Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

30 ene 2019

Curso 2018-2019

 3ª Sesión do Club de lectura de 3º e 4º da ESO 


A terceira reunión co club de lectura de 3º e 4º da ESO celebrouse o día 28 de xaneiro

Empezamos comentando o libro proposto na segunda sesion Xa non estou aqui de Iria Misa. Tras lembrar alguns detalles da historia, tivemos un pequeno debate sobre as drogas, o alcol, os accidentes de tráfico e moitos comportamentos estúpidos (como os erros da protagonista) que levan á morte prematura de moitos xovenes.

Despois passamos a presentar o seguinte libro Pulsaciones de Javier Ruescas e Francesc Miralles, que cadra moi ben tra-la lectura do anterior xa que así poderemos seguir falando de educación vial coa fin de previr accidentes. Terán que traelo lido para a próxima sesión a finais de febreiro.  








Curso 2018-2019


            3ª sesión co Club de Lectura de 1º e 2º ESO
                
O día 21 de xaneiro celebrouse a terceira sesión do Club de Lectura para o alumnado de 1º e 2º ESO.
            
Durante a sesión os participantes tiveron que demostrar, por medio da realización dun resumo, que tiñan lido o libro proposto Nata y chocolate invencibles de Alicia Borrás Sanjurjo. A maioría dos asistentes si o fixeron pero houbo algúns alumnos / as que non estar a cumprir coas normas do Club de Lectura e que ademais mostran un comportamento moi incorrecto polo que foron expulsados.

Ademais da realización do resumo tamén se animou aos participantes a profundizar nos aspectos máis relevantes do libro e analizar aos personaxes máis importantes.

A seguinte sesión realizarase aproximadamente dentro de un mes e o libro  que teñen que ter lido é Contos por palabras de Agustín Fernández Paz.


9 ene 2019

Curso 2018-2019


2ª sesión co grupo de 1º e 2º da ESO 


O luns 17 de decembro realizouse na Biblioteca do Centro a segunda sesión do Club de Lectura para 1º e 2º ESO.

En primeiro lugar pasouse lista ao alumnado asistente que foi algo inferior ao que participou na primeira sesión.

A continuación comentouse o libro titulado Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure e que os alumnos e alumnas tiñan lido. Todos e todas mostraron o seu agrado polo libro e, coma non lle deu tempo a ler o outro libro proposto, Nata y chocolate invencibles, de Alicia Borrás Sanjurjo, decidimos deixalo para a segunda avaliación.



Nesta segunda avaliación tamén Terán que ler Contos por palabras de Agustín Fernández Paz.




12 dic 2018

Curso 2018-2019

2ª Sesión do club de lectura co grupo de 3º e 4º da ESO 


O 10 de decembro de 2018 tivo lugar a segunda sesión do grupo de 3º e 4º da ESO tocaba traer lido 22 segundos e falar sobre el. A conversa encheuse coas distintas opinións dos e das participantes, falamos de temas como a integración, a tolerancia, o respecto á diversidade, etc. 

En xeral, o libro gustoulles, salvo algunhas contadas excepcións, coa idea xeral de que nos conta unha situación “casi” ideal con respecto a este tema. O libro realmente o que nos conta é como “debería” tratarse este tema. En canto aos personaxes, o avó foi o favorito sen discusión.

   Ao estar na tempada de exames e con moitos nervios houbo que lembrarlles as normas do club, saber estar, participar, respectar as quendas de palabra, etc. O propósito é seguir ditas normas na próxima sesión.

   Finalmente presentamos o próximo libro Xa non estou aquí da escritora Iria Misa, limos os dous primeiros capítulos e comentamos sobre os perigos aos que están expostos os e as adolescentes (accidentes, drogas, intoxicacións, etc.)


28 nov 2018

Curso 2018-2019

1ª sesión do Club de lectura 1º e 2º da ESO


O luns 19 de novembro realizouse na Biblioteca do Centro a primeira sesión do Club de Lectura deste curso para o alumnado de 1º e 2º ESO.

Despois de pasar lista a todos os asistentes, léronse e comentáronse as normas para formar parte deste Club. A continuación o alumnado foi informado dos dous títulos propostos para esta avaliación: en galego: Palabras de caramelo de Gonzalo Moure , libro do que se leron en voz alta unhas páxinas durante esta primeira sesión. 




E en segundo lugar Nata e chocolate invencibles de Alicia Borrás Sanjurjo en castelán.


            
A próxima sesión terá lugar o luns 17 de decembro.

15 nov 2018

Curso 2018-2019


1ª Sesión do Club de lectura de 3º e 4º da ESO 

    

 O día 12 de novembro xuntámonos por primeira vez os alumnos e alumnas anotados no Club de Lectura de 3º e 4º da ESO, o número de asistentes foi  17  

   Empezamos explicando en que ía consistir o club de lectura, falamos das datas das reunións (que serán unha vez ao mes dependendo das actividades e dos períodos de vacacións)  Todos e todas comprometéronse a seguir e aceptar as normas do club.  

     A continuación presentamos o primeiro libro para ler este trimestre. Trátase de 22 segundos  de Eva Mejuto, un libro doado de ler que nos narra a transexualidade de Alex, que naceu con corpo de nena, e o seu tránsito ata o momento que sube a Internet un vídeo explicando que a partir de agora xa non é “Xela” senón “Alex”. O título do libro fai referencia ao tempo que tarda o vídeo en cargarse na rede.



     Aínda que este libro estaba programado para o 2º trimestre, pareceunos axeitado incluilo neste comenzo de curso xa que cuadra moi ben co tema do 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, para poder falar da discriminacion, da falta de respeto, do odio a todo o que é diferente, etc.
    Xa para rematar lemos en alto e por turnos o primeiro e o segundo capítulo do libro e quedaron en ler a novela para a próxima sesión en decembro.  


21 sept 2018

Curso 2018-2019

Bos días,

Desde o Club de lectura dámovos a benvida a todos e todas a este novo curso escolar. 

Lémbrade que se estades interesados ou interesadas en participar nos Clubs de lectura deste curso, tedes que pasar pola Biblioteca para anotarvos. 

Saúdos e bo curso. 

As coordinadoras do Club de lectura