Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

12 dic 2019

Curso 2019-2020

2ª sesión coa 1ª metade e a 2ª metade do grupo de 1º e 2º da ESO 


A segunda sesión do Club de Lectura celebrouse o día 9 de decembro de tres a catro e dez, pero esta segunda xuntanza fíxose só con doce  alumnos e alumnas de 1º de ESO e o día 16 de decembro, tamén de tres a catro e dez, para alumnado de 2º de ESO ( sete alumnas e 1 alumno). Para os dous grupos  sesión estivo dividida en dúas partes:

Como estableceramos na primeira sesión, cada membro do club, despois da lectura do libro, tiña que facer unha preselección de dez poemas e deses escoller dous  que traerían  marcados  no libro ou escritos nun folio. 
A primeira parte da actividade estivo centrada na lectura deses poemas seleccionados.  O alumnado despois de dicir o nome do autor ou autora e título do libro no que se atopaba, ía lendo de forma  voluntaria os seus poemas,  despois da lectura faciamos unha reflexión sobre o contido dos  textos ou algún comentario oportuno sobre o ou a poeta. 

A segunda parte da sesión comezou cunha presentación en power point de aspectos relevantes do  segundo libro proposto, Mande su hijo a Marte de Fernando Lalana,  neste caso en castelán. Nesa presentación, formada por cinco diapositivas, o alumnado recibiu información  do título, autor, xénero, subxénero,  argumento, personaxes principais e valores que transmite o libro. Ademais tiveron a oportunidade de tocar o libro e ler as oito primeiras páxinas nas que o alumnado  viaxou ata o século XXIII e coñeceu a protagonista da nova aventura lectora,  creando nos e nas participantes grandes expectativas.





Foron unhas sesións enriquecedoras nas que todos gozamos coa lectura de poesía e narrativa.

21 nov 2019

Curso 2019-2020

1ª sesión do Club de lectura co grupo de 1º e 2º da ESO 

O luns 18 de novembro iniciou a súa andaina o Club de lectura de 1º e 2º de ESO. Comezamos a sesión ás tres da tarde. O lugar de encontro foi na biblioteca do centro. O grupo confórmano 28 rapazas e rapaces. 
    Ao comezo fíxose fincapé nos criterios que tiñamos que ter en conta para formar parte do club, especialmente en catro aspectos: “o gusto pola lectura, a mente aberta a novas lecturas, a capacidade de diálogo e unha actitude respectuosa para coa actividade e cos compañeiros e compañeiras”.
Despois disto deixouse no aire dúas preguntas, “Por que quero participar no club de lectura?” e “Que penso que me vai ofrecer?”, que serviron de puntos de reflexión.

A continuación se lles comunicou que o libro Poetízate de Fran Alonso sería o primeiro libro que leriamos. Libro que os sorprendeu por ser unha antoloxía poética en lingua galega e que fai un percorrido polo poesía galega dende Rosalía de Castro á actualidadeExplicóuselles que a elección do xénero lírico non obedecía ao azar, senón que viña determinado polo lema  Poéticas diversas na biblioteca escolar que  escollera a Consellería de Educación. 




















Neste punto fíxose unha pequena exposición didáctica das principais características do xénero lírico, para seguir,  dunha maneira máis lúdica,  reflexionando sobre a definición de poesía que fai Juan Marqués,  que di que a poesía é a “Memoria do mundo”. Tamén afirma “ A poesía , aínda que ninguén a lea, penetra nas conciencias e nas nacións e dá enérxicos empurróns á Historia, inventa e derruba deuses, funda e destrúe reximes políticos, declara guerras , move montañas…” E estas afirmacións unidas ao cartel que deseñou Nuria Díaz para ilustrar o lema, mostran moi ben que a poesía está en calquera lugar, ámbito, obxecto…

A seguir  transmitíuselle ao alumnado que nós tamén trataríamos de gozar da poesía a través de textos de diferentes autores e autoras, buscando a esencia no cómo e  no qué transmiten.
Finalmente, repartidos os libros de Poetízate, o alumnado elixiu e leu os textos que máis lle chamaron atención. Deste xeito puidemos gozar de textos clásicos como Deitado fronte ao mar… de Celso Emilio Ferreiro, ou poemas máis innovadores na forma e no contido como Marihuana de Manuel Rivas ou Cerámica de Lupe Gómez.




















12 nov 2019

Curso 2019-2020

1ª sesión co Grupo de 3º e 4º ESO 


O día 11 de novembro de 2019 xuntámonos por primeira vez os alumnos e alumnas anotados no Club de Lectura de 3º e 4º da ESO, o número de asistentes foi 25.

Para o alumnado de nova incorporación, empezamos explicando en que ía consistir o club de lectura e as normas a seguir, tamén falamos das datas das reunións (que serán unha vez ao mes dependendo das actividades e dos períodos de vacacións). Todos e todas comprometéronse a seguir e aceptar as normas do club, aínda que a algúns e algunhas houbo que lembrárllelas un par de veces máis.  

     A continuación presentamos o primeiro libro para ler este trimestre. Trátase de Os nenos da varíola de María Solar. Como introdución falamos brevemente da enfermidade da varíola na historia da humanidade, o descubrimento da vacina e a situación actual.   


    Para introducilos na época do libro, vimos uns fragmentos da película 22 almas, que tamén se centra na historia de Isabel Zendal e dos 22 orfos do hospicio de A Coruña que levaron a vacina a América coa fin de familiarizalos coa forma de vivir de aqueles tempos en contraste coa situación actual. Ao rematar quedaron en ler a novela para a próxima sesión en decembro. 

10 oct 2019

Curso 2019-2020

Club de lectura 


Ola,

Benvidos a todos e a todas ao novo curso escolar. Invitámovos a que participedes no Club de Lectura. Podedes anotarvos na Biblioteca. 

Agardamos por vos  

As coordinadoras do Club de Lectura 

17 jun 2019

Curso 2018-2019

Última sesión do club de lectura cos dous grupos 



O día 17 de xuño tivemos a última sesión cos dous grupos para comentar a traxectoria deste curso nos dous grupos de Clubs de lectura. 

En primeiro lugar pasámoslles un pequeno cuestionario e démoslles tempo para preparar as respostas, que despois colgamos no noso blog. Estas son algunhas delas: 

Grupo de 1º e 2º da ESO 

O libro que máis me gustou foi Nata y chocolate invencibles  porque se me fixo máis entretido e gustoume a parte do libro na que se puxo tensa a cousa por saber que lle pasaba a Pedro.  O que menos me gustou foi o de 111 poemas de amor: de todo corazón  porque pareceume moi aburrido xa que non me gusta a parte de amor. 
O que máis me gustou da excursión foi que nos deixaran sos no centro comercial e puidesemos facer o que quixesemos e tamén sacar fotos na catedral, e o que menos me gustou foi que estando xa cansos aínda tivemos que visitar a catedral. Teríamos que ter ido antes e quedar máis no centro comercial. 
Lucía Sánchez 1º B

Gustoume Nata y chocolate invencibles porque foi moi entretido e lese rapido e tamén supera problemas que ten a xente actualmente. O que menos me gustou foi 111 poemas de amor: de todo corazón porque fíxose aburrido e todos eran iguais.
Da excursión gustoume que nos levarán ao centro comercial e ir á Catedral de Santiago de Compostela, non me gustou que non puidéramos entrar todos no obradoiro de regueifas no Museo do Pobo Galego. 
Rubí Pérez  1ºB 

O libro que máis me gustou foi Nata y chocolate invencibles porque foi moi entretido e o que menos
111 poemas de amor: de todo corazón porque a min non me gusta ler poesía. Da excursión o que máis me gustou foi visitar a catedral e o que menos o tempo que fixo.
Sara Fernández 1ºB 

Gustoume Nata y chocolate invencibles porque ensínache uns valores que poucos libros ensinana e é un libro para superarse, o que menos me gustou 111 poemas de amor: de todo corazón porque a poesía non é entretida. Da excursión gustoume o Museo do Pobo Galego porque o seu fundador é Antón Fraguas, tamén foi moi chulo ir ao centro comercial, pero as viaxes non me gustan e por iso non me gustou o traxecto. Sempre recomendo ler porque che ensina unhas grandes historia.
Lidia Boullosa 1ºB 

O libro que máis me gustou foi Nata y chocolate invencibles porque é o máis divertido e o que menos 111 poemas de amor porque era un libro moi aburrido. O que máis me gustou da excursión foi deixarnos libres polo centro comercial e o que menos o museo e o bus. 
Eloy González 2ºA 

Gustoume Nata y chocolate invencibles porque soluciona e conta a vida dos nenos. Non me gustou 
111 poemas de amor: de todo corazón porque era un pouco aburrido. Da excursión gustoume moito ir á catedral e ao centro comercial, pero sen dúbida, estar todos xuntos, o que menos que estivemos pouco tempo e que no obradoiro de regueifas quedase xente fóra. 
Coral Bargiela 2ºA 

Gustoume Palabras de Caramelo porque gústame a amizade que hai entre o neno e o camelo, non me gustou Nata y chocolate invencibles porque xa o lira. Da excursión gustoume ir ao centro comercial e non me gustou non poder entrar todos nas regueifas.
Manuel Romero 2ºA 

Gustoume Palabras de Caramelo porque é moi bonito e gustoume menos Nata y chocolate invencibles porque paréceume moi aburrido. Da excursión gustoume a visita ao Museo e o que menos facer as regueifas.
Carlos Martínez 2ºA

O libro que máis me gustou foi 111 poemas de amor: de todo corazón porque gústanme moito os poemas, e o que menos Palabras de Caramelo porque non me divertín moito. Da excursión gustoume visitar a Catedral e que nos deixasen tempo libre no centro comercial, o que menos me gustou foi o Museo porque case non explicaron nada.
Sofía Veiga 2ºA 

Nata y chocolate invencibles gustoume porque pareceume moi interesante e entretido, 111 poemas de amor: de todo corazón non me gustou porque non entendín moito os poemas. O que máis me gustou da excursión foi estar cos compañeiros e o que menos que non estivemos todos no obradoiro de regueifas.
Yolanda González 2ºA 

Gustoume Nata y chocolate invencibles porque nos relatan unha histoira dunha nena acosada e é moi bonito, non me gustou Palabras de Caramelo porque é unha historia bonita pero á vez moi aburrida.
Gustoume ir ao centro comercial e non me gustou non poder entrar no obradoiro de regueifas porque, según contáronme, estivo moi ben.
Antía Ubiña 2ºA 

Gustoume o libro Palabras de Caramelo porque hai un camelo, non me gustou  Nata y chocolate invencibles. Da excursión gustoume ir ao centro comercial e non me gustou visitar o museo.
Rubén Almeida 2ºB 

O libro que más me gustou foi Palabras de Caramelo , pareceume moi bonito e conta unha historia interesante. O que menos me gustou foi 111 poemas de amor: de todo corazón porque non entendín a maioría dos poemas. Da excursión gustoume estar na compaña dos amigos e visitar sitios interesantes de Santiago, non me gustou que non puidesen entrat todos ao obradoiro de regueifas.
Noelia Cabaleiro 2ºC 

Gustoume Nata y chocolate invencibles porque era bastante entretido, non me gustou 111 poemas de amor: de todo corazón porque pareceume un pouco aburrido. Da excursión gustoume estar cos compañeiros e non me gustou o museo porque era un pouco aburrido.
Candela Pérez 2ºC 

Gustoume Nata y chocolate invencibles porque pareceume moi interesante, non me gustou Palabras de Caramelo porque aburriume. Da excursión gustoume estar cos compañeiros e visitar a catedral, e tamén estar no centro comercial. Non me gustou non poder entrar no obradoiro de regueifas.
Uxía Blanco 2ºC 

O libro Nata y chocolate invencibles pareceume moi interesante pero Palabras de Caramelo non me gustou. Da excursión gustoume visitar a Catedral de Santiago e o que menos me gustou foi o obradoiro de regueifas.
Alba Otero 2ºC 

Gustoume Nata y chocolate invencibles porque trata dunha historia dura pero á vez moi bonita, resultoume aburrido Palabras de Caramelo. Na excursión gustoume ir ao centro comercial e non me gustou ter que quedar fóra das regueifas.
Laura Barreiro 2ºC 

Gustoume Nata y chocolate invencibles porque va sobre la superación e como se supera o acoso, o libro Palabras de Caramelo fixóseme moi pesado e aburrido. Da excursión gustoume todo e querería ter estado máis tempo no centro de Santiago.
Sabela Vázquez 2ºC 

Gustoume máis Nata y chocolate invencibles porque relata unha historia moi bonita e dura ao mesmo tempo. Non me gustou Palabras de Caramelo porque era un pouco aburrido. Da excursión gustoume que estivemos todos xuntos e ir ao centro comercial, non me gustou que non puidesemos entrar todos nas regueifas e non estar máis tempo na catedral.
Yara Burgo 2ºC 


Grupo de 3º e 4º da ESO 

O libro que máis me gustou foi 22 segundos porque era entretido e non me gustou Xa non estou aquí  porque non me enganchou ao leelo. O que máis me gustou da excursión foi o museo, ir á Catedral e ir ao centro comercial, non me gustou que foi pouco tempo. 
Denís Gándara 3ºA  

O libro que máis me gustou foi Pulsaciones porque me pareceu entretido e o que menos foi Xa non estou aquí porque foi moi triste. Da excursión gustoume o centro comercial e non me gustou que fose tan pouco tempo. 
Irene del Río 3ºA 

Gustoume 22 segundos porque trataba un tema moi interesante para debatir no club e non me gustou Xa non estou aquí porque era moi largo e non me gustaba o tema. Da excursión gustoume ir ao centro comercial, perder clase e facer as regueifas, non me gustou que se me inflamou un ollo polo polvo da catedral e tiven que ir ao hospital. 
Raúl Valencia 3ºA 

Gustoume Penúltimas tendencias porque é un libro moi expresivo, non me gustou Pulsaciones. Da excursión gustoume ir ao centro comercial e que o pasei moi ben, o malo é que durou pouco tempo. 
Leimy Tatiana Duarte 3ºB 

O libro que máis me gustou foi Pulsaciones porque a intriga mantívose ata o final, e o libro que menos me gustou foi Makinaria porque non o entendín ben. Da excursión o que máis me gustou foi ir ao Museo e penso que o peor foi o mal tempo.
Alba Sestelo 4ºA 

O libro que máis me gustou foi Xa non estou aquí porque me fixo sentir emocións fortes a cada momento, e de Pulsaciones non me gustou moito o final e non é o meu tipo de libro. Da excursion gustáronme o museo e a Catedral de Santiago, o peor foi o tempo xa que chovía moito.
Sabrina Sotelo 4ºA 

O libro que máis me gustou foi Penúltimas tendencias, el de poemas de chicas porque foi o que máis se identifica coas alumnas, o que menos me gustou foi Makinaria , o de poemas de chicos, pareceume moi machista. Da excursión gustoume estar todos xuntos e as regueifas, non me gustou o Museo, as charlas, etc.
Yashira Álvarez 4ºB 

Gustoume o libro 22 segundos  porque a historia que conta é moi bonita, non me gustou Makinaria porque sempre fala do mesmo tema (coches). Gustoume canto estivemos todos xuntos na Catedral de Santiago.
Ariadna Álvarez 4ºC 

Gustoume  22 segundos porque contaba unha historia moi interesante e trataba dun tema importante, o libro que menos me gustou foi Makinaria porque non me gustan moito os poemas e no libro soamente había poesía. Tamén gustoume que algúns dos libros que lemos serviron para a materia de lingua galega. Non fun á excursión. 
Carlos Romero 4ºC 

Gustoume o libro Xa non estou aquí porque o argumento engancha e servía para a lectura obrigatoria de galego, non me gustaron Makinaria  e Penúltimas tendencias porque eran libros de poesía e non me gusta tanto a poesía como a literatura. Da excursión o que máis me gustou foi facer as regueifas. 
Daniel Martínez 4ºC 





23 may 2019

Curso 2018-2019

5ª Sesión co Club de Lectura de 3º e 4º da ESO 

O día 13 de maio tivemos a 5ª sesión do Club de lectura de 3º e 4º da ESO. Tocaba traer lido os libros Makinaria e Penúltimas tendencias do autor Carlos Negro. Comentamos os poemas e falamos das presións que a sociedade impón a todos e todas os que non seguen as normas marcadas. 

A continuación pasamos a ver os vídeos de Internet “¿Cómo te suena?” realizado polo alumnado do Bachillerato de música, danza y artes escénicas xunto co alumnado do Ciclo Formativo Superior de Fotografía da Escuela de Arte José María Cruz Novillo. O visionado deste vídeo deunos pé para falar do que a cultura popular, neste caso no campo da música moderna, segue axudando a manter estereotipos de xénero. 


