Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

11 feb 2020

Curso 2019-2020

3ª sesión co grupo de 1º e 2º da ESO 


O Club de Lectura volveuse a reunir. A primeira xuntanza desta segunda avaliación celebrouse o 3 de febrero para  o alumnado de 1º de ESO e para segundo o día 10. Para o dous cursos a xornada estivo dividida en dúas partes:

A primeira, á que lle dedicamos máis tempo, centrouse en comentar aspectos do libro Mande a su hijo a Marte de Fernando Lalana, que propuxeramos na última sesión. Recordamos o subxénero da novela, ciencia-ficción, aspectos da personaxe principal, do espazo onde se desenvolve a acción e cuestións sobre os temas que aparecen; logo estivemos lendo diferentes pasaxes do libro.

A segunda parte da sesión, dedicámola a falar da próxima lectura. Nesta ocasión será un libro en galego Tonecho de Rebordechao de Breogán Riveiro. Continuamos co xénero narrativo, pero nesta ocasión é unha novela realista que se desenvolve nun espazo rural e protagonizada por un neno. O alumnado atopará nesta obra non só diversión senón descricións de espazos naturais, actividades agrarias, relacións persoais e crenzas que nos farán viaxar a unha Galicia que segue viva.