Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

28 nov 2018

Curso 2018-2019

1ª sesión do Club de lectura 1º e 2º da ESO


O luns 19 de novembro realizouse na Biblioteca do Centro a primeira sesión do Club de Lectura deste curso para o alumnado de 1º e 2º ESO.

Despois de pasar lista a todos os asistentes, léronse e comentáronse as normas para formar parte deste Club. A continuación o alumnado foi informado dos dous títulos propostos para esta avaliación: en galego: Palabras de caramelo de Gonzalo Moure , libro do que se leron en voz alta unhas páxinas durante esta primeira sesión. 




E en segundo lugar Nata e chocolate invencibles de Alicia Borrás Sanjurjo en castelán.


            
A próxima sesión terá lugar o luns 17 de decembro.

15 nov 2018

Curso 2018-2019


1ª Sesión do Club de lectura de 3º e 4º da ESO 

    

 O día 12 de novembro xuntámonos por primeira vez os alumnos e alumnas anotados no Club de Lectura de 3º e 4º da ESO, o número de asistentes foi  17  

   Empezamos explicando en que ía consistir o club de lectura, falamos das datas das reunións (que serán unha vez ao mes dependendo das actividades e dos períodos de vacacións)  Todos e todas comprometéronse a seguir e aceptar as normas do club.  

     A continuación presentamos o primeiro libro para ler este trimestre. Trátase de 22 segundos  de Eva Mejuto, un libro doado de ler que nos narra a transexualidade de Alex, que naceu con corpo de nena, e o seu tránsito ata o momento que sube a Internet un vídeo explicando que a partir de agora xa non é “Xela” senón “Alex”. O título do libro fai referencia ao tempo que tarda o vídeo en cargarse na rede.



     Aínda que este libro estaba programado para o 2º trimestre, pareceunos axeitado incluilo neste comenzo de curso xa que cuadra moi ben co tema do 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, para poder falar da discriminacion, da falta de respeto, do odio a todo o que é diferente, etc.
    Xa para rematar lemos en alto e por turnos o primeiro e o segundo capítulo do libro e quedaron en ler a novela para a próxima sesión en decembro.