Consideramos que sería práctico publicalas no noso blog para que todos as teñamos en conta.
I
NORMAS E COMPROMISOS
DOS MEMBROS DO CLUB DE LECTURA
1. É obriga dos membros do club de
lectura ler os libros que propoñen os profesores encargados.
2.
Nas sesións do club, e sempre que haxa intercambio de opinións ou
debate, debemos actuar dacordo co seguinte procedemento:
-Escoitar
en silencio e con respecto a quen estea no uso da palabra.
-Erguer
a man para solicitar intervir.
-Expresarse
razoablemente e nun ton de voz adecuado.
-Evitar
calquera tipo de descalificacións a outros membros que expresen
opinións distintas á propia.
-Non
establecer conversas en pequenos grupos ou parellas que distorsionen o
intercambio xeral de opinións.
3. Rotatoriamente, asumiremos o papel
de moderador /a do debate.
4. Nas sesións nas que se proxecte
algunha película ou calquera audiovisual gardaremos o máis absoluto silencio.
5. Tódolos membros do club de lectura
comprometémonos a asistir como público ós actos denominados TAMÉN LEN, nos que
o instituto convida a unha persoa allea á nosa comunidade escolar para que nos
descubra os seus gustos como lector/a e lea en voz alta para nós. Convén
lembrar que estes actos celébranse sempre no tempo de recreo.
6. Igualmente tódolos membros do club
de lectura adquirimos o compromiso de participar no blog do club e no blog da
biblioteca, deixando as nosas opinións regularmente sobre os libros lidos e as
actividades realizadas, así como suxerencias para o mellor funcionamento,
suxerencias lectoras, críticas de libros, etc.
7. O club de lectura vencéllanos
necesariamente con tódalas outras actividades da biblioteca, ás que asistiremos
e nas que prestaremos a nosa colaboración cando así se nos requira.
8. Adquirimos tamén o compromiso de
velar polo coidado dos espazos de lectura do instituto, nomeadamente a
biblioteca e a sala de lectura de xornais e revistas.
9. O incumprimento destas normas e
compromisos é motivo de exclusión inmediata de tódalas actividades do club. Os
profesores encargados comunicaranlle ao alumno/a que deixa de pertencer ao club
de lectura e, posteriormente, a través do titor/a e da xefatura de estudos
poñerase en coñecemento dos seus pais, aos que se lles indicarán as razóns da
exclusión.
10. É tamén motivo de apartamento
inmediato do club a implicación en calquera alteración da orde das clases, en
incidentes que conleven a expulsión da aula ou noutros que transcorran no
recinto escolar e que supoñan algún tipo de discriminación, maltrato ou
agresión física ou verbal a outros membros da comunidade escolar.
11. Por último, a participación
ordenada nas actividades do club e da biblioteca, e o cumprimento destas normas
e compromisos, recoñeceránselle aos alumnos/as ao finalizar as sesións do club
coa entrega dun diploma de participación. Estar en posesión deste diploma será
mérito preferente para formar parte do club nos próximos anos, se é o caso.
CRITERIOS PARA FORMAR PARTE DO CLUB DE LECTURA
-SER AFECCIONADO Á LECTURA
-ESTAR ABERTO A NOVAS LECTURAS
-LER OS LIBROS ELIXIDOS CON TEMPO
PARA PODER PARTICIPAR E
OPINAR
-QUERER COMPARTIR OS TEUS
COMENTARIOS, CONCLUSIÓNS, EMOCIÓNS
-SABER FALAR E ESCOITAR: APRENDER
A DIALOGAR E DEBATER
-RESPECTAR AS ACTIVIDADES
PROGRAMADAS
-RESPECTAR AS OPINIÓNS PROPIAS E
ALLEAS E DARLLES VALOR
-RESPECTAR AS NORMAS DE ESTANCIA
A MEDIODÍA NO INSTITUTO:
-non subir ao 1º andar, non entrar nas
aulas, ter actitude tranquila
-só podemos estar na Biblioteca, Sala de
Prensa, Patio, Corredores planta baixa
-estar puntuais ás 15h na Biblioteca para
comezar a sesión do Club
-RESPECTAR O HORARIO DA SESIÓN DO
CLUB: 15H-16’15H.
-RESPECTAR O HORARIO DE
PROXECCIÓN DE FILMES: 14’15H-16’25H
-RESPECTAR O VISIONADO DE FILMES
EN SILENCIO E SEN SAÍR DA SALA
-ACEPTAR A DIVISIÓN EN 2 GRUPOS
DE 1º CICLO E 2º CICLO
-ACUDIR A ACTIVIDADES PROGRAMADAS
POLA BIBLIOTECA:
TAMÉN
LEN, PRESENTACIÓN DE LIBROS, EXPOSICIÓNS, RECITAIS, ETC.
-TER UNHA ACTITUDE POSITIVA NAS
CLASES, SEN FALTAS DE ORDE
-PARTICIPAR NOS BLOGS DA B.E. E
DO CLUB DE LECTURA: VISITALOS
REGULARMENTE E DEIXAR COMENTARIOS SE SE DESEXA
-ESTES 15 MANDAMENTOS
PÉCHANSE EN 2:
SABER ESTAR E PARTICIPAR
OS COORDINADORES DO CLUB DE LECTURA
Salceda de Caselas, Outono 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario