Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

23 ene 2018

Curso 2017-2018

                           Sesión do 13 de novembro de 2017
   
Nesta data xuntámonos por primeira vez os alumnos e alumnas anotados no club de lectura de 1º e 2º da ESO, o número de asistentes foi 25.  

   Como para moitos deles este é o seu primeiro ano no IES, empezamos explicando en que ía consistir o club de lectura e seguidamente falamos das datas das reunións (que serán cada 2 ou 3 semanas dependendo das actividades e dos períodos de vacacións). Para rematar a introducción, deilles unha folla coas normas do club, que fomos lendo en alto por turnos. Tras esta lectura todos e todas comprometéronse a seguir e aceptar ditas normas.  


     A continuación falamos das lecturas que fixeron no verán e fixéronse algunhas recomendacións e seguidamente presentamos o primeiro libro para ler este trimestre. Trátase de O enigma de Mona Lisa  de María Noel Toledo, que recibiu o Premio Onetti Infantil no 2014. 



   Aínda que este libro estaba programado para o 2º trimestre, pareceume axeitado incluilo neste comenzo de curso xa que o tema dos equipos mixtos de fútbol estaba a ser moi debatido nas tutorías e nas horas de Educación Física.

    Xa para rematar lemos en alto e por turnos o primeiro capítulo do libro e quedaron en ler a metade da obra (ata o capítulo 7) para a próxima sesión. 

No hay comentarios: