Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

23 may 2019

Curso 2018-2019

5ª Sesión co Club de Lectura de 3º e 4º da ESO 

O día 13 de maio tivemos a 5ª sesión do Club de lectura de 3º e 4º da ESO. Tocaba traer lido os libros Makinaria e Penúltimas tendencias do autor Carlos Negro. Comentamos os poemas e falamos das presións que a sociedade impón a todos e todas os que non seguen as normas marcadas. 

A continuación pasamos a ver os vídeos de Internet “¿Cómo te suena?” realizado polo alumnado do Bachillerato de música, danza y artes escénicas xunto co alumnado do Ciclo Formativo Superior de Fotografía da Escuela de Arte José María Cruz Novillo. O visionado deste vídeo deunos pé para falar do que a cultura popular, neste caso no campo da música moderna, segue axudando a manter estereotipos de xénero. 


A continuación vimos o vídeo "El final del cuento de hadas” de El Chojin Ft Lydia, coa fin de profundizar nas causas e consecuencias do maltrato na parella e na violencia de xénero en xeral. 



 Despois, a petición de Lucía Núñez (4ºA) escoitamos a canción La Bella y la Bestia de Porta, que foi un bo final da sesión e deulles ideas para reflexionar sobre este tema. 

  
Para rematar recomendeilles ler o libro El diario Azul de Carlota coa fin de desmontar os tópicos do amor romántico e a posesión que a sociedade, a industria cinematrográfica, a música e a televisión nos impoñen, para así poder vivir relacións máis sanas e máis felices, libres de todas estas ataduras físicas e mentais.  








22 may 2019

Curso 2018-2019

5ª Sesión co Club de Lectura de 1º e 2º da ESO 


O día 6 de maio de 2019 realizouse a quinta sesión do Club de Lectura para o alumnado de 1º e 2º ESO. O libro que se traballou nesta ocasión foi o titulado De todo corazón, 111 poemas de amor, Selección de José María Plaza.  

              


      O alumado, durante a sesión, tivo que ler e declamar en voz alta unha pequeña selección de textos que logo foron comentados  e interpretados por todos. Procurouse que todos os asistentes lesen e aportasen a súa interpretación.

Resultou unha sesión moi agradable e amena na que os nenos e nenas aportaron moito.

3 may 2019

Curso 2018-2019

Excursión a Santiago de Compostela dos Clubs de lectura 

O día 23 de abril 36 dos membros dos dous Clubs de lectura fixemos unha excursión á cidade de Santiago de Compostela para visitar O Museo do Pobo Galego, xa que Antón Fraguas Fraguas, figura a que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, colaborou activamente na súa posta en marcha e no seu desenvolvemento.
Comezamos a excursión cunha visita ao Museo, onde participamos na actividade “Regueifas pola Igualdade”. Dúas monitoras recibíronnos cunha regueifa nas escaleiras do museo e despois guiáronnos á planta superior onde nos ensinaron como “fabricar” regueifas: “o ritmo, o tono, a rima, a duración dos versos, etc.” 
















Seguidamente o alumnado dividiuse en grupos e empezaron a producir regueifas tomando como base os cadros e as esculturas da sala e unha lista de palabras proporcionadas polas monitoras. Esta actividade foi moi divertida e aínda xurdiron regueifas moi “xeitosas” que grabamos en vídeo.


















Pero non pensedes que  todo saiu ben á primeira, algúns grupos necesitaron máis tempo de ensaio, alí van as tomas falsas.




Unha vez rematada a actividade fixemos un percorrido polo museo para admirar e comentar as obras de arte alí expostas.  rematar o percorrido, como xa eran as dúas da tarde e os rapaces e rapazas devecían por xantar, o autobús achegounos a un centro comercial onde puidemos xantar e descansar un rato.
Unha hora despois nos veu recoller e levounos á zona da Catedral. Alí percorrimos a Praza do Obradoiro para ver a fachada da Catedral e a do Hostal do Reis Católicos, seguidamente bordeamos a Catedral e fomos á Praza da Quintana onde está o acceso á Catedral. Entramos e vimos unha parte da Catedral xa que está en obras con andamios e cuberta na súa maior parte, por sorte puidemos abrazar ao Apóstolo e baixar á tumba, mágoa non ter visto o botafumeiro e algunhas das capelas por mor das obras de renovación. Aínda así a visita gustounos moito.







































Finalmente, arredor das 17.00 horas o autobús recolleunos para voltar a Salceda.
Foi unha excursión moi ben aproveitada. ¡Mágoa que rematase! Esperamos a do próximo curso.