4ª sesion co Club de lectura de 1º e 2º da ESO
Nesta
ocasión era o libro Tonecho de
Rebordechao o elixido. Comezamos a sesión cunha presentación. A través de
diferentes diapositivas o alumnado ía analizando distintos aspectos da obra. O
narrador, os personaxes principais, os espazos nos que se desenvolve a acción e
os principais temas. Despois das intervencións do alumnado, lemos diferentes
pasaxes do libro.
Na
segunda parte da sesión mostreilles o libro que terían que ler para a seguinte
xuntanza. Trátase do libro August y
yo de R. J. Palacio. Un libro que nos sitúa en USA, nun contexto urbano , con personaxes
preadolescentes e voces de varios
narradores.