cambio do
tabaco da pipa por excremento de cabra foron os máis esmendrellantes.
Despois desta lectura e análise de Boy, presentouse a nova proposta, neste
caso será un libro en galego, Amar unha serea de X. H. Rivadulla Corcón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario