Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

12 feb 2026

DECEMBRO

 O luns19 de decembro, para rematar as sesións deste trimestre do club de lectura, reunímonos de novo para ler e comentar a obra de banda deseñada TAM. Fixemos a lectura compartida e logo intercambiamos opinións. Gustounos esta banda deseñada escrita por Anémona de Río, pseudónimo de Aldara Álvarez García, Vigo, 1995. Gustoulle debuxar dende sempre pero nunca o contemplou como unha profesión ata que en 2013 entrou na escola de cómic e banda deseñada O Garaxe Hermético, onde participou en dous álbums: 221BD e Verne imaxinado. O seu proxecto Tam gañou o Premio Fin de Curso e foi publicado por Retranca Editora. Durante estes anos tamén realizou varias tiras cómicas para o Diario de Pontevedra. En 2019, gañou o I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético con A proba de auga. Actualmente dedícase a facer encargos personalizados. Pódense atopar máis mostras do seu traballo en Instagram e Twitter en @anemonaderio.

Aquí vos deixamos unhas fotiños da sesión. 




O club de manga segue coas súas reunións semanais no recreo dos martes e coa súa participación no chat que temos na aula virtual destinado ao club.  En cuarto non puidemos realizalo por enfermidade da profesora que o coordina.

NOVEMBRO

 Neste mes celebramos unha nova sesión do club de lectura:

- no club manga seguen reuníndose semanalmente e, ademais de comentar Hanko Kun, aprenden moito de debuxo manga coas indicacións dalgunha das participantes no club: 






- no grupo de 1º de ESO comentamos este mes o libro Dúas bágoas por máquina, de Fina Casalderrey que nos transmitiu a importancia do amizade e do cariño entre humanos e animais: 

SESIÓNS DO CLUB DE LECTURA

  Arrancamos este novo curso coa nosa biblio en obras. Ampliouse o espazo de xeito que contamos cun lugar máis acolledor e lumninoso. Comezamos polo tanto o camiño este ano moi devagar ata que todo estea listo. Esperamos que vos guste e contamos coa vosa visita. 

Neste curso continuamos co club de manga que amplia o número de integrantes e contamos con outros dous, un de 1º de ESO e outro de 3º e 4º. Arrancamos en outubro, mes no que se realizaron as primeiras sesións. En 1º comezamos coa lectura de Trece avisos de Paula Carballeira para adentrarnos no mundo do sobrenatural de xeito entretido e ir así achegándonos ao noso Samaín e a cultura popular relacionada co medo. En cuarto escollemos unha obra breve pero moi intensa que nos fará reflexionar sobre a barbarie das guerras, Enderezo descoñecido de Kressman Taylor. As reunións de manga lévanse a cabo todos os martes no recreo e a primeira dos outros dous grupos foi este luns 20 de outubro. Queremos mostrarvos aquí a creatividade que amosan os membros do club manga xa que nesta primeira reunión, na que analizaron a saga Hanako Kun, crearon uns debuxos fantásticos que aquí vos mostramos. 

 

 

3 jun 2025

ültima sesión de manga

  Onte na última sesión do club de manga deseñaron unha chulísima bolboreta como a que protagoniza algunhas páxinas do manga que leron: Hanako Kun. Grazas á profe Helga por levar o club e á profe ESther de plástica que axudou no deseño da bolboreta. Agardamos continuar co club o próximo curso. Aquí vos deixamos a testemuña gráfica:






Novas sesións en maio

 Hoxe 26 de maio tivemos unha nova sesión do club de lectura. Por unha banda no grupo de primeiro da ESO seguimos coa dramatización da obra Dormente de Raquel Castro. As nosas actrices convertéronse nos personaxes da obra e deron voz a todos eles dun xeito fantástico. Por outra banda o club de manga adentrouse na nova lectura Hanako Kun de Aida Iro e compartiron as súas impresións de xeito moi entretido. 





 






Club lectura marzo

 Este luns 31 tamén nos reunimos no club de lectura. No club manga falaron de My Hero Academia, en 3º ESO leron Fóra de campo e en primeiro dramatizamos o comezo de Dormente de Raquel Castro. Aquí van unhas fotiños das marabillosas actrices.







Club lectura febreiro

 O 3 de febreiro celebramos novas reunións do club de lectura. No de 1º ESO entramos no mundo virtual dos videoxogos coa obra de Paula Carballeira Wombo Combo e ao final da reunión cada lectora creou o seu propio avatar tal como vedes aquí:


No grupo de 3º ESO leron Fóra de campo de Rosalía Fernández Rial, obra coa que gañou o Premio Roberto Vidal Bolaño 2024 de teatro. No club de manga tiveron unha interesante conversa con Uxía Samartín, experta en anime na que aprenderon mesmo a deseñar os seus propios disfraces de manga. Aquí vai a mostra gráfica: