Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

26 ene 2018

2017-2018


                       Sesión do 18 de decembro de 2017

     Nesta 3ª sesión co grupo de 1º e 2º da ESO, comentamos os temas tratados na segunda metade do libro, aínda que algúns non tiveron tempo de lelo (tempada de exames?).

    Para que ninguén quedase atrás lemos algúns fragmentos desta parte, os que non pareceron máis interesantes, isto é, o capítulo 10 "Unha estatua mareada" no que se nos conta como lles foi a representación da obra no colexio e o capítulo 13 "O gran partido" na que nos enteramos de como os protagonistas xogaron o partido de fútbol mixto co seu equipo chamado, adiviñades?, “Mona Lisa”.   

    Despois de comentar o final do libro e escoitar as opinións sobre el, a máis común é que lles resultou moi entretido, pasamos ao seguinte libro que iamos ler: A orquestra terrestre de Harkaitz Cano, que nos servirá para falar do mundo da música.



      Limos en alto o primeiro capítulo do libro e quedamos en que lerían esta obra para a próxima reunión, xa despois das vacación de Nadal. 

2017-2018

SESIÓN DO 4 DE DECEMBRO DE 2017
           
Nesta segunda sesión do grupo de 3º e 4º da ESO tocaba traer lido o O armiño dorme e falar sobre el.

           
A conversa encheuse primeiro cos Médicis (Cósimo) e con Leonor de Toledo. Vimos os cadros de Bronzino:



Agnolo_Bronzino_-_Cosimo_I_de'_Medici_in_armour_-_Google_Art_Project
Agnolo_Bronzino_-_Eleonora_of_Toledo_-_Google_Art_Project

Seguimos co visionado dun fragmento da serie Medici Godfathers of the Renaisance:        



Por suposto presentamos a Bia de Medicis:



Angelo_Bronzino_-_Bia,_The_Illegitimate_Daughter_of_Cosimo_I_de'_Medici_-_WGA3244


Mateo, Carlos, Hugo, Pablo e David diante da proxección co cadro de Bia de Médicis

A análise do cadro Xove cabaleiro nunha paisaxe, de Carpaccio, acompañouse da lectura das páxinas correspondentes do libro, nas que o pintor Bronzino fala con Bia mentras fai o seu retrato:


CARPACCIO, Vittore_Joven caballero en un paisaje_82 (1935.3)
Museo Thyssen Bornemisza


E non podía faltar A dama do armiño, de Leonardo, a quen Bronzino non se atreve a imitar:



Rematamos, en fin, en Siena, coas carreiras do Palio: 


               
Adiviñade o porqué.

2017-2018


                                 Sesión do 27 de novembro de 2017

     Coma o lema da Biblioteca é: “Territorio das artes , nesta segunda sesión co grupo de 1º e 2ª da ESO, centrámonos nas distintas actividades artísticas que se mencionan na primeira metade do libro O enigma de Mona Lisa.

    En primeiro lugar falamos do teatro e algúns contaron as súas experiencias neste campo xa que ou ben forman parte este ano do grupo de teatro do IES ou ben actuaran o curso pasado.

    A continuación pasamos a falar do cadro de Mona Lisa, actualizando os datos que sabíamos sobre el: que está no Louvre, que é un cadro pequeno, que sempre hai moita xente parada diante para velo, que a luz que despide é distinta aos outros cadros...



    Despois comentamos o capítulo 7 do libro, onde se propoñen as actividades especiais para a primavera: "Olimpiadas de xadrez, atletismo e fútbol mixto". Fixemos un debate, levando estas 3 propostas ao noso IES.

   O tema das olimpiadas de xadrez parecíalles ben xa que este ano existe a materia de xadrez en Libre Configuración e con moitos alumnos e alumnas aos que lles gusta xogar nos recreos.

   En canto ao atletismo tamén tivo bastantes defensores e ao chegar ao tema do fútbol mixto tod@s decidimos que no noso IES non existen problemas para xogar xuntos rapazas e rapaces, o que resulta un bo punto de partida para conseguir a igualdade.

   Para rematar esta sesión empezamos a ler en alto o capítulo 8 do libro e quedaron en ler a segunda metade do libro para a vindeira sesión.      

23 ene 2018

Curso 2017-2018

                           Sesión do 13 de novembro de 2017
   
Nesta data xuntámonos por primeira vez os alumnos e alumnas anotados no club de lectura de 1º e 2º da ESO, o número de asistentes foi 25.  

   Como para moitos deles este é o seu primeiro ano no IES, empezamos explicando en que ía consistir o club de lectura e seguidamente falamos das datas das reunións (que serán cada 2 ou 3 semanas dependendo das actividades e dos períodos de vacacións). Para rematar a introducción, deilles unha folla coas normas do club, que fomos lendo en alto por turnos. Tras esta lectura todos e todas comprometéronse a seguir e aceptar ditas normas.  


     A continuación falamos das lecturas que fixeron no verán e fixéronse algunhas recomendacións e seguidamente presentamos o primeiro libro para ler este trimestre. Trátase de O enigma de Mona Lisa  de María Noel Toledo, que recibiu o Premio Onetti Infantil no 2014. 



   Aínda que este libro estaba programado para o 2º trimestre, pareceume axeitado incluilo neste comenzo de curso xa que o tema dos equipos mixtos de fútbol estaba a ser moi debatido nas tutorías e nas horas de Educación Física.

    Xa para rematar lemos en alto e por turnos o primeiro capítulo do libro e quedaron en ler a metade da obra (ata o capítulo 7) para a próxima sesión. 

16 ene 2018

Comenzo do curso 2017-2018

SESIÓN DO 6 DE NOVEMBRO DE 2017

            Case pleno de asistencia dos alumnos anotados no club de lectura de 3º e 4º de ESO (arredor de 20) na primeira sesión parece un bo signo, sobre todo cando, máis alá do nome, descoñecen totalmente o contido e os ingredientes do que se vai cociñar aquí. Parabéns, pois, para elas,  e para eles, por destemidas/os.
            E a verdade é que todo foi rodado.
            Antes de entrar en materia houbo que poñerse formais e acoutar maneiras de estar, compromisos, procedementos e aspiracións, pois un contexto de acougo, de concentración distendida, de suavidade e respecto no trato fan máis doada a palabra libre  e fluída, razoada, tal vez creadora, que se agarda da actividade que agora iniciamos.
            Presentamos a continuación os libros elixidos. Obedecen ao criterio común de achegarnos ás artes (“territorio das artes”, lema das bibliotecas). Nada de sistematizacións; un pouco ao chou, pero con calidade.

            Comezaremos por O armiño dorme, novela extraordinaria de X.A. Neira Cruz, que nos permitirá meternos na Florencia do século XVI da man da súa protagonista, Bianca de Médicis. 



Seguiremos cun pintor barroco, Diego Velázquez. Para achegarnos a el escollemos o libro Cinco contos sobre Velázquez, da editorial Oxford, con cinco autores, entre os que volve toparse Neira Cruz


      Pasaremos despois a Goya. Para iso leremos o libro de Vicente Muñoz Puelles titulado El vuelo de la razón (Goya, pintor de la libertad).     


Remataremos con Van Gogh e o libro O pintor do sombreiro de malvas, do escritor Marcos Calveiro.



         Temos algúns outros libros en reserva. A súa lectura dependerá do ritmo que sexamos capaces de imprimir nas sesións.

            Ademais iremos vendo documentais e algunha película que axuden a comprender mellor tanto os textos como os pintores.

            Para rematar a sesión fixemos unha lectura colectiva da introdución de O armiño…