A continuación vimos o vídeo "El final del cuento de hadas” de El Chojin Ft Lydia, coa fin de profundizar nas causas e consecuencias do maltrato na parella e na violencia de xénero en xeral. 



 Despois, a petición de Lucía Núñez (4ºA) escoitamos a canción La Bella y la Bestia de Porta, que foi un bo final da sesión e deulles ideas para reflexionar sobre este tema. 

  
Para rematar recomendeilles ler o libro El diario Azul de Carlota coa fin de desmontar os tópicos do amor romántico e a posesión que a sociedade, a industria cinematrográfica, a música e a televisión nos impoñen, para así poder vivir relacións máis sanas e máis felices, libres de todas estas ataduras físicas e mentais.  








22 may 2019

Curso 2018-2019

5ª Sesión co Club de Lectura de 1º e 2º da ESO 


O día 6 de maio de 2019 realizouse a quinta sesión do Club de Lectura para o alumnado de 1º e 2º ESO. O libro que se traballou nesta ocasión foi o titulado De todo corazón, 111 poemas de amor, Selección de José María Plaza.  

              


      O alumado, durante a sesión, tivo que ler e declamar en voz alta unha pequeña selección de textos que logo foron comentados  e interpretados por todos. Procurouse que todos os asistentes lesen e aportasen a súa interpretación.

Resultou unha sesión moi agradable e amena na que os nenos e nenas aportaron moito.

3 may 2019

Curso 2018-2019

Excursión a Santiago de Compostela dos Clubs de lectura 

O día 23 de abril 36 dos membros dos dous Clubs de lectura fixemos unha excursión á cidade de Santiago de Compostela para visitar O Museo do Pobo Galego, xa que Antón Fraguas Fraguas, figura a que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, colaborou activamente na súa posta en marcha e no seu desenvolvemento.
Comezamos a excursión cunha visita ao Museo, onde participamos na actividade “Regueifas pola Igualdade”. Dúas monitoras recibíronnos cunha regueifa nas escaleiras do museo e despois guiáronnos á planta superior onde nos ensinaron como “fabricar” regueifas: “o ritmo, o tono, a rima, a duración dos versos, etc.” 
















Seguidamente o alumnado dividiuse en grupos e empezaron a producir regueifas tomando como base os cadros e as esculturas da sala e unha lista de palabras proporcionadas polas monitoras. Esta actividade foi moi divertida e aínda xurdiron regueifas moi “xeitosas” que grabamos en vídeo.


















Pero non pensedes que  todo saiu ben á primeira, algúns grupos necesitaron máis tempo de ensaio, alí van as tomas falsas.




Unha vez rematada a actividade fixemos un percorrido polo museo para admirar e comentar as obras de arte alí expostas.  rematar o percorrido, como xa eran as dúas da tarde e os rapaces e rapazas devecían por xantar, o autobús achegounos a un centro comercial onde puidemos xantar e descansar un rato.
Unha hora despois nos veu recoller e levounos á zona da Catedral. Alí percorrimos a Praza do Obradoiro para ver a fachada da Catedral e a do Hostal do Reis Católicos, seguidamente bordeamos a Catedral e fomos á Praza da Quintana onde está o acceso á Catedral. Entramos e vimos unha parte da Catedral xa que está en obras con andamios e cuberta na súa maior parte, por sorte puidemos abrazar ao Apóstolo e baixar á tumba, mágoa non ter visto o botafumeiro e algunhas das capelas por mor das obras de renovación. Aínda así a visita gustounos moito.







































Finalmente, arredor das 17.00 horas o autobús recolleunos para voltar a Salceda.
Foi unha excursión moi ben aproveitada. ¡Mágoa que rematase! Esperamos a do próximo curso.  

27 mar 2019

Curso 2018-2019

4ª sesión co Club de lectura 3º e 4º ESO 

 Finalmente a 4ª sesión con este grupo tivo lugar o día 25 de marzo, despois das avaliacións, carnavais e distintas actividades. Tocaba traer lido o libro Pulsaciones e pasamos a coméntalo, en xeral gústoulles e sorprendeulles o xeito en que está escrito o libro con longas conversas dentro dun servicio de mensaxería.
O libro deunos a base para falar dos accidentes de tráfico e o alumnado expresou os seus puntos de vista, algún máis precavidos e outros sen ninguna noción do perigo que supón a velocidade e o alcol ao volante. Para ilustrar estes efectos vimos os vídeos da última campaña da DGT co título: “En un accidente de tráfico: ¿Quén prefieres ser, el que vive o el que muere?”.



Tras ver os vídeos e deixarlles tempo para reflexionar, pasamos a presentar os seguintes libros para ler. Son Makinaria e Penúltimas tendencias do poeta  Carlos Negro. Expliqueilles que eran dos chamados “poemas urbanos” e que era aconsellable ler os dous libros xuntos para decatarse das imposicións que a sociedad elles pon tanto ás mozas como aos mozos. Terán que traelos lidos para a próxima sesión.  


                 

20 mar 2019

Curso 2018-2019


4ª Sesión do Club de lectura de 1º e 2º da ESO 


O día 11 de marzo de 2019 realizouse a cuarta sesión do Club de Lectura para 1º e 2º ESO. O libro que se traballou durante a mesma foi Contos por palabras de Agustín Fernández Paz. Durante a sesión comentáronse todos os relatos que forman esta obra e logo, a partires de anuncios por palabras de diferentes xornais, os alumnos e alumnas tiveron que elaborar un relato que posteriormente foi lido en público.Resultou unha sesión moi amena na que o alumnado participou activamente.

Propúxose tamén a seguinte lectura: una selección de poemas pertencentes ao libro De todo corazón 111 poemas de amor, de José María Plaza.



30 ene 2019

Curso 2018-2019

 3ª Sesión do Club de lectura de 3º e 4º da ESO 


A terceira reunión co club de lectura de 3º e 4º da ESO celebrouse o día 28 de xaneiro

Empezamos comentando o libro proposto na segunda sesion Xa non estou aqui de Iria Misa. Tras lembrar alguns detalles da historia, tivemos un pequeno debate sobre as drogas, o alcol, os accidentes de tráfico e moitos comportamentos estúpidos (como os erros da protagonista) que levan á morte prematura de moitos xovenes.

Despois passamos a presentar o seguinte libro Pulsaciones de Javier Ruescas e Francesc Miralles, que cadra moi ben tra-la lectura do anterior xa que así poderemos seguir falando de educación vial coa fin de previr accidentes. Terán que traelo lido para a próxima sesión a finais de febreiro.  








Curso 2018-2019


            3ª sesión co Club de Lectura de 1º e 2º ESO
                
O día 21 de xaneiro celebrouse a terceira sesión do Club de Lectura para o alumnado de 1º e 2º ESO.
            
Durante a sesión os participantes tiveron que demostrar, por medio da realización dun resumo, que tiñan lido o libro proposto Nata y chocolate invencibles de Alicia Borrás Sanjurjo. A maioría dos asistentes si o fixeron pero houbo algúns alumnos / as que non estar a cumprir coas normas do Club de Lectura e que ademais mostran un comportamento moi incorrecto polo que foron expulsados.

Ademais da realización do resumo tamén se animou aos participantes a profundizar nos aspectos máis relevantes do libro e analizar aos personaxes máis importantes.

A seguinte sesión realizarase aproximadamente dentro de un mes e o libro  que teñen que ter lido é Contos por palabras de Agustín Fernández Paz.


9 ene 2019

Curso 2018-2019


2ª sesión co grupo de 1º e 2º da ESO 


O luns 17 de decembro realizouse na Biblioteca do Centro a segunda sesión do Club de Lectura para 1º e 2º ESO.

En primeiro lugar pasouse lista ao alumnado asistente que foi algo inferior ao que participou na primeira sesión.

A continuación comentouse o libro titulado Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure e que os alumnos e alumnas tiñan lido. Todos e todas mostraron o seu agrado polo libro e, coma non lle deu tempo a ler o outro libro proposto, Nata y chocolate invencibles, de Alicia Borrás Sanjurjo, decidimos deixalo para a segunda avaliación.



Nesta segunda avaliación tamén Terán que ler Contos por palabras de Agustín Fernández Paz.