Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

21 nov 2019

Curso 2019-2020

1ª sesión do Club de lectura co grupo de 1º e 2º da ESO 

O luns 18 de novembro iniciou a súa andaina o Club de lectura de 1º e 2º de ESO. Comezamos a sesión ás tres da tarde. O lugar de encontro foi na biblioteca do centro. O grupo confórmano 28 rapazas e rapaces. 
    Ao comezo fíxose fincapé nos criterios que tiñamos que ter en conta para formar parte do club, especialmente en catro aspectos: “o gusto pola lectura, a mente aberta a novas lecturas, a capacidade de diálogo e unha actitude respectuosa para coa actividade e cos compañeiros e compañeiras”.
Despois disto deixouse no aire dúas preguntas, “Por que quero participar no club de lectura?” e “Que penso que me vai ofrecer?”, que serviron de puntos de reflexión.

A continuación se lles comunicou que o libro Poetízate de Fran Alonso sería o primeiro libro que leriamos. Libro que os sorprendeu por ser unha antoloxía poética en lingua galega e que fai un percorrido polo poesía galega dende Rosalía de Castro á actualidadeExplicóuselles que a elección do xénero lírico non obedecía ao azar, senón que viña determinado polo lema  Poéticas diversas na biblioteca escolar que  escollera a Consellería de Educación. 




















Neste punto fíxose unha pequena exposición didáctica das principais características do xénero lírico, para seguir,  dunha maneira máis lúdica,  reflexionando sobre a definición de poesía que fai Juan Marqués,  que di que a poesía é a “Memoria do mundo”. Tamén afirma “ A poesía , aínda que ninguén a lea, penetra nas conciencias e nas nacións e dá enérxicos empurróns á Historia, inventa e derruba deuses, funda e destrúe reximes políticos, declara guerras , move montañas…” E estas afirmacións unidas ao cartel que deseñou Nuria Díaz para ilustrar o lema, mostran moi ben que a poesía está en calquera lugar, ámbito, obxecto…

A seguir  transmitíuselle ao alumnado que nós tamén trataríamos de gozar da poesía a través de textos de diferentes autores e autoras, buscando a esencia no cómo e  no qué transmiten.
Finalmente, repartidos os libros de Poetízate, o alumnado elixiu e leu os textos que máis lle chamaron atención. Deste xeito puidemos gozar de textos clásicos como Deitado fronte ao mar… de Celso Emilio Ferreiro, ou poemas máis innovadores na forma e no contido como Marihuana de Manuel Rivas ou Cerámica de Lupe Gómez.




















12 nov 2019

Curso 2019-2020

1ª sesión co Grupo de 3º e 4º ESO 


O día 11 de novembro de 2019 xuntámonos por primeira vez os alumnos e alumnas anotados no Club de Lectura de 3º e 4º da ESO, o número de asistentes foi 25.

Para o alumnado de nova incorporación, empezamos explicando en que ía consistir o club de lectura e as normas a seguir, tamén falamos das datas das reunións (que serán unha vez ao mes dependendo das actividades e dos períodos de vacacións). Todos e todas comprometéronse a seguir e aceptar as normas do club, aínda que a algúns e algunhas houbo que lembrárllelas un par de veces máis.  

     A continuación presentamos o primeiro libro para ler este trimestre. Trátase de Os nenos da varíola de María Solar. Como introdución falamos brevemente da enfermidade da varíola na historia da humanidade, o descubrimento da vacina e a situación actual.   


    Para introducilos na época do libro, vimos uns fragmentos da película 22 almas, que tamén se centra na historia de Isabel Zendal e dos 22 orfos do hospicio de A Coruña que levaron a vacina a América coa fin de familiarizalos coa forma de vivir de aqueles tempos en contraste coa situación actual. Ao rematar quedaron en ler a novela para a próxima sesión en decembro.