Non, non nos esquecimos de todos vós, é que tivemos demasiado traballo
e non tivemos tempo de asomarnos a está
ventá, que agora queremos adornar con esta nova entrada sobre a lectura da
novela de ciencia ficción Fahrenheit 451 de Ray Bradbury, que foi a última que comentamos no faladoiro do
Club de Lectura este mes de Maio. Foi unha conversa moi interesante entre un
pequeno grupo de “siareiros da palabra” e agora queremos que os que non
poidéchedes estar alí, e todos os que así o desexedes e teñades na cabeza esta
atractiva historia, crítica coa sociedade real a través dun futuro hipotético,
teñades a ben deixar escritos os vosos comentarios e pareceres sobre este
libro, que esperamos impacientes.
Premendo no enlace do título podedes visionar unha das escenas máis famosas da adaptación cinematográfica feita por François Truffaut en 1966.
TÍTULO: Fahrenheit
451
AUTOR: Ray Bradbury
LUGAR DE
PUBLICACIÓN: Vigo
EDITORIAL: Edicións
Xerais de Galicia
COLECCIÓN: Fóra de
Xogo
ANO DE PUBLICACIÓN:
1953
PUBLICADO EN GALEGO:
2005
PREMIOS:
SOBRE O AUTOR:
Ray
Bradbury naceu en 1920 en Waukegan, Illinois. Durante a Gran Depresión
trasladouse coa súa familia a Os Ánxeles, onde se graduou en 1938 en Os Ánxeles
High School. A súa educación académica acabou aí, pero continuou formándose por
conta propia ata que en 1943 convertiuse en escritor profesional.
As súas obras máis coñecidas son Crónicas marcianas (1950), O home ilustrado (1951) e Fahrenheit 451 (1953). Bradbury non só é
novelista, tamén escribiu innumerables guións de televisión, ensaios e poemas.
A súa preocupación como escritor non só se centra en cuestionarse o modo de
vida actual, tamén se adentra no reino do fantástico e marabilloso, cun estilo
poético e, ás veces, provocativo. Na súa nenez, Bradbury foi moi propenso aos
pesadelos e horribles fantasías, que acabou por plasmar nos seus relatos moitos
anos despois.
ARGUMENTO: Fahrenheit 451 é a temperatura á cal nun libro
prende o lume e arde. Guy Montag é bombeiro, pertence ao Departamento do Lume
que persegue os disidentes que se atreven a ler, e o seu traballo consiste en
queimar libros, que están prohibidos e son fonte de discordia e infelicidade.
Montag séntese desgraciado: o seu matrimonio está en crise. Acaso hai libros
agochados na súa casa?. Un clásico da literatura do século XX, antiutopía en
que os libros están prohibidos e un grupo secreto de libros viventes se
esforzan en transmitir de boca en boca a antiga cultura.
CUESTIÓNS:
1-Tema (en dúas liñas)
2-Argumento (máximo 20 liñas)
3-Caracterización dos personaxes principais.
4-Describe a sociedade da historia e como son
as persoas que viven nela.
5-Cres posible un mundo sen literatura, sen
contos, sen libros?
6-Conclusión e valoración persoal.
Tamén nos gustaría que lle botásedes unha ollada ao seguinte video sobre unha curiosa
experiencia que xurdiu aquí en
España, baseada na existencia de “persoas libro” que os memorizan para
poder contalos e que pervivan na nosa memoria oral.
Interesante, non?
Os coordinadores do Club de Lectura
1 comentario:
Onte, cando publicamos esta entrada, descoñecíamos a nova da morte de Ray Bradbury, sirva pois agora coma a nosa homenaxe póstuma.
Publicar un comentario