Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

16 feb 2018

Curso 2017-2018





                              Sesión do 22 de xaneiro de 2018

         Comezamos a 4ª sesión co grupo de 1º e 2º da ESO. Hoxe tocaba comentar o libro A orquestra terrestre. En primeiro lugar destacar que por ter as vacacións de Nadal entre unha e outra sesión, a todos e todas deulles tempo a ler o libro completo. Comentamos os capítulos máis divertidos, reflexionamos sobre as ensinanzas sobre a música que nos transmitiu o libro e representamos lendo en voz alta algúns dos diálogos máis graciosos. 



      Cando rematamos esta actividade presentamos as seguintes lecturas que serán os libros que constitúen a “continuación” ou “complemento” ao libro de Wonder, la lección de August





      Empezaremos lendo a historia El juego de Christopher, que nos servirá para traballar valores como a verdadera amizade, e tamén para seguir profundizando na arte da música, xa que o protagonista da historia toca o trombón na orquestra da súa escola.





Curso 2017-2018


SESIÓN DO CLUB DE LECTURA
15 DE XANEIRO DE 2018
3º/4º ESO


               Tocaba CINCO CONTOS SOBRE VELÁZQUEZ


    Antes, unha pequena conversa sobre o pintor e os cadros famosos. Sobradamente coñecido todo.
        Houbo, sen embargo, un momento de desconcerto cando, profundando na biografía e na etapa de formación, descubrimos como o pintor se formou artesanalmente no taller doutro pintor, o sevillano Francisco Pacheco, dende os once anos. Choca a descrición xenérica dunha aprendizaxe dende o básico fronte á imaxe romántica dos artistas. 

     Como o libro era novo, pasamos á lectura colectiva do primeiro conto (Eliacer Cansino, As mans transparentes) e a certa análise do cadro que o inspira: 
      O AUGADOR DE SEVILLA


“20 de abril
(No Prado, despois de tres días de espera mirando os seus cadros, oio por fin a voz de Velázquez)
Pregúntasme como debes pintar:
Toma unha copa de auga e píntaa cen veces, duascentas, como fixen eu algunha vez. Algún día poderás beber dela e cando bebas desa copa verás con transparencia.
Cando vexas con transparencia non quererás pintar. Aínda así seguirás, coma min, intentando ser fiel a unha devoción xa antiga, un ano, dous anos, dez…

Un día sorprenderaste lembrando que pintabas, que eras pintor e buscabas a transparencia. Ese día xa estás na transparencia e daquela a pintura parecerache unha lembranza feliz da infancia.”