Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

23 mar 2020

Curso 2019-2020

Tempos de cuarentena 


Ola a todos e todas,

Hoxe iamos ter a 4ª sesión do Club de lectura para os cursos de 3º e 4º da ESO antes de que os de 4º marchasedes de excursión a Valencia.

Como na última xuntanza algúns non lerades o libro proposto, hoxe tiña pensado poñervos este vídeo.


E despois de velo e comentalo, o seguinte libro para ler sería A Esmorga do autor galego Eduardo Blanco Amor.

Si, si, xa sei que non tedes acceso aos exemplares da biblioteca do IES, por iso vos animo a que, se non tedes un exemplar desta obra, busquedes en internet ou polas vosas casas libros que chamen a vosa atención e que leades un ou varios deles.

Unha vez que os teñades lidos, podedes mandarme unha mensaxe ou un video á conta de correo do club de lectura: siareirosdapalabra@gmail.com  comentando o libro que escollestes, que vos pareceu, se o recomendades ou non...

Así será unha manera de manter o contacto para cando poidamos reanudar o club, que será dentro de pouco, xa veredes!

Espero as vosas mensaxes. Boa cuarentena!



No hay comentarios: