Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

12 dic 2019

Curso 2019-2020

2ª sesión coa 1ª metade e a 2ª metade do grupo de 1º e 2º da ESO 


A segunda sesión do Club de Lectura celebrouse o día 9 de decembro de tres a catro e dez, pero esta segunda xuntanza fíxose só con doce  alumnos e alumnas de 1º de ESO e o día 16 de decembro, tamén de tres a catro e dez, para alumnado de 2º de ESO ( sete alumnas e 1 alumno). Para os dous grupos  sesión estivo dividida en dúas partes:

Como estableceramos na primeira sesión, cada membro do club, despois da lectura do libro, tiña que facer unha preselección de dez poemas e deses escoller dous  que traerían  marcados  no libro ou escritos nun folio. 
A primeira parte da actividade estivo centrada na lectura deses poemas seleccionados.  O alumnado despois de dicir o nome do autor ou autora e título do libro no que se atopaba, ía lendo de forma  voluntaria os seus poemas,  despois da lectura faciamos unha reflexión sobre o contido dos  textos ou algún comentario oportuno sobre o ou a poeta. 

A segunda parte da sesión comezou cunha presentación en power point de aspectos relevantes do  segundo libro proposto, Mande su hijo a Marte de Fernando Lalana,  neste caso en castelán. Nesa presentación, formada por cinco diapositivas, o alumnado recibiu información  do título, autor, xénero, subxénero,  argumento, personaxes principais e valores que transmite o libro. Ademais tiveron a oportunidade de tocar o libro e ler as oito primeiras páxinas nas que o alumnado  viaxou ata o século XXIII e coñeceu a protagonista da nova aventura lectora,  creando nos e nas participantes grandes expectativas.





Foron unhas sesións enriquecedoras nas que todos gozamos coa lectura de poesía e narrativa.