Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

23 mar 2020

Curso 2019-2020

Tempos de cuarentena 


Ola a todos e todas,

Hoxe iamos ter a 4ª sesión do Club de lectura para os cursos de 3º e 4º da ESO antes de que os de 4º marchasedes de excursión a Valencia.

Como na última xuntanza algúns non lerades o libro proposto, hoxe tiña pensado poñervos este vídeo.


E despois de velo e comentalo, o seguinte libro para ler sería A Esmorga do autor galego Eduardo Blanco Amor.

Si, si, xa sei que non tedes acceso aos exemplares da biblioteca do IES, por iso vos animo a que, se non tedes un exemplar desta obra, busquedes en internet ou polas vosas casas libros que chamen a vosa atención e que leades un ou varios deles.

Unha vez que os teñades lidos, podedes mandarme unha mensaxe ou un video á conta de correo do club de lectura: siareirosdapalabra@gmail.com  comentando o libro que escollestes, que vos pareceu, se o recomendades ou non...

Así será unha manera de manter o contacto para cando poidamos reanudar o club, que será dentro de pouco, xa veredes!

Espero as vosas mensaxes. Boa cuarentena!



3 mar 2020

Curso 2019-2020


    3ª Sesión do Club de lectura co grupo de3º e 4º da ESO 

A terceira reunión co club de lectura de 3º e 4º da ESO celebrouse o 2 de marzo. Empezamos comentando o libro proposto na segunda sesión: Rimas y leyendas de Gustavo Adolfo Bécquer, libro que soamente a metade tiñan lido, razón pola que houbo que lembrarlles que o propósito dun Club de Lectura e a lectura e que se non cumpren as normas e as propostas do Club serán expulsados deste.  
Despois pasamos a presentar o seguinte libro Descoñecidos de David Lozano,  libro dunha temática moi actual: os perigos das relacións con descoñecidos por Internet, que nos permite falar dos perigos que existen na mala utilización das redes sociais. 




Terán que traelo lido para a próxima sesión. En principio o libro escollido ía ser Valkiria do mesmo autor, pero houbo que cambialo porque foi o libro de lectura obrigatoria de lingua castelá no trimestre anterior.

Para rematar vimos algúns vídeos da Las pantallas Amigas sobre a temática dos perigos nas redes sociais, para que se decaten de que o problema non son as redes en si senón o mal uso que se fai delas.     

https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=video&cd=9&cad=rja&uact=8&ved=0ahUKEwiWisGIhf7nAhUwyYUKHTNYCaAQtwIIVTAI&url=https%3A%2F%2Fwww.pantallasamigas.net%2Fpantallasamigas-presenta-una-guia-sobre%2F&usg=AOvVaw17RVHOxOdqWIYj4tAmzGhV

Despois vimos o vídeo titulado "Miles de adultos se hacen pasar por niños para acosar a otros".

https://www.facebook.com/150278245637419/videos/749255605509921/







2 mar 2020

Tamen Len 100




O xoves 13 de febreiro de 2020, no salón de actos do instituto, e ante máis de 200 alumnos/as tivo lugar a sesión número 100 da actividade denominada “Tamén Len”.

Esta actividade iniciábase un 7 de febreiro de 2007, e ao longo destes trece anos levan pasados unha chea de invitados e invitadas a lernos algún fragmento literario durante un recreo ao mes. O listado completo de invitados/as e lecturas ao longo destas cen edicións podedes consultalo no seguinte documento.



Nesta sesión especial contamos cos seguintes invitados/as:
-Yolanda Rodríguez, enxeñeira.
- Paco González, mestre-.
-Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda.
-Fran Ojosnegros, sacerdote.
 -Vanesa Viñas, fisioterapeuta.
-Lino Estévez, adestrador.


Por vez primeira o Tamén Len puido ser seguido en directo por internet grazas a colaboración do noso alumnado de Onda Raia que celebraban o “Día da Radio”.

Podedes ver o acto no seguinte enlace: TAMÉN LEN 100 

Podedes ler o especial do Faro de Vigo no seguinte enlace: Faro da Escola.

Ademais dos invitados fomos recibindo ao longo de todo o mes unha serie de vídeos de escritores, músicos, actores e ex-profesores que nos enviaron os seus parabéns polo centenario. A continuación deixámosvos algúns deles: