Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

27 may 2024

Sesións dos clubs de lectura

Lembramos as sesións do club de lectura que celebramos no terceiro trimestre. O 8 de abril xuntáronse os de 1º e  2º ESO para coñecer a obra A lavandeira de San Simón de Eva Mejuto, unha novela gráfica que nos leva a tempos da memoria histórica a través dunha emotiva historia. O 15 de abril foron os de 1º BACH e 4º ESO os que se runiron para comentar a obra Nómades de Xosé Tomás, unha ollada reflexiva sobre diferentes problemáticas sociais que atinxen á muller. Por fin o martes 16 de abril o club de profes tivo o pracer de realizar a súa reunión co escritor Manuel Portas, autor da obrPor puntos que resultou ser unha entretida lectura sobre a que puidemos conversar con el. Moi agradecidas e agradecidos pola súa presenza.

No mes de maio realizamos as últimas reunións do club de alumnado. O luns 13 de maio o club de 1º e 2º ESO reuniuse para seguir coñecendo máis  cousiñas da obra de Eva Mejuto, A lavandeira de San Simón, e sobre a historia da Illa de San Simón como campo de concentración. O alumnado de 1º BACH e 4º de ESO reuniuse para facer unha lectura dramatizada da obra A derradeira bala de Fernando Castro Paredes,  gañadora do I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño convocado polo IES Ribeira do Louro (2018). Resultou unha sesión moi amena e divertida.