Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

29 abr 2014

LER en MAN COMÚN destaca os Siareiros da Palabra

Deixamos constancia da mención que a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta vén de facer no seu blog Ler en Man Común, onde destaca a laboura do noso Club de Lectura coa colaboración entre centros educativos, compartindo lecturas e promocionando a narración oral a través da actividade dos Contacontos.

Este luns asistimos á reunión do Club para facer balance da experiencia e intercambiar pareceres. Hai que dicir que mereceu o esforzo, e incluso fomos quen de facer algo de sana autocrítica, xa que sempre hai cousas mellorables.

Tentamos facer o comentario da lectura do libro de Marilar Aleixandre, "A expedición do Pacífico",que quedara aprazado, pero os compañeiros estaban demasiado "efervescentes" para calquera comentario literario, para o que é mester a tranquilidade...


1 comentario:

ana dijo...

Noraboa! Non me extraña porque é unha idea fermosa que serve ademais para creas lazos e fomentar a convivencia.