Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

12 feb 2026

SESIÓNS FEBREIRO

  Neste mes, o 9 de febreiro, reuniuse de novo o grupo de cuarto da ESO para comentar, desta volta, as poesías de Carlos Negro. As obras escollidas foron Maquinaria e Aplicación instantánea nas que o autor conecta moi ben coa rapazada cunha poesía fresca, directa e coa súa propia linguaxe. 



O club de profes reuniuse o 11 de febreiro para comentar unha existosa obra de Laettitia Colombini, A trenza. Gustounos moito e gozamos coa lectura das tres historias protagonizadas por tres mulleres de lugares moi distantes (Canadá, India, Italia). Cada unha delas vive unhas circunstancias moi diferentes inzadas de obstáculos, emocións, retos e loitas persoais que nos amosan a problemátca social e persoal á que cada unha delas ten que enfrontarse. O final da obra entrelaza as tres vidas de xeito sorprendente. Cunha prosa fácil e que engancha dende o comezo a autora fíxonos emocionar. A versión cinematográfica, dirixida pola propia autora, tamén está dispoñible. 


CLUB LECTURA XANEIRO

 Hoxe xuntámonos de novo no club de lectura. No grupo de 3º e 4º ESO comentaron La foto de los mil me gusta, de Nando López, unha obra de teatro fresca e actual que lles gustou. En primeiro de ESO comentamos as lecturas que levamos para o Nadal de escolla propia. Títulos como O neno do pixama de raias, Crónicas de la torre, Mitos griegos ou Pulsaciones espertaron a curiosidade nos membros do grupo que non as leran para coñecelas. Para o próximo encontro leremos La foto de los mil me gusta. Deixamos unha fotiño do encontro. Agardámosvos na biblio!!!💚

DECEMBRO

 O luns19 de decembro, para rematar as sesións deste trimestre do club de lectura, reunímonos de novo para ler e comentar a obra de banda deseñada TAM. Fixemos a lectura compartida e logo intercambiamos opinións. Gustounos esta banda deseñada escrita por Anémona de Río, pseudónimo de Aldara Álvarez García, Vigo, 1995. Gustoulle debuxar dende sempre pero nunca o contemplou como unha profesión ata que en 2013 entrou na escola de cómic e banda deseñada O Garaxe Hermético, onde participou en dous álbums: 221BD e Verne imaxinado. O seu proxecto Tam gañou o Premio Fin de Curso e foi publicado por Retranca Editora. Durante estes anos tamén realizou varias tiras cómicas para o Diario de Pontevedra. En 2019, gañou o I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético con A proba de auga. Actualmente dedícase a facer encargos personalizados. Pódense atopar máis mostras do seu traballo en Instagram e Twitter en @anemonaderio.

Aquí vos deixamos unhas fotiños da sesión. 




O club de manga segue coas súas reunións semanais no recreo dos martes e coa súa participación no chat que temos na aula virtual destinado ao club.  En cuarto non puidemos realizalo por enfermidade da profesora que o coordina.

NOVEMBRO

 Neste mes celebramos unha nova sesión do club de lectura:

- no club manga seguen reuníndose semanalmente e, ademais de comentar Hanko Kun, aprenden moito de debuxo manga coas indicacións dalgunha das participantes no club: 






- no grupo de 1º de ESO comentamos este mes o libro Dúas bágoas por máquina, de Fina Casalderrey que nos transmitiu a importancia do amizade e do cariño entre humanos e animais: 

SESIÓNS DO CLUB DE LECTURA

  Arrancamos este novo curso coa nosa biblio en obras. Ampliouse o espazo de xeito que contamos cun lugar máis acolledor e lumninoso. Comezamos polo tanto o camiño este ano moi devagar ata que todo estea listo. Esperamos que vos guste e contamos coa vosa visita. 

Neste curso continuamos co club de manga que amplia o número de integrantes e contamos con outros dous, un de 1º de ESO e outro de 3º e 4º. Arrancamos en outubro, mes no que se realizaron as primeiras sesións. En 1º comezamos coa lectura de Trece avisos de Paula Carballeira para adentrarnos no mundo do sobrenatural de xeito entretido e ir así achegándonos ao noso Samaín e a cultura popular relacionada co medo. En cuarto escollemos unha obra breve pero moi intensa que nos fará reflexionar sobre a barbarie das guerras, Enderezo descoñecido de Kressman Taylor. As reunións de manga lévanse a cabo todos os martes no recreo e a primeira dos outros dous grupos foi este luns 20 de outubro. Queremos mostrarvos aquí a creatividade que amosan os membros do club manga xa que nesta primeira reunión, na que analizaron a saga Hanako Kun, crearon uns debuxos fantásticos que aquí vos mostramos.