Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

5 jun 2018

Curso 2017-2018


                                   Sesión do 28 de maio de 2018 

O día 28 de maio tivemos a última sesión do Club de lectura de 1º e 2º da ESO. Tocaba traer lido o libro A historia de Julian. Falamos dos matóns e a posibilidade que este libro ofrece de ver o outro lado da historia, xa que case sempre se nos presenta a historia do/a acosado/a, e non do/a maltratador/a.Despois comparamos e comentamos as tres historias e dicimos cal nos gustou máis. Empate entre Julian e Charlotte, e a que menos gustou foi a de Christopher.



A continuación pasamos a facer presentación da vida e obra de Mª Victoria Moreno, explicándolles e comentando as obras desta autora que temos na nosa BE, recomendando a lectura dalgunha das súas obras e destacando a súa importancia como pioneira na escritura en galego de historias para rapaces e adolescentes. 








Para rematar fixemos distintas recomendacións de lecturas para o verán e nos dedicamos a investigar polos estantes da BE na procura de libros que interesen de cara ás vacacións de verán.  

¡Vémonos no próximo curso!  ¡Ata pronto!

Curso 2017-2018


SESIÓN DO LUNS 14 DE MAIO DE 2018

Finalizamos con VAN GOGH, nunha estraña sesión de escasa asistencia e pouca lectura. A sobrecarga e a competencia entre actividades minguou a afluencia. O libro proposto era O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS, do escritor Marcos Calveiro.



Tras uns breves comentarios de (re)presentación do libro, dalgúns detalles da vida do pintor e das circunstancias da súa morte (o que se intúe no libro e a teoría recente dos escritores Steven Naifeh e Gregory White Smith en VAN GOGH: LA VIDA. Ver: https://elpais.com/diario/2011/10/18/cultura/1318888804_850215.html ), puxémonos coa película de Robert Altman VAN GOGH, LA PELÍCULA:





Curso 2017-2018


                             Excursión do día 3 de maio de 2018 

O día 3 de maio os membros dos dous Clubs de lectura fixemos unha excursión á cidade de Pontevedra, xa que Mª Victoria Moreno, figura a que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, pasou a maior parte da súa vida nesta cidade. 



 Comezamos a excursión cun paseo polo casco vello da cidade, cunha parada na Igrexa de Santa María onde puidemos subir ao campanario e ter unha vista de paxaro da cidade. 







Continuamos o paseo pola zona vella vendo as estatuas de Valle Inclán e a o grupo escultórico do artista César Lombera da Plaza San José, que recrea una tertulia de intelectuais galegos do século XX. Esta obra de arte rememora as tradicionais tertulias políticas, literarias e culturais que ao longo do século XX se realizaban no Café Moderno. As esculturas, realizadas en bronce a tamaño natural, mostran ao músico Manuel Quiroga que interpreta una pieza co seu violín, de pé e ante un grupo composto por Carlos Casares, tamén de pé, e sentados están Castelao, Ramón Cabanillas, Valentín Paz Andrade e Alexandre Bóveda. O grupo escultórico inclúe dúas cadeiras valeiras, que poden utilizarse como un elemento integrador co público a modo de invitación a sentarse. 








A seguinte parada foi no Museo de Pontevedra, onde puidemos admirar pinturas, esculturas, debuxos, gravados, obxectos arqueolóxicos, moedas, instrumentos musicais, útiles da vida cotiá, mobles, xoias, etc. Obxectos que permiten coñecer, a través do seu estudo, a evolución da sociedade galega desde os seus inicios máis remotos ata a actualidade. 







Finalmente, cando salíamos do Museo para volver ao autobús, atopamos ao Youtuber Gollegz, que se fixo unhas fotos cos seus fans. 

 Foi unha excursión moi ben aproveitada.¡Mágoa que rematase! . Esperamos a do próximo curso.

30 may 2018

Curso 2017-2018


                                       Sesión do 16 de abril de 2018

   Finalmente puidemos facer a 6ª sesión do Club de lectura de 1º e 2º da ESO, tras excursións, avaliacións e vacación de Semana Santa. Tocaba traer lido o libro da saga Wonder, Charlotte tiene la palabra.




    Comentamos o argumento do libro, os problemas que atinxen máis ás rapazas e como poder resolvelos máis adecuadamente. Tamén falamos da amizade, dos vínculos que se crean entre as distintas persoas e de que a amabilidade sempre debe ser a norma a seguir.
    Vimos algúns vídeos de internet sobre a película e os actores e tamén un vídeo sobre rapaces e rapazas con malformación craneofacial, como lle acontece a August.
    Ao final da reunión iamos pasar a propoñer o seguinte libro programado, pero por unanimidade pediron ler o libro da saga que nos queda: La historia de Julian



A lectura deste libro nos permitirá entender o que pensa o matón e porque se comporta así con August. 

Finalmente para rematar vimos os vídeos: “Di no al acoso escolar” 





E tamén a canción de El Langui “Se buscan valientes”.


https://www.google.com/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=video&cd=9&cad=rja&uact=8&ved=0ahUKEwiul-j4hq3bAhVlJcAKHY27C5EQtwIIPzAI&url=http%3A%2F%2Fwww.dailymotion.com%2Fvideo%2Fx5rx1gu&usg=AOvVaw1-zTtyKbL8rreTVfoQLXhK



Curso 2017-2018

SESIÓN DO LUNS 9 DE ABRIL DE 2018

       Nova xuntanza co grupo de 3º e 4º ESO. 
       Continuando coas lecturas relacionadas coa arte, hoxe achegámonos a Goya. A sesión centrouse, nunha primeira parte, na lectura e comentario (variado: dende o vocabulario ata as aclaracións históricas necesarias para a comprensión) do primeiro capítulo do libro EL VUELO DE LA RAZÓN, de Vicente Muñoz Puelles, centrado no cadro A FAMILIA DE CARLOS IV: De Museo Nacional del Prado: 

  
Chamou a atención o traballo de composición e organización do cadro, así como o carácter  rabudo do príncipe Fernando, o futuro Fernando VII, na procura da súa preeminencia:


Na segunda parte da sesión proxectamos o documental de José Luis López-Linares titulado GOYA EN TIEMPOS DE GUERRA.